Amosando publicacións coa etiqueta festas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festas. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de febreiro de 2026

Festa de Entroido no Torre de Hércules: disfrázate e participa no noso concurso. Hai premios!

A ANPA Monte Vixía convida a todas as familias a celebrar o Entroido cunha tarde chea de diversión, xogos e música, que culminará cun Concurso de Disfraces con premios. Unha festa pensada para gozar xuntos, deixar voar a imaxinación e encher o cole de cor e sorrisos.


📍 Onde: CEIP Torre de Hércules
📅 Cando: venres, 13 de febreiro
⏰ Horario: de 16:00 a 18:30 horas

Actividades para gozar sen parar

Durante a tarde, os nenos e nenas poderán participar en diferentes actividades pensadas para divertirse ao máximo:

🎨 Obradoiro de maquillaxe e chapas
⚽ Xogos deportivos e paracaídas
🎶 Música e bailes para non parar de moverse

E, como non podía ser doutro xeito…

Concurso de disfraces

O momento estrela da festa será o noso Concurso de Disfraces, no que repartiremos 3 premios moi especiais:

🏆 Mellor grupo

Premio: tarxeta regalo para entradas de cine

🏆 Disfraz máis orixinal

Premio: camiseta do Deportivo

🏆 Disfraz máis simpático

Premio: un cono de chuches

Así que xa sabes… vén disfrazado/a e con ganas de pasalo ben 🥳
Non importa se é un disfrace elaborado ou algo improvisado: o importante é participar e desfrutar.

Merendola compartida

Animámosvos tamén a traer un doce típico de Entroido para compartir na merenda entre todos os nenos e nenas. Entre todos faremos unha merendola máis rica e especial.

Agardamos vervos a todas as familias para celebrar xuntos unha tarde inesquecible de Entroido. Porque xuntos facemos ANPA… e xuntos celebramos mellor!

xoves, 1 de decembro de 2022

Unha fermosa festa de outono en igualdade





Por fin voltamos as familias a disfrutar do espazo do centro. Este pasado mércores 30 de novembro tivo lugar a Festa de fin do proxecto de Igualdade vinculado a "O Noso Patio". Un proxecto desenvolto a través dunhas axudas da Xunta e o Goberno Central (SI449B Axudas dirixidas ás asociaciones de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero), que desenvolveu a Cooperativa Miudiño durante máis dun mes no centro, con varias sesión co alumnado e con familias e profesorado, que buscou alternativas para termos un patio máis igualitario, un espazo dinámico e máis igualitario.

A festa comezou cun obradoiro impartido pola Cooperativa, no que a rapazada puido practicar, sen cancelas, a arte da bricolaxe e a carpintería, facendo formas con patacas, paus, puntas...


De contado, e xa con castañas quentiñas do castañeiro, tortas e biscoitos traídas pola familia... resoaron as gaitas dos amig@s de Son D'Aquí, que fixeron as delicias das crianzas. 

Paralelamente, Leticia, do colectivo Sistema Lupo, deu para familia e profesorado, unha pequena charla de posibles intervencións arquitectónicas en centros de ensino. Un bo xeito de comprobar que outros patios son posibles, son reais.


Ademais, a horta estivo activa e vari@s cativ@s estiveron fouzando na terra, que está preparada para unha nova plantación invernal.




luns, 20 de xuño de 2022

Aprazada a Festa de Fin de Curso da ANPA

 


Por mor do mal tempo, toca adiar a celebración que dende a ANPA tiñamos programada para este final de curso. Esta queda para setembro! 

venres, 7 de xuño de 2019

FESTA FIN DE CURSO

Xa está aquí o fin de curso e querémolo celebrar con todos/as vós na xa clásica festa de fin de curso, esperámosvos a tarde do venres 21 de xuño. Agradecemos a colaboración das familias tanto na organización da festa como achegando algo de comida para a merenda. Vémonos na festa!


luns, 3 de xuño de 2019

Menú Xuño



Achegamos o menú de xuño, o mércores 19 os rapaces e rapazas do comedor desfrutarán dunha festa picnic na zona de herba do patio (sempre que o tempo o permita).


Bolsa Picnic- Excursión fin de curso

Recordamos ás familias que Viva pon a disposición, só aos usuarios/as fixos do comedor,  que o precisen una "bolsa picnic" (bocadillo de peituga de polo, froita e auga) para levar a excursión de fin de curso o luns 17 de xuño
As familias interesadas terán que comunicarllo o ANPA cubrindo este formulario ata o xoves 13 de xuño