viernes, 21 de mayo de 2021

Convocadas as axudas para adquirir libros de texto e material escolar


Vén de publicarse no DOG a convocatoria de axudas para a compra de libros e material escolar para o vindeiro curso 2021/22. 


AXUDA Á COMPRA DE LIBROS

As persoas beneficiarias serán as alumnas e alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial. Estas axudas, coma en anos anteriores, estarán supeditadas á renda:

  • Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ en 1º e 2º EP: 210€
  • Renda per cápita superior a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000€ en 1º e 2º EP: 140€
  • Alumnas e alumnos de Educación Especial e discapacidade igual ou superior ao 65%: 275€ sen importar a Renda per cápita.


FONDO SOLIDARIO

O programa de préstamo de libros mantense este ano nos curso 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, para todos os libros de texto que se atopen dispoñibles no fondo solidario do centro. 

Garantías do Fondo Solidario:

  • Mínimo de 6 libros para as alumnas e alumnos con Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€
  • Mínimo de 4 libros para as alumnas e alumnos con Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€


CHEQUE MATERIAL ESCOLAR

Esta axuda económica está orientada ao pago de material escolar, roupa deportiva, dispositivos electrónicos que se vaian empregar no centro, calzado e mochila. As solicitudes tramitaranse nos centros escolares segundo se vaian recibindo e serán entregados os cheques só tras presentar a documentación requirida e comprobar o cumprimento dos requisitos: 

  • Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€: 50€


O prazo de solicitude é do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021. 

A solicitude pode realizarse de xeito telemático ou nos centros escolares. 

A convocatoria completa pode consultarse nesta ligazón

Campacoles verán 2021

 

Ábrese a convocatoria da edición 2021 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

O noso cole é este ano centro sede do Campacoles 2021, que conta con 2.250 para toda a cidade. 


PERSOAS DESTINATARIAS

Nenas e nenos matriculadas nalgún curso de Educación Infantil ou Primaria nos centros de ensino público da Coruña. 


QUENDAS

1ª Quenda: do 28 de xuño ao 02 de xullo

2ª Quenda: do 5 ao 9 de xullo

3ª Quenda: do 19 ao 23 de xullo

4ª Quenda: do 26 ao 30 de xullo

 

HORARIOS

Horario xeral: De luns a venres de 10h a 14h, con posibilidade de ampliación de horario no último día de cada quenda ata as 17h. 

Madrugadores: de 8h30 a 10h

Comedor: de 14h a 15h30, con posibilidade de saír ás 15h


INSCRICIÓN

As prazas asignaranse por orde de inscrición, tendo prioridade as alumnas e alumnos matriculadas nos centros sede, seguidas das matriculadas nos centros adscritos ao centro sede. 

Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio a través da web www.fedapascoruna.org/inscripciones 

Publicación de preadmitidas/os: 10 de xuño nas páxinas coruna.gal/campamentos2021 e www.fedapascoruna.org 

Inscrición: do 11 ao 15 de xuño

Lista de agarda: do 16 ao 21 de xuño


COTAS DE INSCRICIÓN

15€ para horario xeral

10€ para madrugadores sen almorzo

16€ para madrugadores con almorzo

22€ para comedor

As menores beneficiarias da bolsa comedor no curso 2020/21 estarán exentas da cota xeral (15€)


Toda a información dos CAMPACOLES está dispoñible neste documento descargable, nas páxinas web www.fedapascoruna.org e coruna.gal/campamentos2021, e nos teléfonos 981202002, 649055939, 698158503

martes, 4 de mayo de 2021

A comunidade escolar vólcase ca horta

 


A horta do #ONosoPatio está máis viva que nunca. Despois da posta a punto gracias á colaboración da Fundación Paideia e Trébore Xardinería (con rego automático e todo) a comunidade escolar ao completo (tanto pais e nais, como alumnado e profesorado) están volcados co proxecto.

As familias participaron varias tardes na preparación (sachando e quitando herbas) do terreo, e na creación dun plan de plantación. Tamén realizaron unha xornada de plantación, e acoden semanalmente a regar as xardineiras da entrada e da zona de infantil, que non teñen rego automático.

A mellor parte do proxecto é a implicación de 6 mestras do centro, que, coa axuda dalgunha familia, están levando ás súas aulas a ver de preto como se plantan as hortalizas que comemos. Ao longo destes meses que quedan de cursos poderán aprender como se coidan e ver como medran.


As familias estanse organizando a través dun grupo de whastapp, no que podedes entrar solicitándoo enviando un correo a anpaesanjurjo@gmail.com.