jueves, 12 de noviembre de 2020

OBRADOIROS "O Sanjurjo con lentes violetas": Inscrición aberta para Ciberseguridade e Coeducar

Continuamos dándovos a coñecer as actividades para este mes do programa "O Sanjurjo con lentes violetas", unha iniciativa creada pola ANPA e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade que ten como obxectivo promover a igualdade real entre mulleres e homes e educar na prevención e rexeitamento das violencias machistas

Hoxe abrimos a inscrición para o Obradoiro sobre Ciberseguridade, que se celebrará o vindeiro mércores 18 de novembro de 17h a 18h30. Baixo o nome "Ciberseguridade para familias: Sexting e Grooming" queremos dar a coñecer, de xeito telemático e en colaboración con ADAFAD, todos aqueles contidos que son necesarios para dar a coñecer entre as familias os posibles riscos e principais problemas asociados co uso de Internet por parte das nosas fillas e fillos, e de todas as destrezas que debemos coñecer para diminuír eses riscos.

Se queres inscribirte, podes facelo a través deste formulario: https://forms.gle/72oNTJ8PH1bhfxuB7


O seguinte obradoiro que vos presentamos hoxe "Educar é coeducar: Xénero e educación emocional". Este obradoiro impartirase, en colaboración con Almas Meraki, o vindeiro 14 de novembro, entre as 10h e as 14h e está dirixido a todas as familias, centrado na educación emocional e na igualdade de xénero. Con el queremos analizar a construción das identidades de xénero na infancia, así como coñecer as competencias emocionais. 

Se queres participar del, podes inscribirte a través deste formulario: https://forms.gle/bBk9M5aNyGxNJihD9

En ambos casos, recibiredes unha confirmación da vosa inscrición e tamén toda a información relativa á celebración do obradoiro e os protocolos para poder seguilos.