lunes, 2 de noviembre de 2020

CONCURSO FOTOGRÁFICO CON LENTE VIOLETA. 2020

Comezamos a programación da segunda edición do programa "Sumamos lentes, ampliamos o enfoque. O Sanjurjo con lentes violeta" co concurso fotográfico "CON LENTE VIOLETA".





OBXECTO.
Difundir unha mensaxe igualitaria a través da fotografía, fomentando e visibilizando a igualdade de forma orixinal e creativa, favorecendo deste modo a reflexión sobre os valores igualitarios.

OBXECTIVO XERAL.
Sensibilizar sobre a importancia de traballar por unha sociedade máis igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes e estimular a creatividade das persoas participantes.

PARTICIPANTES.
Poderán participar alumnado, profesorado e familias, individualmente ou en grupos pertencentes ao centro CEIP Sanjurjo de Carricarte de A Coruña.

TEMÁTICA E FORMATO.
O material fotográfico debe ser orixinal e inédito, visibilizar aspectos igualitarios da nosa sociedade, recollendo imaxes non  sexistas, corresponsables, conciliadoras, de bo trato.
Pódese participar cun máximo de dúas fotografías.
Todas as imaxes deben vir identificadas cun título.

PRAZO: do 2 ao 13 de novembro de 2020

Animádevos a participar!