Amosando publicacións coa etiqueta sanjurjo con lentes violetas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sanjurjo con lentes violetas. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de novembro de 2020

OBRADOIROS "O Sanjurjo con lentes violetas": Inscrición aberta para Ciberseguridade e Coeducar

Continuamos dándovos a coñecer as actividades para este mes do programa "O Sanjurjo con lentes violetas", unha iniciativa creada pola ANPA e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade que ten como obxectivo promover a igualdade real entre mulleres e homes e educar na prevención e rexeitamento das violencias machistas. 

Hoxe abrimos a inscrición para o Obradoiro sobre Ciberseguridade, que se celebrará o vindeiro mércores 18 de novembro de 17h a 18h30. Baixo o nome "Ciberseguridade para familias: Sexting e Grooming" queremos dar a coñecer, de xeito telemático e en colaboración con ADAFAD, todos aqueles contidos que son necesarios para dar a coñecer entre as familias os posibles riscos e principais problemas asociados co uso de Internet por parte das nosas fillas e fillos, e de todas as destrezas que debemos coñecer para diminuír eses riscos.

Se queres inscribirte, podes facelo a través deste formulario: https://forms.gle/72oNTJ8PH1bhfxuB7


O seguinte obradoiro que vos presentamos hoxe "Educar é coeducar: Xénero e educación emocional". Este obradoiro impartirase, en colaboración con Almas Meraki, o vindeiro 14 de novembro, entre as 10h e as 14h e está dirixido a todas as familias, centrado na educación emocional e na igualdade de xénero. Con el queremos analizar a construción das identidades de xénero na infancia, así como coñecer as competencias emocionais. 

Se queres participar del, podes inscribirte a través deste formulario: https://forms.gle/bBk9M5aNyGxNJihD9

En ambos casos, recibiredes unha confirmación da vosa inscrición e tamén toda a información relativa á celebración do obradoiro e os protocolos para poder seguilos.