Amosando publicacións coa etiqueta anpa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anpa. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de febreiro de 2026

Apertura do patio e da biblioteca polas tardes e volta da atención presencial da ANPA

Dende a ANPA Monte Vixía queremos compartir con todas as familias dúas novidades importantes de cara a 2026, que xa se fixeron efectivas e que están relacionadas co acceso ao centro educativo e coa atención presencial ás familias por parte dos membros da ANPA: a apertura do patio e da biblioteca polas tardes e volta da atención presencial da ANPA.



Apertura do patio e da biblioteca en horario de tarde

A dirección do centro confirmounos que tanto o patio do colexio como a biblioteca están abertos para o uso por parte do alumnado do centro en horario de tarde de luns a xoves, de 16:00 a 18:00 horas, sempre que os nenos e nenas vaian acompañados dun adulto.

Trátase dunha gran oportunidade para que o alumnado poida reunirse cos seus compañeiros nun espazo cuberto e seguro, especialmente tendo en conta que o tempo está a poñer difícil o uso dos parques desde que comezou o inverno. Ademais, é tamén unha fantástica ocasión para fomentar a lectura, grazas ao amplo catálogo de libros dispoñibles na biblioteca do centro.

Queremos lembrar que o colexio sufriu no pasado roubos e actos vandálicos, polo que se extremaron as medidas de seguridade para evitar que estes desagradables incidentes volvan producirse. É responsabilidade de todas as familias contribuír a velar pola seguridade e a integridade do centro.

Por este motivo, o acceso deberá realizarse chamando ao timbre do portal principal, que permanecerá pechado en todo momento. Dende conserxaría darase acceso tras a correspondente identificación como alumnado do centro.

Volve a atención presencial da ANPA no centro

Despois de varios anos sen contar con presenza física da ANPA no centro, e tras un período no que a atención se realizou maioritariamente de forma telemática, en gran parte debido á pandemia, a ANPA retoma a atención presencial ás familias.

A partir de agora, os membros da ANPA estarán dispoñibles para atender persoalmente ás familias todos os martes de 16:00 a 18:00 horas, no espazo do comedor do colexio. Ademais das canles habituais de teléfono e correo electrónico, as familias poderán achegarse ao centro nese horario para tratar dúbidas, suxestións ou calquera outro tema de interese.

Agardamos que esta nova canle de comunicación sexa ben acollida por todas as familias, e animámosvos, se aínda non o fixestes, a que vos fagades socios da ANPA a través de este formulario.

Entre todos, e co voso apoio, contribuímos a mellorar a conciliación, a reforzar a comunicación co centro e a favorecer a socialización das familias, a través das distintas actividades promovidas pola ANPA.

mércores, 28 de xaneiro de 2026

Nova directiva da ANPA Monte Vixía

O pasado 11 de decembro constituíuse a nova Xunta Directiva da ANPA Monte Vixía. Un novo grupo de nais e pais colleu o relevo tras o excelente traballo, a dedicación e o esforzo totalmente desinteresado do anterior equipo directivo, que despois de anos de implicación merecía un descanso máis que merecido.

Nesta asemblea renováronse tódolos cargos da directiva, quedando cubertos os postos de presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesouraría e vogalías.


Novos membros da directiva da ANPA Monte Vixía
De esquerda a dereita: Sandra Iglesias, Lucía Martínez, Elena Pérez, Diego Vázquez, Alba Souto e Salva Leal, os novos membros da directiva da ANPA Monte Vixía


Comisións de traballo

Así mesmo, constituíronse distintas comisións de traballo para xestionar os principais ámbitos de actuación da ANPA. Estas comisións están formadas tanto por membros da nova directiva como por outras nais e pais que, sen formar parte dela, quixeron implicarse e colaborar.

Esta organización permite repartir mellor o traballo, facelo máis levadeiro e, sobre todo, garantir a continuidade de servizos fundamentais para a conciliación das familias.

As comisións creadas son as seguintes:

  • Comisión de Comedor
  • Comisión de Actividades Extraescolares
  • Comisión de Festas e Convivencia
  • Comisión de Subvencións e Xestión Económica
  • Comisión de Comunicación e Relación co Centro
  • Comisión de Edixgal


Membros da nova directiva


Elena Pérez | Presidenta
Nai de Martín, economista e gran defensora do ensino público. 
“O cole público foi moi importante para min cando era nena e agora faime especial satisfacción aportar o meu gran de area para que o noso cole sexa un espazo aínda máis acolledor e cheo de oportunidades.”



Lucía Martínez | Vicepresidenta
Nai de André, animadora sociocultural e bailadora. 

“Encántame formar parte deste equipo e contribuír a construír comunidade, mantendo viva a conexión coa nosa terra. Mirar ao pasado e ás nosas raíces axúdanos a comprender mellor o presente e a pensalo con máis conciencia.”







Sandra Iglesias | Secretaria
Nai de Uxía e mestra.

“Estar nesta directiva é a miña forma de implicarme un pouco máis no día a día do cole e de sumar para que siga sendo un espazo coidado, próximo e pensado para as crianzas.”







Diego Vázquez | Tesoureiro
De Ourense de nacemento e de Monte Alto por elección, aparellador e convencido do ensino público.

“Gústame colaborar e facer barrio, e por iso quero axudar a que o cole sexa un punto de encontro e cohesión para todas as familias.”







Alba Souto | Vogal
Nai de Pepe, delineante de formación e exalumna do CEIP Torre de Hércules.

“O cole foi para min unha segunda casa, chea de recordos felices, e faime ilusión poder colaborar para que o meu fillo tamén o viva así.”







 Salva Leal | Vogal

Das Pontes, pai de Artai e tío de Pepe, deportivista convicto e casado cunha montealtina.

“Quero botar unha man en todo o que poida para que o meu fillo, o meu sobriño e os seus compis desfruten dun ensino público de calidade e dun cole seguro, divertido e onde se sintan ben.”









Atención ás familias e contacto

O contacto da ANPA seguirá sendo o mesmo. Como novidade, e con carácter inmediato, representantes da ANPA ofrecerán atención presencial no colexio tódolos martes de 16:00 a 18:00 horas, no espazo do comedor. 

Lembramos os datos de contacto da ANPA:

📧 Correo electrónico: anpamontevixia@gmail.com

📞 Teléfono: 604 049 984

👉 Recordade que as altas como socios e socias da ANPA fanse a través do seguinte formulario.

Por que é importante formar parte da ANPA?

Queremos lembrar que formar parte da ANPA vai moito máis alá de poder acceder a servizos como o comedor, madrugadores ou as actividades extraescolares.

A ANPA é a voz colectiva das familias dentro do centro educativo e o seu principal interlocutor co colexio e coas administracións. Cantas máis familias formemos parte del, máis forte e representativa será esa voz.

Ademais, todo o traballo da ANPA realízase de maneira voluntaria, altruísta e desinteresada, dedicando tempo persoal para mellorar a vida escolar dos nosos fillos e fillas e contribuír ao bo funcionamento do centro.

Participar na ANPA é, en definitiva, implicarse na educación, na convivencia e no benestar de toda a comunidade educativa.

xoves, 9 de outubro de 2025

xoves, 19 de xaneiro de 2023

INICIO PROCESO CAMBIO NOME ANPA

Este principio de ano queremos impulsar algún cambio na ANPA que estaba pendente e é importante xestionar como o cambio de NOME da ANPA, a renovación dos estatutos e o cambio de directiva (aproveitamos para comentar que é urxente e necesario contar con máis manos que axuden para que podan saír as cousas adiante). 


Para conseguir todo isto vamos precisar:


- Que participedes neste Formulario que vos adxuntamos para achegarnos propostas de novos nomes para o ANPA. Animádevos! E importante que participe o maior número de familias.


- Precisamos que as familias que estedes interesadas en apoiar e axudar na organización das tarefas da Anpa os poñades en contacto con nós!


- Próximamente convocaremos asamblea para poder votar sobre estes asuntos tan importantes: cambio de nome, cambio de estatutos, actualización da directiva! 


Comencemos polo máis sinxelo: PROPÓN UN NOVO NOME PARA A NOSA ANPA


https://forms.gle/CkQL3FeReric28Bv6

martes, 10 de agosto de 2021

ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIPCIÓN NO SERVIZO DE COMEDOR

 Servizos de comedor e madrugadores


Hoxe, 10 de agosto, ábrense os prazos de inscrición nos servizos de comedor e madrugadores poidéndose facer ata o 30 do mesmo mes.


Durante o resto do curso: as novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial poderanse realizar na web ata o día 26 do mes en curso e faranse efectivas unicamente a partir do día 1 do mes seguinte.

Os formularios cumprimentaranse a través da web:  https://jardanaycomedores.es/ . Tamén tedes o enlace na columna dereita do noso blogue.

  • Usuario: sanjurjo
  • Contrasinal: comedores2021
É necesario ser socio/a da ANPA para facer uso dos servizos de comedor e madrugadores.


As instrucións para formular a alta, os prezos dos servizos e outras explicacións de interese (funcionamento de Jardanay na casa, seguros, dietas e alerxias alimentarias), podédelas atopar nas fotografías que añadimos a continuación. Os menús, como o ano pasado, estarán dispoñibles trimestralmente no blog da ANPA.


No caso de quererdes facer algunha queixa, suxestión ou comentario sobre este servizo, pregámosvos que vos poñades en contacto con nós a través do correo electrónico da ANPA: anpaesanjurjo@gmail.com





Alta asociación 2021-2022


Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario asociarse, para o que debedes  encher este formulario . A cota é 20 € anuais por familia + 5 euros de seguro por cada neno/a.


O pagamento da cota farase a través do mesmo formulario indicando o número de conta bancaria. Dende a ANPA, ao longo do mes de outubro, realizaremos un cargo polo importe total, sen custos adicionais.


O seguro cubre calquera accidente que teña lugar durante as actividades extraescolares, obradoiros, festas, saídas etc, organizadas pola ANPA. Aquelas familias que recibiron unha bolsa de estudos no curso 2020/2021 estarán exentas do pago dos seguros, que correrán a cargo da ANPA.


O prazo de inscrición está aberto e  finaliza o 15 de setembro.


Se tedes dúbidas ou dificultades podedes contactar con nós a través do mail: anpaesanjurjo@gmail.com

martes, 4 de xuño de 2019

ROTEIRO O RÍO DOS DOUS NOMES. COIRÓS


O pasado 1 de Xuño, un grupo de 68 persoas socias da ANPA gozamos do roteiro familiar "O río dos dous nomes" no concello de Coirós.

Tivemos un día de moita calor pero iso non foi impedimento algún para cargar coas mochilas e emprender una fermosa ruta chea de molinos, fervenzas, e vexetación case salvaxe. A ruta permitiunos contemplar os tramos mais fermosos do rio Vexo.

Foi una ruta circular onde conectamos coa natureza e convivimos con outras familias do cole.

Queremos darlle as grazas a Jacobo e Cristina os nosos guías e a Isabel a conductora do autobús, por ser pezas importantes nesta xornada, e agradecervos a todas as familias a vosa participación que esperamos sexa a primeira de outras rutas xunt@s.

Deixamos algunhas mostras da actividade:













mércores, 8 de maio de 2019

PEQUERUTAS DO SANJURJO




O próximo 1 de Xuño, sábado, temos prevista unha actividade familiar para desfrutar da natureza. 

Poñemos en marcha a primeira Pequeruta do Sanjurjo para visitar Coirós e facer a ruta circular do Río dos dous nomes co obxectivo de pasar un día ao aire libre, compartir este espazo co resto das familias e aprender da natureza.

Sen dubida, é unha ruta fermosa, de auga e 9 molinos nun paisaxe case salvaxe. A ruta vai o carón do Río Vexo ou Fervenza como querades chamalo.

A ruta será guiada por persoal especializado e esta adaptarase as necesidades do grupo. Contaremos cun autobús para facer o desprazamento.

Cada neno ou nena ten que vir acompañado/a por un adulto responsable. Podedes invitar a algún familiar.

É moi importante levar roupa e calzado cómodo, así como unha muda, por si se necesita. Cada persoa levará a súa comida e auga.

Para participar tedes que rexistraros a través de este formulario, dende o luns 20 de maio as 10:00h, ata o domingo 26 de maio as 10:00h. Se cubrirá un formulario por unidade familiar de máximo 5 persoas.

Unha vez recibidas as inscricións se asignaran no caso de ser necesario as prazas por orde de inscrición e enviarase un mail de confirmación de prazas.






Animádevos a participar!!





DATOS DA PEQUERUTA
RUTA: RÍO DOS DOUS NOMES, COIRÓS, A CORUÑA
TRAXECTO: 3,5 km
IDADE: A PARTIR DOS 3 ANOS
DÍA: 1 XUÑO 2019
HORA DE SAIDA: 10.15
HORA DE CHEGADA: 17.30
PUNTO DE SAÍDA: COSTA DA DOMUS, ZONA DE AUTOBUSES
PREZO FAMILIA: SOCIAS GRATUÍTO, NON SOCIAS 8€
O pago efectuarase no horario habitual da ANPA)
Nº PRAZAS: 50


martes, 7 de maio de 2019

ENQUISA SATISFACCIÓN SERVIZOS ANPA

Mediante este sinxelo cuestionario queremos coñecer as opinións do alumnado e dos seus pais e nais sobre os servizos xestionados pola ANPA no curso escolar 2018/2019:

1. SERVIZO COMEDOR/MADRUGADORES
2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
3. XESTIÓN DA ANPA

Propoñemosvos que fagades a enquisa tendo en conta a valoración dos vosos fillos e fillas como usuarios/as directos/as dos servizos de madrugadores/comedor e actividades extraescolares.

A nosa intención e poder detectar aspectos de melloras e achegarnos as vosas expectativas.

Só vos levará 5 minutos.

Para acceder a enquisa preme aqui. Estará aberta desde hoxe 7 de maio e ata o 13 de maio ás 14h.

Grazas pola vosa colaboración

venres, 3 de maio de 2019

MOSTRA DA ACTIVIDADE DE DEBUXO NA XXIII MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS DA FEDERACION DE ANPAS

Xa esta aquí outro ano mais a mostra actividades culturais organizada pola Federacion de Anpas, este ano o noso centro participa coa actividade de debuxo, podedes visitar a exposición onde se exhiben as obras dos nosos pequenos artistas do 8 ao 11 de maio no vestíbulo do Forum Metropolitano




venres, 26 de abril de 2019

CACAS NON! CANS SI!

Esta tarde de 16 a 20h un grupo de mais de 50 persoas, participaron da acción reivindicativa baixo o lema CACAS NON! CANS SI, con esta acción de sensibilización a comunidade educativa do CEIP Sanjurjo de Carricarte do barrio de Monte Alto quixemos xerar conciencia cidadá da necesidade de recoller as excrecións caninas a prol dunha mellora da convivencia e unha contorna da escola limpa e segura para todos e todas nos.
Esta tarde tecimos na verxa do centro o lema CACAS NON!, plantamos mais dunha trintena de carteis nas cacas da pista contigua todo nun ambiente festivo e divertido. Cantamos, bailamos e coma sempre repoñemos forzas compartindo unha merendola.
Sentímonos orgullosos/as de educar ás nosas fillas e fillos no respecto e coidado dos espazos públicos, así coma na responsabilidade do coidado de animáis de compañía para unha boa convivencia vecinal.
Grazas a todas as familias que gozáchedes e compartichedes esta actividade.









Estamos nos medios:


Concello A Coruña. @concellocoruña


mércores, 3 de abril de 2019

OBRADOIRO ALIMENTOS INDUSTRIALIZADOS


O pasado 25 de Abril, Ana Amor, especialista en dietética impartió un obradorio sobre "Alimentos industrializados" axudounos a sentar as bases para xerar criterio a hora de escoller o que comemos. Falounos dos alimentos procesoados e os ultraprocesados, ensinounos a leer e a interpretar as etiquetas para comenzar canto antes a cambiar a lista da compra.

Moitas grazas Ana pola túa colaboración.

Lembrade que próximamente traballaremos sobre o azucre nos alimentos, esperámosvos!



martes, 19 de marzo de 2019

CHARLAS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O vindeiro luns 25 de Marzo poñemos en marcha tres charlas sobre alimentación saudable impartidas por Ana Amor dietista e nai do noso cole. Aquí deixámosvos o cartel cos temas a tratar nas distintas charlas e o horario e fecha da primeira "Alimentos industrializados", que son? que conteñen? por que debemos evitalos? mais un taller teórico práctico: aprendamos a leer etiquetas.



Moitas grazas Ana por compartir con todas/os nos os teus coñecementos. 
Animádevos a participar!
Lugar: aula de relixión

martes, 30 de outubro de 2018

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS DA ANPA EDUARDO SANJURJO


Con motivo das próximas eleccións ao consello escolar convocámosvos a todos/as o 6 de Novembro as 16:00h nunha asemblea xeral extraordinaria, para informar sobre o proceso das eleccións e renovación dos cargos. Esperamosvos a todos/as

mércores, 10 de outubro de 2018

XESTION DE ALTAS E BAIXAS ACTIVIDADES PROPIAS DA ANPA

Unha vez pasado o inicio do curso e a posta en marcha das actividades, (con mais dun contratempo polo que vos pedimos desculpas e dámosvos as grazas pola vosa paciencia e comprensión) querémosvos informar da nova forma para xestionar as altas e baixas das actividades propias do ANPA, que finalmente se ofertan este ano ( debuxo, ballet, baile moderno, tecnotrivial,  judo, inglés, robótica, teatro en familia e esgrima).

As altas e baixas das actividades xestionaranse a través de formularios que só permanecerán abertos do día 10 ao día 20 do mes anterior á baixa/alta. Unha vez finalizado ese prazo non recolleremos mais altas nin baixas ata o mes seguinte.

Se tedes algunha dúbida ou necesitades axuda cos formularios atenderémosvos no correo do ANPA anpaesanjurjo@gmail.com ou de forma presencial no horario habitual no noso local. 

Deixámosvos aquí as ligazóns aos formularios, tamén aparecerán de forma continua xunto os nosos datos de contacto na barra lateral do blogue e no taboleiro de información do cole

FORMULARIO ALTA ACTIVIDADES
FORMULARIO BAIXA ACTIVIDADES

Lembrámosvos que para poder acceder ás actividades é imprescindible ser socio do ANPA e que podedes facelo a través deste formulario FORMULARIO ALTA SOCIO ANPA 2018/19

xoves, 27 de setembro de 2018

INFORMACIÓN POLIZA DE ACCIDENTES FEDERACIÓN DE ANPAS

Tal e como comentamos na asemblea este curso imos contar cunha poliza de accidentes colectiva a través da Federación de ANPAS, con cobertura nas actividades extraescolares, saídas e excursións organizadas  pola propia anpa.
O custo é de 4'40€ para todo o curso escolar.
Para contratar dita poliza, tedes que remitir un mail, indicando o nome e apelidos da alumna/o e o método de pago elixido (ingreso en conta, indicando no concepto seguro e os datos do alumno/a, ou pago no local da anpa)

Informámosvos de que non e obligatorio facer esta póliza pero si e MOI RECOMENDABLE.

PINCHADE AQUÍ PARA VER O RESUMÉN DA POLIZA

domingo, 16 de setembro de 2018

Inscripción Actividades Extraescolares propias ANPA Eduardo Sanjurjo

Aquí deixámosvos a ligazón co formulario para apuntarse ás actividades propias do ANPA, o formulario estará activo os días 17, 18 e 19 de setembro.

MOI IMPORTANTE!!
No caso de querer dar de baixa a algunha persoa debe facerse através do mail anpaesanjurjo@gmail.com como data límite o 20 do mes anterior á baixa.
Para solicitar a alta nalgunha actividade unha vez iniciadas e sempre e cando queden prazas libres dispoñibles, deberá facerse a través deste formulario como limite o día 20 do mes anterior a alta.


venres, 14 de setembro de 2018

ALTA SOCIO/A DO ANPA EDUARDO SANJURJO


Para participar nas actividades propias da ANPA é necesario estar asociado/a, a cuota son 20 euros anuais por familia.

PARA SOLICITAR A ALTA TEDES QUE FACELO CUBRINDO ESTE FORMULARIO
se tedes dúbidas ou 
dificultades podedes contactar con nós a través do mail anpaesanjurjo@gmail.com ou no horario de atención presencial no local.

O pagamento da cuota farase a través do formulario indicando a conta bancaria e desde a ANPA realizaremos o xiro sen coste adicional para as familias. 

No caso de que esta opción non sexa a adecuada para vos,  poderes facer:

Ingreso ou trasferencia remitindo xustificante o noso correo anpaesanjurjo@gmail.com e cumplimentar o formulario online, o chegar o apartado do numero de conta escribide “TRASFEENCIA BANCARIA”
Nº de conta: IBAN ES28 2080 0039 1130 0001 3175

Pago en efectivo no local do anpa en horario de atención (luns de 16:00 a 17:30 e venres de 9:00 a 9:30) e cumplimentar o formulario online, o chegar o apartado do numero de conta escribide “PAGO EN EFECTIVO”

mércores, 12 de setembro de 2018

QUE É POE? Programa de Ocio Educativo


O Programa de Ocio Educativo é unha proposta de Animación Sociocultural dirixida aos escolares de Educación Infantil e 1.º, 2.º, 3.º e 4.º curso de Educación Primaria, que se desenvolve nos diferentes Centros Públicos da cidade, tomando o xogo como principal ferramenta de intervención educativa

OBXECTIVOS XERAIS DO PROGRAMA
  • Facilitar a conciliación da vida familiar, social e laboral.
  • Proporcionar momentos de encontro que favorezan a socialización.
  • Promover aquelas actitudes, valores e normas desexables.
  • Espertar intereses e xerar o gusto (afección) polas diferentes áreas que compoñen os módulos.
  • Adquirir coñecementos e competencias básicas para a formación integral do neno ou nena. 
  • Utilizar o xogo como principal ferramenta metodolóxica. “Aprender xogando”.
O horario do programa é de 16:00 a 18:00 h. Cada día desenvólvese un módulo diferente

LUNS DE 16 A 18H EUREKA (EDUCACIÓN INFANTIL +1º PRIMARÍA)
MARTES DE 16 A 18H EUREKA (2º/4º PRIMARÍA)
MÉRCORES DE 16 A 18H  FEITO A MÁN (EDUCACION INFANTIL + 1º PRIMÁRIA)
XOVES DE 16 A 18H  FEITO A MÁN (2º/4º PRIMÁRIA)

A ratio mínima para formar grupos será de 12 participantes

EUREKA
Con este módulo preténdese achegar aos nenos e nenas ás nosas raíces, a través tradición popular e cultural galega, dende dúas perspectivas. Por un lado abordando aspectos que forman parte da nosa memoria colectiva  coma os mitos, as lendas, os ritos, contos e aventuras que resisten ó esquecemento e que forman parte da tradicón oral e por outro, a parte máis histórica e cultural recollida coma tradición escrita, personaxes ilustres, cantigas, bailes, poemas, etc. Todo ísto envolto nas diferentes actividades, que con un marcado carácter lúdico, tamén farán descubrir aos nenos e nenas o folclore galego. 

FEITO A MAN
 O obxectivo xeral deste módulo é espertar a sensibilidade polo mundo artístico. A través das diferentes manifestacións artísticas, os nenos e nenas desenvolverán e potenciarán as súas posibilidades expresivas e creativas, representando, expresando e mostrando ideas, habilidades, emocións, etc. A experimentación con distintos elementos e técnicas diferentes, permitirán desenvolver aínda máis, se cabe, a propia creatividade do neno e nena, aprendendo ao mesmo tempo, a valorar non só a súa propia creación senón tamén as dos seus compañeiros. 

VISITAS A ENTIDADES
Ademais dos diferentes módulos ou obradoiros que se ofertan dentro do Programa de Ocio Educativo, realízanse unha serie de visitas a diferentes equipamentos científico-culturais da cidade, con intención de achegar aos escolares a espazos de referencia nos que complementar, a través de novas propostas lúdico-didácticas, as diferentes áreas que se enmarcan dentro do programa. Estas visitas realizaranse dentro do horario habitual da actividade (de 16:00 a 18:00 h.) e poderán participar todos os nenos e nenas inscritos no programa e módulo correspondente.