Amosando publicacións coa etiqueta actividades en familia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades en familia. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de febreiro de 2026

Festa de Entroido no Torre de Hércules: disfrázate e participa no noso concurso. Hai premios!

A ANPA Monte Vixía convida a todas as familias a celebrar o Entroido cunha tarde chea de diversión, xogos e música, que culminará cun Concurso de Disfraces con premios. Unha festa pensada para gozar xuntos, deixar voar a imaxinación e encher o cole de cor e sorrisos.


📍 Onde: CEIP Torre de Hércules
📅 Cando: venres, 13 de febreiro
⏰ Horario: de 16:00 a 18:30 horas

Actividades para gozar sen parar

Durante a tarde, os nenos e nenas poderán participar en diferentes actividades pensadas para divertirse ao máximo:

🎨 Obradoiro de maquillaxe e chapas
⚽ Xogos deportivos e paracaídas
🎶 Música e bailes para non parar de moverse

E, como non podía ser doutro xeito…

Concurso de disfraces

O momento estrela da festa será o noso Concurso de Disfraces, no que repartiremos 3 premios moi especiais:

🏆 Mellor grupo

Premio: tarxeta regalo para entradas de cine

🏆 Disfraz máis orixinal

Premio: camiseta do Deportivo

🏆 Disfraz máis simpático

Premio: un cono de chuches

Así que xa sabes… vén disfrazado/a e con ganas de pasalo ben 🥳
Non importa se é un disfrace elaborado ou algo improvisado: o importante é participar e desfrutar.

Merendola compartida

Animámosvos tamén a traer un doce típico de Entroido para compartir na merenda entre todos os nenos e nenas. Entre todos faremos unha merendola máis rica e especial.

Agardamos vervos a todas as familias para celebrar xuntos unha tarde inesquecible de Entroido. Porque xuntos facemos ANPA… e xuntos celebramos mellor!

xoves, 1 de decembro de 2022

Unha fermosa festa de outono en igualdade





Por fin voltamos as familias a disfrutar do espazo do centro. Este pasado mércores 30 de novembro tivo lugar a Festa de fin do proxecto de Igualdade vinculado a "O Noso Patio". Un proxecto desenvolto a través dunhas axudas da Xunta e o Goberno Central (SI449B Axudas dirixidas ás asociaciones de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero), que desenvolveu a Cooperativa Miudiño durante máis dun mes no centro, con varias sesión co alumnado e con familias e profesorado, que buscou alternativas para termos un patio máis igualitario, un espazo dinámico e máis igualitario.

A festa comezou cun obradoiro impartido pola Cooperativa, no que a rapazada puido practicar, sen cancelas, a arte da bricolaxe e a carpintería, facendo formas con patacas, paus, puntas...


De contado, e xa con castañas quentiñas do castañeiro, tortas e biscoitos traídas pola familia... resoaron as gaitas dos amig@s de Son D'Aquí, que fixeron as delicias das crianzas. 

Paralelamente, Leticia, do colectivo Sistema Lupo, deu para familia e profesorado, unha pequena charla de posibles intervencións arquitectónicas en centros de ensino. Un bo xeito de comprobar que outros patios son posibles, son reais.


Ademais, a horta estivo activa e vari@s cativ@s estiveron fouzando na terra, que está preparada para unha nova plantación invernal.




xoves, 2 de setembro de 2021

Grazas familias por coidar da nosa horta!

 Queremos agradecer a todas as familias implicadas na horta da nosa escola o coidado que fixeron dela durante todo o verán. E é que as vacacións de verán sempre son un risco para os espazos verdes do CEIP que quedan ao cargo exclusivamente das familias, pero nós temos a sorte de ter xente moi implicada que se organizou para manter todos os espazos verdes e a horta da nosa escola.

O proxecto da horta segue vivo grazas a máis de dez familias que colaboraron, achegándose por quendas durante dous días á semana, e facendo labores de regado da horta e das xardineiras, da limpeza de malas herbas e o coidado das verduras e hortalizas.

Deixamos algunhas fotos para que podades apreciar o gran traballo que se fixo durante os meses de xullo e agosto:







Esperemos que esto sirva para que o proxecto da horta continúe vivo e sirva como recurso educativo a todas as aulas do CEIP, as familias colaboradoras e todas aquelas novas que se queiran unir, só teñen que enviarnos un mail a: anpaesanjurjo@gmail.com

martes, 4 de maio de 2021

A comunidade escolar vólcase ca horta

 


A horta do #ONosoPatio está máis viva que nunca. Despois da posta a punto gracias á colaboración da Fundación Paideia e Trébore Xardinería (con rego automático e todo) a comunidade escolar ao completo (tanto pais e nais, como alumnado e profesorado) están volcados co proxecto.

As familias participaron varias tardes na preparación (sachando e quitando herbas) do terreo, e na creación dun plan de plantación. Tamén realizaron unha xornada de plantación, e acoden semanalmente a regar as xardineiras da entrada e da zona de infantil, que non teñen rego automático.

A mellor parte do proxecto é a implicación de 6 mestras do centro, que, coa axuda dalgunha familia, están levando ás súas aulas a ver de preto como se plantan as hortalizas que comemos. Ao longo destes meses que quedan de cursos poderán aprender como se coidan e ver como medran.


As familias estanse organizando a través dun grupo de whastapp, no que podedes entrar solicitándoo enviando un correo a anpaesanjurjo@gmail.com.

 



mércores, 7 de abril de 2021

Que ben se ven as zonas verdes da escola!



Grazas a un convenio coa Fundación Paideia  o Taller Trébore Xardinería, unha empresa de economía social, estivo traballando os primeiros días de semana santa en renovar todas as zonas verdes do colexio.

Son moitas as cousas  que fixeron,  e é que ademais de renovar toda a terra e preparala para poder conseguir as mellores condicións para as plantas, adecentaron todas as xardiñeiras da zona da entrada e de infantil, onde podemos ver metrosideros nos ocos que antes estaban baleiros, e trepadoras que tentarán tapar e embelecer o peche do noso centro a medida que vaian medrando.

E non nos podemos esquecer da horta, a estrela deste proxecto onde se instalou o rego automático e se fixo un traballo importante para a renovación da terra. Unha das parcelas se reservou para plantas aromáticas: ourego, romero, albahaca... e outra queda a punto para que o alumnado, pais, nais e profesorado nos enfundemos o traxe e nos poñamos a cultivar.

Espero que esto sexa unha boa nova para todos/as nós e nos motive para participar en manter todo isto e que o proxecto da horta non pare de medrar.



QUEREDES COLABORAR?


De momento, imos precisar colaboración no rego de todas as zonas, e intentar turnarnos para que non queden moito tempo sen auga. Así que aproiveitamos para informarvos, para quen non o saiba,  que existe dun grupo de whatsapp de nais e pais interesados/as en coidar a horta que está desexando ter novas incorporacións que axuden a que este proxecto se manteña e medre, así que todas as persoas interesadas podedes enviarnos un mail a anpaesanjurjo@gmail.com

Animádevos!, esto é un brote de esperanza dentro deste ano tan difícil.




venres, 7 de xuño de 2019

FESTA FIN DE CURSO

Xa está aquí o fin de curso e querémolo celebrar con todos/as vós na xa clásica festa de fin de curso, esperámosvos a tarde do venres 21 de xuño. Agradecemos a colaboración das familias tanto na organización da festa como achegando algo de comida para a merenda. Vémonos na festa!


martes, 4 de xuño de 2019

ROTEIRO O RÍO DOS DOUS NOMES. COIRÓS


O pasado 1 de Xuño, un grupo de 68 persoas socias da ANPA gozamos do roteiro familiar "O río dos dous nomes" no concello de Coirós.

Tivemos un día de moita calor pero iso non foi impedimento algún para cargar coas mochilas e emprender una fermosa ruta chea de molinos, fervenzas, e vexetación case salvaxe. A ruta permitiunos contemplar os tramos mais fermosos do rio Vexo.

Foi una ruta circular onde conectamos coa natureza e convivimos con outras familias do cole.

Queremos darlle as grazas a Jacobo e Cristina os nosos guías e a Isabel a conductora do autobús, por ser pezas importantes nesta xornada, e agradecervos a todas as familias a vosa participación que esperamos sexa a primeira de outras rutas xunt@s.

Deixamos algunhas mostras da actividade:













mércores, 8 de maio de 2019

PEQUERUTAS DO SANJURJO




O próximo 1 de Xuño, sábado, temos prevista unha actividade familiar para desfrutar da natureza. 

Poñemos en marcha a primeira Pequeruta do Sanjurjo para visitar Coirós e facer a ruta circular do Río dos dous nomes co obxectivo de pasar un día ao aire libre, compartir este espazo co resto das familias e aprender da natureza.

Sen dubida, é unha ruta fermosa, de auga e 9 molinos nun paisaxe case salvaxe. A ruta vai o carón do Río Vexo ou Fervenza como querades chamalo.

A ruta será guiada por persoal especializado e esta adaptarase as necesidades do grupo. Contaremos cun autobús para facer o desprazamento.

Cada neno ou nena ten que vir acompañado/a por un adulto responsable. Podedes invitar a algún familiar.

É moi importante levar roupa e calzado cómodo, así como unha muda, por si se necesita. Cada persoa levará a súa comida e auga.

Para participar tedes que rexistraros a través de este formulario, dende o luns 20 de maio as 10:00h, ata o domingo 26 de maio as 10:00h. Se cubrirá un formulario por unidade familiar de máximo 5 persoas.

Unha vez recibidas as inscricións se asignaran no caso de ser necesario as prazas por orde de inscrición e enviarase un mail de confirmación de prazas.






Animádevos a participar!!





DATOS DA PEQUERUTA
RUTA: RÍO DOS DOUS NOMES, COIRÓS, A CORUÑA
TRAXECTO: 3,5 km
IDADE: A PARTIR DOS 3 ANOS
DÍA: 1 XUÑO 2019
HORA DE SAIDA: 10.15
HORA DE CHEGADA: 17.30
PUNTO DE SAÍDA: COSTA DA DOMUS, ZONA DE AUTOBUSES
PREZO FAMILIA: SOCIAS GRATUÍTO, NON SOCIAS 8€
O pago efectuarase no horario habitual da ANPA)
Nº PRAZAS: 50