jueves, 9 de octubre de 2025

As ANPAS de Monte Alto unidas conseguen o compromiso do goberno municipal para a construción dunha pista multideporte



Dende as ANPAs dos 4 colexios de Monte Alto queremos actualizar a información sobre o proxecto das pistas Multideporte de Montealto.

A pasada semana, o Concello presentou públicamente o seu programa Plan de Barrios no Centro cívico de Monte Alto, incluido esta pista multideporte como investimento destacado. 


Esta pista foi proposto polas catro ANPAs dos CEIP do barrio (Curros Enriquez, Torre, Victor López Seoane e Zalaeta) a través dos presupostos participativos do ano 2023, e saiu elexida coa axuda das familias e os seus votos.

Aínda que sabemos que esta obra leva un atraso importante, xa que na reunión mantida no mes de xuño do 2024 en María PIta se nos indicou que arrancarían as obras a finais dese mesmo ano, o Concello asegurou onte que durante o ano 2026 este proxecto sería realidade.

A sua ubicación será nunha das beiras do parque Carlos Casares, nos campos situados detrás da Cárcere onde remata a rúa Manuel Díaz coa rúa Faro Finisterre e contará con duas pistas de fútbol, unha cancha de baloncesto e gradas.

Esta foi a primeira vez que as ANPAs e as familias que as conforman, sacamos un proxecto en común que nos une como barrio, traballando para conseguir que as institucións atendan as necesidades que entre todos plantexemos.

Agardamos que haxa moitos máis e animámosvos a plantexar ideas e propostas, que con ilusión e traballo poden facerse realidade.

Grazas familias.