lunes, 28 de octubre de 2019

CONCURSO FOTOGRÁFICO CON LENTE VIOLETA

Comezamos a programación do "Sanjurjo con lentes violeta" co concurso fotográfico "con lente violeta.


OBXECTO.
Difundir unha mensaxe igualitaria a través da fotografía, fomentando e visibilizando a igualdade de forma orixinal e creativa, favorecendo deste modo a reflexión sobre os valores igualitarios.

OBXECTIVO XERAL.
Sensibilizar sobre a importancia de traballar por unha sociedade máis igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes e estimular a creatividade das persoas participantes.

PARTICIPANTES.
Poderán participar alumnado, profesorado e familias, individualmente ou en grupos pertencentes ao centro CEIP Sanjurjo de Carricarte de A Coruña.

TEMÁTICA E FORMATO.
O material fotográfico debe ser orixinal e inédito, visibilizar aspectos igualitarios da nosa sociedade, recollendo imaxes non  sexistas, corresponsables, conciliadoras, de bo trato.
Pódese participar cun máximo de dúas fotografías.
Todas as imaxes deben vir identificadas cun título.

Podedes consultar as bases completas do concurso neste enlace

Animádevos a participar!



miércoles, 23 de octubre de 2019

Programa sociocultural carricARTE



Presentámosvos o programa carricARTE, un proxecto de actividades, subvencionado pola Deputación de A Coruña. Actividades como os roteiros en familia, a caravana de xogos da festa de fin de curso, o mural participatio ou a actuación de Pakolas do próximo venres desenvolvense dentro deste programa creado pola ANPA e subvencionado pola Deputación da Coruña co obxectivo de apoiar ao desenvolvemento de proxectos culturais, dirixidos á mellora do rendemento e das competencias educativas en colaboración co entorno socioeducativo do noso centro, consta de actividades que desenvolven coñecementos, linguaxe, costumes, valores, crenzas etc. que aprenden a través da experiencia social.

martes, 22 de octubre de 2019

Festa de Samain nos CC Monte Alto e Cidade Vella





INVITACIÓN A ESCOLA DE FAMILIAS DA ANPA FARO (CEIP VICTOR LÓPEZ SEOANE)

Dende a ANPA Faro, do CEIP Victor López Seoane, queremos invitarvos  a participar da ESCOLA DE FAMILIAS; Fomentando a coeducación e o bo trato como claves para unha vida sen violencia, que levaremos a cabo no noso centro durante os meses de outubro e novembro.
Como Asociación de Nais e Pais queremos achegar as familias recursos relacionados coa educación dos nosos nenos e nenas, a través de obradoiros que  tiveran como temática a coeducación e a igualdade entre homes e mulleres.
Así, queremos convidarvos ao 1º obradoiro que terá lugar o venres día 25 de outubro de 16.00 a 18:00 horas na biblioteca do colexio.
Este obradoiro, Coeducando no xogo e no tempo libre está  pensado para favorecer o debate e a reflexión sobre a perpetuación dos roles e estereotipos de xénero no lúdi­co, e a importancia de que o xogo e os xoguetes sexan libres de marcas de xénero, favorecendo espazos coeducativos e divertidos.
Para facilitar a asistencia das familias, temos contratado servizo de ludoteca, deixamos este enlace para que vos inscribades ( é necesario facelo para facer uso da mesma), tedes ata o próximo mércores día 23 de outubro para inscribirvos e facer uso do servizo.
Este é o enlace onde podedes anotarvos:

O venres día 8 de novembro de 16.00 a 18:00 horas tamén na biblioteca do colexio,  teremos o segundo  obradoiro titulado Novas Masculinidades. Neste obradoiro abordarase a influencia do xénero nas relacións de todo tipo e no desenvolve­mento persoal, facendo especial fincapé no achegamento ás novas masculinidades.
Dúas semanas antes abriremos tamén o enlace para o servizo de ludoteca, para facilitar a asistencia as familias.



O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS

Presentámosvos o programa "O Sanjurjo con Lentes Violetas" un programa creado pola ANPA e subvencionado pola Conselleria de Igualdade co que desenvolveremos unha serie de accións
destinadas ao alumnado e familias do centro, así como a aquelas familias alleas ao centro con interese en participar, co obxecto de promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas. Dando continuidade ao proxecto de centro MULLERES desenvolto polo profesorado no curso escolar 2018-2019.

Obxectivos do programa:

· Desenvolver accións de sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero,
traballando a prevención, a identificación e informando sobre os recursos e pautas de actuación

· Educar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de xeito real.

· Informar sobre as causas e consecuencias da violencia de xénero na nosa sociedade.

·  Transmitir valores universais, respecto, tolerancia, diversidade, convivencia etc.

· Educar as emocións para o recoñecemento, a prevención e intervención en materia de
violencia de xénero.

·  Fomentar relacións baseadas na empatía e o diálogo, a negociación, cooperación e
resolución de conflitos de xeito construtivo, capacidade de iniciativa e pensamento
crítico.

· Fomentar relacións equilibradas, solidarias e construtivas.

· Fomentar a construción dunha identidade libre de estereotipos promovendo adquirir os
recursos necesarios para fomentar relacións saudables e igualitarias.

· Conmemorar cada 25 de novembro “Día contra a violencia de xénero”.

· Fomentar a participación das familias do CEIP, implicándoas na educación non sexista.

· Mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de ferramentas e
reponsabilidade social ao alumnado e ás familias.

ANIMÁMOSVOS A TODOS/AS A PARTICIPAR!

Podedes consultar o programa completo de actividades neste enlace





jueves, 17 de octubre de 2019

REUNION DE JARDANAY COAS FAMILIAS

REUNION DE JARDANAY COAS FAMILIAS
MÉRCORES 23 DE OUTUBRO ÁS 16:30
Para informar de como traballan, dos seus provedores, formas de elaboración etc... por suposto tamén resolverán todas as vosas dúbidas e escoitarán e tomarán nota das vosas suxerencias.

RECORTES NA ATENCIÓN ESPECIALIZADA NO CENTRO

Como sabedes neste curso escolar produciuse a redución da persoa de AL no noso centro. Esta circunstancia non é puntual senon que noutros centros da Coruña e arredores a situación é similar e a redución de persoal especialista de atención á diversidade é unha constante dende hai algúns anos. Un grupo de nais e pais, Anpas, Federacións de Anpas e outros colectivos reuníronse nunha plataforma que denominaron DEREITOS NON PARCHES. Dende aquí organizáronse determinadas actuacións como a concentración da pasada semana diante do edificio administrativo de Monelos. Dende a Anpa do Sanjurjo seguimos as iniciativas e apoiamos as reinvindicacións propostas porque consideramos que é de interese, en primeiro lugar, para o noso centro dada a circunstancia de recorte deste curso escolar, pero ademáis porque pensamos que é unha lexítima reivindicación impedir que o aforro de recursos repercuta de novo nos nosos fillos e fillas.

A día de hoxe estase intentando recopilar información veraz e actual sobre a situación concreta dos centros para poder elevar as consultas e peticións as instancias superiores competentes na toma de decisións.

Pola nosa parte apoiamos dende o Consello Escolar o envío á Inspección Educativa dun escrito solicitando a volta atrás da decisión de eliminar a media xornada da persoa de AL que agora compartimos con outro centro.

deixámosvos os seguintes enlaces relacionados co tema

VOZ DE GALICIA
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/fene/2019/10/08/reducen-mitad-horas-docente-apoyo-alumnos-xunqueira/0003_201910F8C7998.htm?fbclid=IwAR25tXboTmFhVrd4OmBQBKCEXWSLBb2oQ_aKnJNFaWcPE0FUjIr39lhNjcg

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2019/10/09/un-centenar-de-padres-se-concentra-para-pedir-a-la-xunta-docentes-para-la-diversidad/00031570614139305375863.htm

SERMOS GALIZA
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/mais-duas-centenas-persoas-reclaman-xunta-adecuada-atencion-diversidade-nos-centros-escolares/20191009154643084990.html

ONDA 0, minuto 10
https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/coruna/mas-de-uno/mas-de-uno-a-coruna-09102019_201910095d9dd6830cf2dd86c57ab575.html

TELEXORNAL GALICIA, minuto 11
http://www.rtve.es/m/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20191009inf/5406119/

LA VANGUARDIA
https://www.lavanguardia.com/vida/20191009/47883719873/mas-de-200-personas-protestan-en-a-coruna-para-exigir-una-atencion-real-a-la-diversidad-en-los-colegios.html

LA OPINION CORUÑA
https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/10/10/familias-exigen-mejoras-atencion-especial/1442397.html

CIG ENSINO
https://www.cig-ensino.gal/nova/a-inspeccion-educativa-partidaria-de-retirar-dos-catalogos-de-persoal-dos-centros-de-infantil-e-primaria-as-especialidades-de-pt.html

EL PAIS
https://elpais.com/sociedad/2019/10/10/actualidad/1570727692_559177.html

TWITTER PLATAFORMA DEREITOS NON PARCHES
https://twitter.com/DParches

FACEBOOK PLATAFORMA DEREITOS NON PARCHES
https://www.facebook.com/Dereitos-Non-Parches-100983891327230/?modal=admin_todo_tour

sábado, 12 de octubre de 2019

Como darse de alta e de baixa nas actividades propias da ANPA

As altas e baixas das actividades propias da ANPA (debuxo, inglés, robótica, judo, esgrima, baile e pandeireta, percusión, Luces cámara e acción e teatro en familia) xestionaranse a través de formularios que só permanecerán abertos do día 10 ao día 20 do mes anterior á baixa/alta.

Unha vez finalizado ese prazo non recolleremos mais altas nin baixas ata o mes seguinte. Se tedes algunha dúbida ou necesitades axuda cos formularios atenderémosvos no correo do ANPA anpaesanjurjo@gmail.com ou de forma presencial no horario habitual no noso local.

Deixámosvos aquí as ligazóns aos formularios, tamén aparecerán de forma continua xunto os nosos datos de contacto na barra lateral do blogue e no taboleiro de información do cole

FORMULARIO ALTA ACTIVIDADES

FORMULARIO BAIXA ACTIVIDADES

deixamosvos o cadro definitivo de actividades para este curso 2019/2020
as marcadas en amarelo son as propias da ANPA as azuis e verdes don as da federacion de anpas
neste outro enlace tendes toda a información das actividades ofertadas dende a Federación de anpas

Recordade que para acceder as actividades e obrigatorio ser socio/a da ANPA
podedes darvos de alta neste enlace



XORNADAS O NOSO PATIO




Os próximos días 17,18,24 e 25 de Outubro de 16-19h nas xornadas de O Noso Patio a direción do centro promove levar a cabo en colaboración coa ANPA a realización das seguintes actividades:

Aqui tedes o proxecto presentacion xornadas ONP

Se queredes participar podedes anotarvos no taboeiro de anuncios que está situado na entrada ao cole, así podemos organizar materiais e grupos. Se alguén ten interese en liderar algún deles que se anote e nolo comunique e contaremos con esa persoa para a organización.

O día 25 temos prevista unha xornada festiva na que contaremos coa actuación de Pakolas. Lembrade, para ese día e coma sempre traer merenda saudable para compartir xuntos e xuntas.



Como os comentamos na asamblea xeral, algunhas destas actividades están subvencionadas:

A construción do mural guiada pola Cooperativa Plano Pementa que nos acompañará os días 17 e 18,e a actuación musical de Pakolas están no marco dun proxecto de actividades culturais baixo o título CarricARTE financiado pola Deputación de A Coruña, que esperamos que desfrutedes.

A Deputación de A Coruña financianos tamén material novo para a horta.

O material para o panel musical e a composteira está subvencionado polo Concello.

Esperámosvos para compartir estas xornadas, lembrade que podedes traer con vos a familiares ou amigos/as que lles apeteza participar.

viernes, 4 de octubre de 2019

NOVO CONTEDOR DE RECOLLIDA DE TAPONS


Xa podedes traer ao cole os tapóns de plástico para reciclar, axudaredes ao medio ambiente e colaboraredes cunha boa causa, o contedor esta situado na entrada do cole fronte a conserxería

jueves, 3 de octubre de 2019

PRECISAMOS OS TEUS VOTOS NOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS!! para a proposta de Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio



A nosa proposta de Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio conseguiu pasar a fase final, como o seu orzamento supera os 200.000€ pasárona ao apartado de toda a cidade. Agora mais que nunca precisamos os votos de todas as familias do centro e do barrio para conseguir solucionar un problema histórico, o prazo para votar é moi curto, só dende o 3 ao 9 de outubroPodedes votar nesta ligazón (e carta proposta co código 2202)
lembrade que hai que rexistrarse e hai que estar empadroado no Concello da Coruña para poder facelo. O proceso de rexistro pode ser un pouco lioso pero pedímosvos que fagades un esforzo polo ben común a ver se entre todos conseguímolo, se tedes algún problema á hora do rexistro no telefono 010 axudaranvos.
Animámosvos a compartir esta ligazón cos vosos amigos, familiares e coñecidos ENTRE TODOS PODEMOS CONSEGUILO! MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

A proposta do Espazo do Vixia que resultou ser a máis votada na primeira fase de apoios no noso distrito, quedou descartada, hai que expropiar terreos e seria un proceso moi longo para executar dentro dos orzamentos participativos, pero no concello pareceu unha moi boa proposta e van a valorala detidamente.



Lista predefinitiva de concesións de bolsas comedor curso 2019/2020


Podedes consultar aquí a listaxe predefinitiva das becas comedor 2019/20
Lembrade!! os usuarios que fosen beneficiarios da devandita bolsa e que están inscritos nas actividades xestionados pola Federación de Anpas (fútbol, patín, ximnasia rímica, ritmo, feito a man e baloncesto) , deben de comunicalo esta semana ao mail ocio@fedapascoruna.org