jueves, 29 de octubre de 2020

SUMAMOS LENTES, AMPLIAMOS O ENFOQUE. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS. 2020



Por segundo ano consecutivo presentámosvos o programa "O Sanjurjo con Lentes Violetas. Sumamos lentes, ampliamos o enfoque" un programa creado pola ANPA e subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade co que desenvolveremos unha serie de accións destinadas ao alumnado e familias do centro, co obxecto de promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas. 

Por mor da Covid todas as actividades foron adaptadas a situación cumprindo os requisitos, todas as actividades están aprobadas pola Dirección e equipo educativo.

 

Obxectivos xerais do programa:

· Desenvolver accións de sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero, traballando a prevención, a identificación e informando sobre os recursos e pautas de actuación
· Educar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de xeito real.
· Informar sobre as causas e consecuencias da violencia de xénero na nosa sociedade.
· Transmitir valores universais, respecto, tolerancia, diversidade, convivencia etc.
· Educar as emocións para o recoñecemento, a prevención e intervención en materia de violencia de xénero.
·  Fomentar relacións baseadas na empatía e o diálogo, a negociación, cooperación e resolución de conflitos de xeito construtivo, capacidade de iniciativa e pensamento crítico.
· Fomentar relacións equilibradas, solidarias e construtivas.
· Fomentar a construción dunha identidade libre de estereotipos promovendo adquirir os recursos necesarios para fomentar relacións saudables e igualitarias.
· Conmemorar cada 25 de novembro “Día contra a violencia de xénero”.
· Fomentar a participación das familias do CEIP, implicándoas na educación non sexista.
· Mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de ferramentas e responsabilidade social ao alumnado e ás familias.

 

Actividades programadas:

1. Actividades e espectáculos escénicos dirixidos ao alumnado en horario lectivo








2. Actividades dirixidas as familias. 

Obradoiros e faladoiro


Como veredes tres actividades precisan inscrición previa, no caso das actividades presenciais para garantir o aforo e as medidas de seguridade necesarias. A intención e facelas o aire libre como primeira opción pero de non poder ser o aforo será limitado e cumprindo os protocolos.

Para inscribiros en Educar é coeducar e/ou en Menarquía para nais e fillas tedes que escanear o código e directamente facer a solicitude. Recibiredes un mail de confirmación da praza coas indicacións necesarias para asistir. Ou entrar a través de estes enlaces.

Enlace inscrición Educar é coeducarhttps://forms.gle/bBk9M5aNyGxNJihD9

Enlace inscrición Menarquíahttps://forms.gle/z6zDYMcAqCK4h8ZT8

No caso da charla sobre Diversidade sexual, está prevista para o 11 de novembro as 18.30h, non temos aforo limitado, pero precisamos ter unha previsión, polo que tedes que entrar no formulario e cubrilo, o prazo de solicitude remata o 9 de novembro. O mesmo día do obradoiro recibiredes as 18.15 o enlace para conectarvos. 

Enlace de inscrición: https://forms.gle/Tii6SVLAtoShbH569

Por ultimo, a actividade sobre Ciberseguridade é aberta, polo que en principio mandaremos o enlace por mail para que podades conectarvos se apetécevos participar.

Concurso de fotografía

Por segundo ano, convocaremos o día 2 de novembro o concurso fotográfico con lente violeta, con prazo de presentación de fotos o 13 de novembro. O luns colgaremos as bases, estade ben atentos e atentas.



Esperamos que desfrutedes da programación, lembrade que cada 25 de novembro, conmemorase o "Día contra a violencia de xénero", Non miremos cara outro lado e impliquémonos nesta loita educando aos nosos fillos e fillas en igualdade de oportunidades, como forma de eliminar as violencias machistas.

ANIMÁMOSVOS A TODOS/AS A PARTICIPAR!