viernes, 26 de junio de 2020

BANCO DE LIBROS "ENTRE FAMILIAS"


AMPA IES LUIS BUÑUEL. – IES Luis Buñuel de Zaragoza


INFORMACIÓN XERAL DO BANCO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

O banco de libros "Entre familias" é un fondo voluntario, para persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de libros da Xunta de Galicia. O banco realízase de 3º a 6º de primaria (xa que son os cursos onde xa non se escribe nos libros). NON ENTRAN OS LIBROS DE EXERCICIOS (por. ex. en inglés sempre hai un libro de texto e outro de exercicios só entra o de texto).

Para o curso 2020-2021, debido o cambio de libros nos cursos 3º e 5º de Educación Primaria, o banco só se realizará para os cursos 4º e 6º.

FUNCIONAMENTO DO BANCO DE LIBROS

Como cada ano o profesorado recolleu en xuño os libros do banco, se por calquera motivo non puideches facelo ou queredes doalos mais adiante. Escribídenos un mail a anpaesanjurjo@gmail.com e acordaremos a entrega da doazón, posiblemente para o 1 de setembro.

As familias que queren recibir libros. Poden facer a petición no formulario online ata o 10 de xullo ás 14h.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScFWT4OhqUZ9iSAccCcrfPj9XJlEINV84FRctTN5yC6OqdU_A/viewform?usp=sf_link

Enviaremos un mail confirmando o lote asignado de libros no mes de xullo. O reparto será previsiblemente o 7 setembro.

Mandarémosvos un mail confirmando a data e forma de entrega.

CRITERIOS DE ENTREGA

No caso de rexistrarse máis solicitudes* do número de exemplares dos que se dispón empregaremos os seguintes criterios:

· Terán prioridade no reparto aquelas familias que doasen libros ao banco


· Rigorosa orde de recepción dos cuestionarios on line


*Desde este fondo non é posible garantir que se poidan recibir o mesmo número de libros que se doan.


NORMAS DE USO DO BANCO DE LIBROS


Os libros de texto correspondentes ao proxecto do Banco de Libros “Entre familias” é unha iniciativa voluntaria. As familias reciben os libros como préstamo e devólvenos ao final de curso. Cada libro conta cunha pegatina e un selo da ANPA para identificalos.

Para o USO CORRECTO dos libros deben terse en conta as seguintes NORMAS:

· Débense FORRAR OS LIBROS para preservar a súa conservación.
· O nome d@ alumn@ porase enriba do forro, cun folio e celo por riba. PROHÍBESE O USO DE ETIQUETAS, dado que son imposibles de quitar de un ano para outro.  Nunca se escribirá o nome dentro do libro.
· Os libros non se poden escribir nin subliñar, nin facer ningún tipo de debuxo ou  escrito neles(importante concienciar @s nen@s).

Considérase mal uso ou deterioración do libro de texto:

1. Realizar exercicios nas propostas de actividades, os exercicios fanse nas libretas.
2. Escribir palabras e mensaxes en calquera formato.
3. Facer debuxos ou pór adhesivos.
4. Dobrar as follas para marcar os temas.
5. Ensuciar as páxinas con calquera produto. Evitar merendar ou comer diante dos libros.
6. Romper, engurrar ou mollar calquera folla do libro.

En caso de deterioro moi grave ou perda dalgún libro, este deberá ser reposto pola familia.

En caso contrario, a negativa suporá renunciar a participar no proxecto de banco de libros para o curso seguinte.