miércoles, 4 de mayo de 2022

Fin actividades e inicio programa Coxegas

Entramos xa na recta final do curso e queremos lembrarvos que a data de finalización das actividades extraescolares no centro será o vindeiro 31 de maio


Dende o 1 ao 22 de xuño desenvolverase no cole o programa de conciliación CÓXEGAS, de luns a venres e en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo a demanda.

A inscrición xa está aberta e as familias que queiran participar teñen que apuntarse no seguinte enlace:

 www.fedapascoruna.org/inscripciones


Custo do programa: 15 €/participante (ademais de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso)

*Mínimo para que se realice o programa 10 inscritos