Amosando publicacións coa etiqueta federación de anpas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta federación de anpas. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de febreiro de 2026

A ANPA Monte Vixía apoia a mobilización pola escola pública

Dende a ANPA Monte Vixía queremos informar ás familias de que apoiamos a próxima mobilización convocada pola Federación de ANPAS en defensa dunha escola pública digna e de calidade para o sábado 28 de febreiro na Coruña.


📍 Lugar: A Coruña
📅 Data: Sábado, 28 de febreiro
🕚 Hora: 11:00 horas
➡️ Saída: Praza Ourense
🚶 Percorrido: ata o Paseo do Parrote


Sumámonos a esta mobilización porque a situación da escola pública non é nova. Leva anos acumulando carencias estruturais mentres as respostas das administracións chegan en forma de parches tardíos e claramente insuficientes.


Que está a pasar?

A realidade que viven moitos centros educativos é preocupante:

• Aulas masificadas con ratios excesivas

• Profesorado sobrecargado e sen recursos suficientes

• Falta de especialistas e de persoal de apoio e coidados

• Atención insuficiente ao alumnado con NEE e NEAE

• Instalacións avellentadas e, nalgúns casos, perigosas

• Problemas de limpeza e salubridade

• Graves carencias de accesibilidade nos centros

👉 No urbano e no rural. En todos lados.


Por que nos mobilizamos?

Porque:

• As ratios legais non garanten unha atención educativa adecuada nin unha inclusión real

• Os recursos humanos son insuficientes e inestables

• O alumnado con NEE e NEAE non recibe os apoios necesarios

• O mantemento dos centros depende da urxencia, non da planificación

• Familias e profesorado están asumindo responsabilidades que corresponden ás administracións públicas


Estase a reclamar:

✔️ Planificación real e eficacia administrativa

✔️ Recursos humanos suficientes

✔️ Un orzamento digno e estable

✔️ Planificación a medio e longo prazo

✔️ Criterios claros, públicos e obxectivos de intervención

📢 Animamos ás familias a participar e facer visible esta reivindicación colectiva.

xoves, 1 de setembro de 2022

APERTURA DAS INSCRICIÓNS PARA O PROGRAMA COXEGAS

 O formulario do programa Cóxegas para o mes de setembro xa está aberto.

 

O prazo de inscrición é dende hoxe 31 de agosto ata o domingo 4 de setembro (incluído)

 

Web para a inscrición en www.fedapascoruna.org/inscripciones

 

Cota do programa: 15€ por participante. Ademáis todos os escolares deberán abonar 4€ en concepto de seguro de accidentes

Os escolares beneficiarios de beca comedor no presente curso, estarán exentos do pago da cota do programa (15€), aunque deberán abonar o seguro de accidentes (4€)

 

Condicións do programa:  A oferta desde programa plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:

 

·  Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)


·  Educación Primaria (1º ao 6º curso)


Para a posta en marcha do programa requerirase un mínimo de 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20 desdoblarase o grupo


Horario: Dende o xoves 8 de setembro ata o venres 30 de setembro, de luns a venres, das 16:00 as 18:00 h. O horario de asistencia será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h. (sí a saída, sempre e cando o participante teña marcada esa opción na inscrición).

venres, 21 de maio de 2021

Campacoles verán 2021

 

Ábrese a convocatoria da edición 2021 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

O noso cole é este ano centro sede do Campacoles 2021, que conta con 2.250 para toda a cidade. 


PERSOAS DESTINATARIAS

Nenas e nenos matriculadas nalgún curso de Educación Infantil ou Primaria nos centros de ensino público da Coruña. 


QUENDAS

1ª Quenda: do 28 de xuño ao 02 de xullo

2ª Quenda: do 5 ao 9 de xullo

3ª Quenda: do 19 ao 23 de xullo

4ª Quenda: do 26 ao 30 de xullo

 

HORARIOS

Horario xeral: De luns a venres de 10h a 14h, con posibilidade de ampliación de horario no último día de cada quenda ata as 17h. 

Madrugadores: de 8h30 a 10h

Comedor: de 14h a 15h30, con posibilidade de saír ás 15h


INSCRICIÓN

As prazas asignaranse por orde de inscrición, tendo prioridade as alumnas e alumnos matriculadas nos centros sede, seguidas das matriculadas nos centros adscritos ao centro sede. 

Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio a través da web www.fedapascoruna.org/inscripciones 

Publicación de preadmitidas/os: 10 de xuño nas páxinas coruna.gal/campamentos2021 e www.fedapascoruna.org 

Inscrición: do 11 ao 15 de xuño

Lista de agarda: do 16 ao 21 de xuño


COTAS DE INSCRICIÓN

15€ para horario xeral

10€ para madrugadores sen almorzo

16€ para madrugadores con almorzo

22€ para comedor

As menores beneficiarias da bolsa comedor no curso 2020/21 estarán exentas da cota xeral (15€)


Toda a información dos CAMPACOLES está dispoñible neste documento descargable, nas páxinas web www.fedapascoruna.org e coruna.gal/campamentos2021, e nos teléfonos 981202002, 649055939, 698158503

martes, 30 de abril de 2019

FESTA DAS ANPAS


A FEDERACIÓN DE ANPAS, invítanos a III FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA o próximo 25 de maio. PretÉndese facer unha xornada de convivencia entre as persoas asociadas das ANPAS, as Xuntas directivas, e as familias, unha xornada de participación que sirva para coñecernos, xogar, bailar, comer xuntos e xuntas. 

Este ano manteñen o torneo de fútbol 7 con equipos mixtos (cada ANPA pode inscribir os que consiga facer) formados por 4 pais/nais e 4 nenos/as cada un deles.

E tamén está prevista unha Foliada na que pode participar calquera que saiba tocar un instrumento e que estea disposto ou disposta a tráelo para bailar unhas repichocas.


O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 3  DE MAIO. 

Ligazón para anotar a participación da ANPA:  https://goo.gl/DMidfu

 TEMPORALIZACIÓN:

10:00 – 10:45 : CHEGADA AO ALBERGUE: RECEPCIÓN DAS FAMILIAS.
11:00 – 14:00: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
TORNEO DE FUTBOL EN FAMILIA (por ANPAS)
14:00 - 15:30: XANTAR

HORARIO DE TARDE:

15:30: REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DA PROPOSTA LÚDICA/DEPORTIVA
FOLIADA
CAPOEIRA EN FAMILIA
TROTAMÚSICOS
XOGOS MUSICAIS – ZUMBA
E DEMAIS ACTIVIDADES QUE POIDAN XURDIR.  SORPRESA!!!
17:30 – 18:00 FESTA DA ESCUMA
18:00: DESPEDIDA E PECHE DA XORNADA