viernes, 22 de noviembre de 2019

TERCEIRA SEMANA. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS


O martes 19 continuamos coa segunda sesión de ciberseguridade na que reflexionamos sobre o acoso nas redes, como detectalo e atallalo. Facilitáronnos recursos web de orientación para estar informados e informadas.

A especialista recoméndanos en lugar de prohibir o uso das redes, observar, controlar, limitar e actuar para educar, acompañar e supervisar.

Outras recomendacións son:

  • Evita ameazas e ultimatum
  • Fala con claridades das vantaxes e dos riscos das novas tecnoloxías.
  • Racionaliza e retarda o acceso o primeiro dispositivo
  • Establece normas e limites de uso para toda a familia.
  • Ponte al día en redes sociais
  • Interésate polas súas relacións nas redes e ensina a respectar aos/as demais
  • Traballa a comunicación, empatía e a resolución de conflitos.
  • Ensina a aproveitar as potencialidades das redes pero non a depender delas.
  • Preocúpate polas aficións e intereses tanto na vida real como na online.
  • Fomenta o respecto a privacidade
  • Fomenta unha autoestima positiva e reforza actitudes asertivas
  • Respecta a intimidade e dialoga.

 




 

Ante o acoso nas redes, actúa, debemos transmitirlle aos nosos fillos e fillas:

  • Non rirse co que agrede
  • Non darlle audiencia ao que agrede
  • Cambiar de escena ao que agrede, veña vámonos
  • Cambiar de escena á persoa agredida, veña vámonos
  • Involucrar ao resto do alumnado
  • Ofrecer publicamente amistade a persoa agredida
  • No participar de rumores e bulos
  • Dicirlle o agredido que non se está de acordo co sucedido
  • Acompañar ao agredido para que fale cun adulto
  • Comunicarllo a un adulto o ocorrido.



O 21 de novembro levamos a cabo a última sesión de Medrando en Igualdade, "Artefactoría, liberando emocións" traballamos sobre os mitos do amor romántico para rachar en cada un deles os estereotipos construídos, aprendemos que os celos no son unha mostra de amor, que non vivimos incompletas esperando a nosa media laranxa, etc.











Nun segundo momento reflexionamos sobre o deporte coma un espazo de aprendizaxe onde se perpetúan as desigualdades de xénero, incidindo na práctica deportiva do fútbol como lugar  seguro onde a construción da masculinidade machista é protexida.


















 
Por último adicamos un espazo para nos mesmas, e visualizamos un mundo mellor dentro de 20 anos, aínda que utópico moi motivador para darnos forzas e seguir traballando para educar en igualdade aos nosos nenos e nenas. Para deixar constancia delo, de forma artística liberamos as nosas emocións construíndo un mural con debuxos e ideas por un mundo mais igualitario.

Unha forma de crear unha obra colectiva, dando saída dunha maneira artística ás violencias coa finalidade de desterralas das nosas vidas.



Paralelamente celebráronse un obradoiro para as crianzas para seguir traballando por integrar a igualdade de xénero nas súas vidas.




Con estas sesión rematamos parte do proxecto "O Sanjurjo con lentes violetas" subvencionado pola Secretaria xeral de Igualdade, e non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecervos a todas as persoas das mais de 100 que participáchedes dos obradoiros ofrecidos, foi un pracer partillar con todas e todos vos sobre como educar en igualdade.