lunes, 23 de mayo de 2022

Máis Campamentos de verán

Ademais da listaxe de campamentos municipais de verán, deixamos aquí unha lista con outras alternativas

CAMPAMENTOS DE VERÁN

CAMPAMENTOS PÚBLICOS

CONCELLO DA CORUÑA: Toda a información aquí


XUNTA DE GALICIA

Pincha aquí para ver á oferta de campamentos 

Inscricións aquí

A inscrición abriuse o pasado mércores 18 de maio. Hay un plazo de siete días para que las familias soliciten plaza . Como en cada edición, haberá ademáis a posibilidade de optar a campamentos específicos para personas con discapacidade de entre 11 e 50 anos.


XUNTA: Acción de veránhttp://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
- Campamentos con pernocta. Abierto el plazo hasta el 25 de mayo.
- Mini campamentos " Conoce Galicia". Aún no convocado.


DEPUTACIÓN. Campamento deportivo con pernocta del 17-22 de julio para A Coruña



Plazo de inscripción: 20/05-3/06

SER OCIO


1. CAMPAMENTOS VERÁN SER OCIO

Está aberto a alumnado de todos os centros, pero se desenvolverá nas instalacións dos seguintes:

  • Ceip María Pita
  • Ceip Zalaeta
  • Albergue de Santa Cruz
  • Ceip Novo Mesoiro
  • Ceip Juana de Vega
  • Ceip Valle Inclán  (aberto só desde o 23 de xuño ao 29 de xullo, ata ala semana 5 incluida)
  • Ceip Sagrada Familia
  • Ceip Cidade Vella
  • Los Rosales (Instalación na Plaza Elíptica)
O horario campamento será de 09:00 a 14:00, habendo servizo de madrugadores desde as 07:45 e servizo de comedor ata as 16:00 en caso de necesitarse.
Xogos, deporte, cociña, música, manualidades e moitos talleres divertidísimos!!
2 excursións ou actividades especiais aseguradas! Este verán temos confirmadas: Karts, hinchables, camas elásticas, bolera, humor amarelo, rocodromo, centro de lecer, laser tag, museos, mercados, paddel surf/kayak, parque de bólas, Corax, hincahbles de auga, festa da espuma e moitas sorpresas máis
O PREZO DO CAMPAMENTO será:
  • Campamento: 62€/Semana
  • Día solto: 14 €/día
  • Comedor: 6 €/día
  • Madrugadores: 4 €/día
Descontos: os descontos son acumulables e só aplícanse ao concepto campamento. Non se aplicarán a madrugadores, comedor nin dias soltos.
5% socios de Anpas ou empresas asociada
5% por serguirnos en Instagram e compartir o noso cartel poñendo «Eu xa estou inscrito, animate» e seguirnos en redes
5% si traes a un amigo ou irmán


Contacto: campamentos.serocio@gmail.com

2. SER OCIO LOW COST


campamento LOW COST de verano 2022 desenvolverase en 9 quendas semanais do 23 de xuño ao 29 de agosto nos seguintes centros:

  • Ceip María Pita 
  • Albergue de Santa Cruz 
  • Ceip Novo Mesoiro
  • Los Rosales 

O horario do campamento será de 09:00 a 14:00, habendo servizo de madrugadores desde as 07:45 e servizo de comedor ata as 16:00 en caso de necesitarse.

Cada semana haberá sempre talleres, deporte, cociña e manualidades.


3.SER OCIO MAR Y TIERRA


O campamento urbano Mar e Terra do verán 2022 levarase a cabo nas instalacións de Albergue Lar a Mercé en Santa Cruz, Oleiros. Unha contorna privilexiada para gozar deste campamento. As semanas dispoñibles son as seguintes:

  • 23 de Xuño
  • 1º Semana: do 27 de Xuño ao 1 de Xullo
  • 2º Semana: do 4 de Xullo ao 8 de Xullo
  • 3º Semana: do 11 de Xullo ao 15 de Xullo
  • 4º Semana: do 18 de Xullo ao 22 de Xullo
  • 5º Semana: do 25 de Xullo ao 29 de Xullo
  • 6º Semana: do 1 de Agosto ao 5 de Agosto
  • 7º Semana: do 8 de Agosto ao 12 de Agosto

O horario do campamento será de 09:00 a 14:00, habendo servizo de madrugadores desde as 07:45 e servizo de comedor ata as 16:00 en caso de necesitarse.

Tamén hai opción de traslado en bus desde Coruña (cobre o horario do campamento de 9:00 a 14:00 e está suxeito a mínimos)

O PREZO DO CAMPAMENTO será:

  • Opción A (maiores de 8 anos, incluídos): 120 €
  • Opción B (de 3 a 7 anos, ambos incluídos): 90 
  • Día solto: 26 €/día (TODOS)
  • Comedor: 40 € campa completo, 12 ?/día solto (TODOS)
  • Madrugadores: 25 € campa completo, 8 ?/día solto (TODOS)
  • Traslado en bus desde Coruña cidade (suxeito a mínimo e para campamento con horario de 9:00 a 14:00): 8 €/día
  • Seguro: 5 € (si xa participaches nalgún campamento de SerOcio non tes que pagar o seguro e de ser o primeiro o seguro estará vigente para este campamento e para o campamento Mar e Terra do verán 2022)

Descontos: os descontos son acumulables e só aplícanse ao concepto campamento, non en días soltos, nin comedor nin madrugadores nin bus:

  • 5 % socios de Anpas/Coles asociadas e Empresas Asociadas
  • 5 % por inscribirche antes do 20/05/2022
  • 5 ?% si traes a un amigo ou irmán
  • 5% Si colles semanas consecutivas

Cualquera dúbida en campamentos.serocio@gmail.com




CLUB DO MAR



Tendes toda a información dos campamentos de verán do Club do Mar de San Amaro aquí
Hai grupos de 4 a 6 e 7 a 13 anos.



OUTROS CAMPAMENTOS PRIVADOS

Sons de aquí Aínda non convocado https://www.sondaqui.gal/campamento2021/


Base surf camp. (a partir de 6 años) https://basesurfcamp.com/


Plazo de inscripción: hasta 27/06
Nautico Coruña

AFAC. Multideportivo. Aínda non convocado.https://afacoruna.com/

Basket Coruña. Campamento de día (ata as 18h) www.basquetcoruna.com

rlazo de inscripción: ata23/06

Campamento multideporte. Rias Altas. https://campamentosveranoingles.com/campamentos/

Codemonster. Campamento tecnológico. Aínda non convocado.https://codemonsters.es/

Theatrical. Aínda non convocado. https://theatrical.es/


 





sábado, 21 de mayo de 2022

Listaxe dos campamentos municipais para este verán

Ademais dos anunciados Campacoles (o que nos corresponde este curso desenvolverase no CEIP Curros Enríquez e cuio prazo de preinscrición é estes 23, 24 e 25 de maio nesta ligazón), queremos compartir unha serie de alternativas abertas dende entidades públicas.
Durante estes días iremos informando doutras opcións tanto públicas como privadas.

O Concello da Coruña, ademais dos Campacoles, ofrece as seguintes posibilidades, que requiren unha inscrición online a través da web municipal

INSCRICIÓN do 23 de maio ás 8:00h ao 25 de maio ás 21:00h

Campamentos de Mocidade: (Preinscrición nos campamentos de verán)
Destinatarios: Mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010).
Datas
: Xullo de 2022 en dúas quendas de 9-10 días.
Prezo: de balde

Campacoles: (inscricións en https://fedapascoruna.org/)
Destinatarios
: Escolares de 2º ciclo de EI ou EP matriculados nun CEIP do Concello no actual curso 2021/22.
Datas
: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días.
Prezo: 25euros

Summer Talk:  (inscricións en https://fedapascoruna.org/)
Destinatarios
: Escolares matriculados nos cursos de cuarto a sexto ano de Primaria, e de primeiro a cuarto ano da ESO en centros públicos do Concello, no actual curso 2021/22.
Datas
: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días
Prezo: 20euros

Campamentos Fórum e Ágora: (Preinscrición nos campamentos de verán do Fórum Metropolitano / Preinscrición nos campamentos de verán do Ágora)
Destinatarios
: Menores nados entre 2018 e 2010. Na quenda especial para adolescentes no Ágora, poderán participar as e os menores nados entre 2009 e 2006.
Datas
: Do 27 de xuño ao 2 de setembro en 5 quendas de 9-10 días.
Prezo: de 35 a 45 euros.

Campamentos Aquarium Finisterrae: (Preinscrición nos campamentos de verán)
Para Menores de 11 a 14 anos.
Datas
: Do 27 de xuño ao 28 de xull
Prezo
: 29,09 euros.

Escola de verán da OMIC: (Preinscrición na escola de verán)
Destinatarios: Menores de 4 a 10 anos.
Datas: Do 1 ao 29 de xullo.
Prezo: de balde


INSCRICIÓN OS 1, 2 e 3 de xuño nas web municipal para os seguintes: 

Campamentos urbanos nos centros cívicos
Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018
Do 1 de xullo ao 7 de setembro en cinco quendas de 15 días.

Prezo
: Entre 26 y 32 euros.

Campamentos de día: 
Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018.
Datas
: Do 1 de xullo ao 31 de agosto en catro quendas de 15 días.
Prezo: 85€

Campamentos tradicionais de pernoctación: 
Para Rapaces e rapazas nados entre o 1/01/2006 ao 31/12/2014.
Datas
: Do 10 de xullo ao 13 de agosto en catro quendas de sete días.
Prezo: 85 euros

 Campamentos deportivos:
Para: Menores de 6 a 13 anos.
Datas
: Do 27 de xuño ao 4 de setembr
Prezo: 25euros.

jueves, 19 de mayo de 2022

Campacoles verán 2022

 Bo día


Enviamos a información do programa Campacoles verán 2022 recibida por parte da Federación de ANPAs:

A temática xirará en torno a natureza e os catro elementos: terra, auga, lume e aire. “A nai natureza alértanos dos perigos que está a sufrir pola acción do home e poñerlle freo é cousa de todos.

Por iso, este verán nos Campacoles tomaremos conciencia do coidado, protección e conservación do planeta, así como dos seres vivos que forman parte dela.

A nosa misión consistirá en axudar á Fada da Natureza para salvar o Planeta Terra, e para iso primeiro debemos coñecer, valorar e respectar a natureza e os elementos que a forman.

Formaremos brigadas de exploradores que descubrirán e coñecerán as características e a importancia e que teñen os 4 elementos da natureza na vida do home que a manteñen viva: A TERRA, O AIRE, A AUGA E O LUME.”


As actividades que se programan abranguen diferentes áreas de contidos, polo que terán un carácter multidisciplinar, permitindo así realizar actividades moi variadas, dende propostas de animación á lectura, xogos de enxeño, actividade motriz, musicais, teatrais, etc.


ESTRUCTURA:

Adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 27 de xuño ata o venres 29 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. O último día de cada quenda todos os participantes farán unha saída no entorno da cidade ou mancomunidade, cunha ampliación do horario ata as 15:30h.


QUENDAS                                                                 

Quenda 1: Do 27 de xuño ao 1 de xullo.

Quenda 2: Do 4 ao 8 de xullo.

Quenda 3: Do 11 ao 15 de xullo.

Quenda 4: do 18 ao 22 de xullo.

Quenda 5: do 26 ao 29 de xullo.


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.

Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h. salvo o día da saída que será ás 15.30h).

Contemplarase a media mañá unha parada entre as 11:00 e 11:20 h., aproximadamente, para tomar unha pequena merenda que os escolares poderán levar da casa.


CENTROS SEDE

CEIP Alborada

CEIP Anxo da Garda

CEIP Curros Enríquez

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP María Barbeito

CEIP San Pedro de Visma

CEIP Wenceslao Fernández Flórez


PRAZAS

45 prazas por sede (tres grupos).

A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.


DESTINATARIOS

Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 21/22.


ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, tendo preferencia dentro dese criterio xeral:

1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede no que solicitan a/s quenda/s.

2º. O segundo e demais días de inscrición, os usuarios de calquera das actividades extraescolares da Federación Provincial no curso 21/22, con independencia do CEIP no que estean matriculados. A continuación o resto de solicitantes da actividade.


COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:

CAMPACOLE: 20€.(*)

MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.

MADRUGADORES CON ALMORZO: 17€.

COMEDOR: 25€.

SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)

*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 21/22.


**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).


PRAZOS

Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org )

Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.

Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022

miércoles, 4 de mayo de 2022

Fin actividades e inicio programa Coxegas

Entramos xa na recta final do curso e queremos lembrarvos que a data de finalización das actividades extraescolares no centro será o vindeiro 31 de maio


Dende o 1 ao 22 de xuño desenvolverase no cole o programa de conciliación CÓXEGAS, de luns a venres e en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo a demanda.

A inscrición xa está aberta e as familias que queiran participar teñen que apuntarse no seguinte enlace:

 www.fedapascoruna.org/inscripciones


Custo do programa: 15 €/participante (ademais de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso)

*Mínimo para que se realice o programa 10 inscritos