sábado, 21 de mayo de 2022

Listaxe dos campamentos municipais para este verán

Ademais dos anunciados Campacoles (o que nos corresponde este curso desenvolverase no CEIP Curros Enríquez e cuio prazo de preinscrición é estes 23, 24 e 25 de maio nesta ligazón), queremos compartir unha serie de alternativas abertas dende entidades públicas.
Durante estes días iremos informando doutras opcións tanto públicas como privadas.

O Concello da Coruña, ademais dos Campacoles, ofrece as seguintes posibilidades, que requiren unha inscrición online a través da web municipal

INSCRICIÓN do 23 de maio ás 8:00h ao 25 de maio ás 21:00h

Campamentos de Mocidade: (Preinscrición nos campamentos de verán)
Destinatarios: Mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010).
Datas
: Xullo de 2022 en dúas quendas de 9-10 días.
Prezo: de balde

Campacoles: (inscricións en https://fedapascoruna.org/)
Destinatarios
: Escolares de 2º ciclo de EI ou EP matriculados nun CEIP do Concello no actual curso 2021/22.
Datas
: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días.
Prezo: 25euros

Summer Talk:  (inscricións en https://fedapascoruna.org/)
Destinatarios
: Escolares matriculados nos cursos de cuarto a sexto ano de Primaria, e de primeiro a cuarto ano da ESO en centros públicos do Concello, no actual curso 2021/22.
Datas
: Do 27 de xuño ao 29 de xullo en 5 quendas de 5 días
Prezo: 20euros

Campamentos Fórum e Ágora: (Preinscrición nos campamentos de verán do Fórum Metropolitano / Preinscrición nos campamentos de verán do Ágora)
Destinatarios
: Menores nados entre 2018 e 2010. Na quenda especial para adolescentes no Ágora, poderán participar as e os menores nados entre 2009 e 2006.
Datas
: Do 27 de xuño ao 2 de setembro en 5 quendas de 9-10 días.
Prezo: de 35 a 45 euros.

Campamentos Aquarium Finisterrae: (Preinscrición nos campamentos de verán)
Para Menores de 11 a 14 anos.
Datas
: Do 27 de xuño ao 28 de xull
Prezo
: 29,09 euros.

Escola de verán da OMIC: (Preinscrición na escola de verán)
Destinatarios: Menores de 4 a 10 anos.
Datas: Do 1 ao 29 de xullo.
Prezo: de balde


INSCRICIÓN OS 1, 2 e 3 de xuño nas web municipal para os seguintes: 

Campamentos urbanos nos centros cívicos
Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018
Do 1 de xullo ao 7 de setembro en cinco quendas de 15 días.

Prezo
: Entre 26 y 32 euros.

Campamentos de día: 
Para nenas e nenos nados do 1/01/2010 ao 31/12/2018.
Datas
: Do 1 de xullo ao 31 de agosto en catro quendas de 15 días.
Prezo: 85€

Campamentos tradicionais de pernoctación: 
Para Rapaces e rapazas nados entre o 1/01/2006 ao 31/12/2014.
Datas
: Do 10 de xullo ao 13 de agosto en catro quendas de sete días.
Prezo: 85 euros

 Campamentos deportivos:
Para: Menores de 6 a 13 anos.
Datas
: Do 27 de xuño ao 4 de setembr
Prezo: 25euros.