jueves, 29 de octubre de 2020

SUMAMOS LENTES, AMPLIAMOS O ENFOQUE. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS. 2020



Por segundo ano consecutivo presentámosvos o programa "O Sanjurjo con Lentes Violetas. Sumamos lentes, ampliamos o enfoque" un programa creado pola ANPA e subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade co que desenvolveremos unha serie de accións destinadas ao alumnado e familias do centro, co obxecto de promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas. 

Por mor da Covid todas as actividades foron adaptadas a situación cumprindo os requisitos, todas as actividades están aprobadas pola Dirección e equipo educativo.

 

Obxectivos xerais do programa:

· Desenvolver accións de sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero, traballando a prevención, a identificación e informando sobre os recursos e pautas de actuación
· Educar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de xeito real.
· Informar sobre as causas e consecuencias da violencia de xénero na nosa sociedade.
· Transmitir valores universais, respecto, tolerancia, diversidade, convivencia etc.
· Educar as emocións para o recoñecemento, a prevención e intervención en materia de violencia de xénero.
·  Fomentar relacións baseadas na empatía e o diálogo, a negociación, cooperación e resolución de conflitos de xeito construtivo, capacidade de iniciativa e pensamento crítico.
· Fomentar relacións equilibradas, solidarias e construtivas.
· Fomentar a construción dunha identidade libre de estereotipos promovendo adquirir os recursos necesarios para fomentar relacións saudables e igualitarias.
· Conmemorar cada 25 de novembro “Día contra a violencia de xénero”.
· Fomentar a participación das familias do CEIP, implicándoas na educación non sexista.
· Mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de ferramentas e responsabilidade social ao alumnado e ás familias.

 

Actividades programadas:

1. Actividades e espectáculos escénicos dirixidos ao alumnado en horario lectivo








2. Actividades dirixidas as familias. 

Obradoiros e faladoiro


Como veredes tres actividades precisan inscrición previa, no caso das actividades presenciais para garantir o aforo e as medidas de seguridade necesarias. A intención e facelas o aire libre como primeira opción pero de non poder ser o aforo será limitado e cumprindo os protocolos.

Para inscribiros en Educar é coeducar e/ou en Menarquía para nais e fillas tedes que escanear o código e directamente facer a solicitude. Recibiredes un mail de confirmación da praza coas indicacións necesarias para asistir. Ou entrar a través de estes enlaces.

Enlace inscrición Educar é coeducarhttps://forms.gle/bBk9M5aNyGxNJihD9

Enlace inscrición Menarquíahttps://forms.gle/z6zDYMcAqCK4h8ZT8

No caso da charla sobre Diversidade sexual, está prevista para o 11 de novembro as 18.30h, non temos aforo limitado, pero precisamos ter unha previsión, polo que tedes que entrar no formulario e cubrilo, o prazo de solicitude remata o 9 de novembro. O mesmo día do obradoiro recibiredes as 18.15 o enlace para conectarvos. 

Enlace de inscrición: https://forms.gle/Tii6SVLAtoShbH569

Por ultimo, a actividade sobre Ciberseguridade é aberta, polo que en principio mandaremos o enlace por mail para que podades conectarvos se apetécevos participar.

Concurso de fotografía

Por segundo ano, convocaremos o día 2 de novembro o concurso fotográfico con lente violeta, con prazo de presentación de fotos o 13 de novembro. O luns colgaremos as bases, estade ben atentos e atentas.



Esperamos que desfrutedes da programación, lembrade que cada 25 de novembro, conmemorase o "Día contra a violencia de xénero", Non miremos cara outro lado e impliquémonos nesta loita educando aos nosos fillos e fillas en igualdade de oportunidades, como forma de eliminar as violencias machistas.

ANIMÁMOSVOS A TODOS/AS A PARTICIPAR!

 


martes, 27 de octubre de 2020

LISTADO PROVISIONAL BECAS COMEDOR 2020/21


Hoxe publícase o listado provisional das persoas beneficiarias das becas comedor. Deixámosvos o enlace onde encontraredes toda a información.

Importante: este ano existe prazo de presentación para presentar as alegacións, do 28 de outubro ata o 10 de novembro, ambos incluidos:

Pincha aquí para ver o enlace da publicación das becas

 

JARDANAY RECÓRDANOS:

  • A necesidade de apuntarseno comedor a través da web de Jardanay.Sería convinte que se desen de alta aqueles que se lles concedeu a beca e non teñen que presentar alegacións.
  • Mañá, mércores 28 de outubro, abrirase un proceso extraordinario, dende as 10:00h aprox. ata a noite do 1 de novembro, para aqueles que aínda nos se apuntaron (este ano é moi importante, xa que teñen que planificar a capacidade do comedor)
  • Lembrade que este ano existe a posibilidade de Jardanay na casa.   

 

A continuación deixámosvos a circular que publica Jardanay con toda a información. 

 


  • Se tedes calquera duda, podedes poñervos en contacto con eles a través do correo electrónico comedor@jardanay.es o chamalos ao 981 126 627

miércoles, 21 de octubre de 2020

ECOCARRICARTE 2020

 

Ecocarricarte é un programa de actividades  culturais de mellora de competencias educativas en colaboración co entorno socioeducativo do centro CEIP Sanjurjo de Carricarte que consta de actividades que desenvolven coñecementos, linguaxe, costumes, valores, crenzas etc. que apréndense a través da experiencia social.


O noso programa pretende achegar a través de diferentes expresións artísticas unha serie de coñecementos e valores universais de respecto, tolerancia, igualdade de xénero, convivencia e diversidade, baixo o nexo común do respecto e coidado medioambiental nesta segunda edición.


O programa de actividades é financiado a través da convocatoria de subvención á entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2020 da Deputación da Coruña.


As actividades son coordinadas coa Dirección do centro e cumpre todas as medidas hixiénico-sanitarias marcadas polo protocolo do centro.


Achegamos o cartel de actividades que dará comezo este venres e finalizará o 18 de decembro.


Esperamos que o alumnado poda disfrutar destas actividades e impulsar o coñecemento do patrimonio natural, cultural , histórico e artístico galego, así como transversalizar a educación en valores de respecto, tolerancia e igualdade de xénero. 




 

jueves, 8 de octubre de 2020

Cambio nos horarios de saída do comedor


Dende Jardanay, para cumprir cos protocolos sanitarios da crise da COVID-19, trasládannos que é necesario mudar os horarios de recollida d@s nen@s á saída do comedor. 

Deste xeito, a saída das 15:15 múdase ás 15:30, conservando a saída das 15:45 tal e como está. 

O cambio farase efectivo o vindeiro martes 13 de outubro

Se algunha das familias afectadas por este cambio de horario tedes algún problema ou incompatibilidade con el, podedes escribirnos ao correo da ANPA para tentar solucionalo: anpaesanjurjo@gmail.com