viernes, 15 de noviembre de 2019

SEGUNDA SEMANA. O SANJURJO CON LENTES VIOLETAS


O martes 12 de novembro, seguimos por segunda semana co programado no proxecto "O Sanjurjo con lentes violetas" subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, nesta ocasión celebrouse a primeira sesión  sobre como protexer as e os nosos menores da rede.
Grazas a Montse, psicóloga da asociación ADAFAD reflexionamos sobre se o uso das redes é unha oportunidade ou un risco. Compartimos as nosas inquedanzas e preocupacións.
Montse tróuxonos estudos recentes sobre o uso das redes publicadas polo INE no ano 2019, onde reflíctese que o 96 % dos e das menores de 15 anos teñen acceso a Internet.
Aquí podedes consultar os resultados.
Falamos dos riscos, entendendo o uso en número de horas, o lugar ou o tipo de interaccións que facemos das redes poden darnos unha orientación de se este é abusivo e adecuado.
Incidimos no sexting, ciberacoso, groming, etc… como formas de violencia e acoso a través das redes, analizando como desde a familia podemos traballar estes conceptos para guiar aos nosos fillos e fillas nun uso adecuado das novas tecnoloxías.



O 14 novembro ás 12h no salón de actos o alumnado de primaria gozou da representación do Planeta LGTB da man de Caxoto e A Trastenda dos Contos.

O planeta M´BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alítodo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ao mesmo, as familias son sempre pai/nai/fillo/filla, … Cando un M´burrido ven de expedición á terra observa que aquí nos gusta moito a diversidade. As persoas visten distintas, cada comida é un mundo de sensacións, … e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, con dous pais, monoparentais, monomarentais, …
Unha maravillosa viaxe interplanetaria para poñer en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións.


O 15 de novembro levamos a cabo a segunda sesión de medrando en igualdade, nesta ocasión empezamos traballando sobre a corresponsabilidade nos nosos hogares, reflexionamos sobre a evolución natural dos e das menores na adquisición de patróns diferenciais e a creación da conciencia de xénero, coñécemos o principio de pitufina e o test de Bechdel que analiza os films para categorizalos como sexistas ou non, iniciamos o coñecemento do mito do amor romántico desmontando os conceptos de príncipe e princesa, tamén fixemos unha reflexión sobre a comunidade Gamer e a visión dos estereotipos de xénero nos videoxogos, analizamos a importancia da linguaxe non sexista a través dos medios de comunicación e en especial das cancións, e o final da sesión fixemos unha dinámica para entender mellor como funcionan as violencias en contextos familiares e grupais e como as temos naturalizadas e, por tanto, as transmitimos ás nosas crianzas. Construímos unha mini Guía para o bo trato aplicable, sinxela e práctica, que poida servir de orientación no día a día.
Nesta sesión visualizamos varios videos, que vos deixamos por si queredes consultalos:
Princesas de cuento. 2x22 El Tornillo.
Ni malas, ni vuestras



Paralelamente executouse o obradoiro infantil onde reflexionaron sobre os estereotipos de xénero e debatiron sobre os espazos de xogo na contorna educativa, analizaron como poder distribuír os espazos para que o fútbol non monopolice a tipoloxía de xogo e as relacións entre iguais.  
Leron contos para identificar cales son os roles das personaxes masculinas e femininas e darlles a volta. E debuxaron libremente mentres reflexionamos sobre a temática.

A próxima semana será a última do proxecto, así que vos esperamos o martes coa segunda sesión de ciberseguridade e o xoves coa última sesión de medrando en igualdade.
Lembrade que este domingo remata o prazo para presentar as vosas fotografías ao Concurso con Lentes Violetas, o luns 18 reunirase o xurado, formado por profesorado, familias, alumnado e persoal da ANPA ( Zulima, Carlos, Rocio, Marcos, Elba, Roi e Eva)  para decidir as tres fotografías gañadoras. Damóslle as grazas por formar parte do xurado :)