lunes, 1 de marzo de 2021

Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2021/22

Dende hoxe, 1 de marzo de 2021 e ata o día 22 deste mesmo mes está aberto o prazo para presentar solicitudes para admisión do alumnado para o vindeiro curso 2021/22. 

Debido á crise da COVID-19, este ano as Xornadas de Portas Abertas non poderán ser presenciais, pero dende a Dirección do centro fixeron este vídeo das instalacións do cole para poder compartir e visualizar cantas veces se queira: 


Como sabedes, o CEIP Sanjurjo de Carricarte é un centro pequeno e familiar, e dende a ANPA defendemos o ensino público de calidade e temos a convicción de que toda a comunidade educativa suma. Estes son os servizos que ofertamos dende a ANPA, sobre os que atoparedes máis información navegando por este blogue: 

  • Servizo de comedor e madrugadores: Madrugadores desde as 07:30 ata a entrada ao cole e Comedor desde a saída do cole ata as 15:30 ou 16:00 con opción de continuar nas actividades extraescolares
  • Actividades extraescolares: sempre tentamos dar cobertura dende as 16:00 ata as 18:00 horas para facilitar a conciliación daquelas familias que o precisen. 
  • Oferta de actividades de conciliación en períodos non lectivos a través das acción programadas desde a Federación de ANPAS, ben con sede no noso cole ou nos centros públicos cercanos. 
  • Banco de libros entre familias: é un fondo voluntario, para persoas que non poden, polos criterios existentes, solicitar a axuda de libros da Xunta de Galicia. O banco realízase de 3º a 6º de primaria (xa que son os cursos onde xa non se escribe nos libros). NON ENTRAN OS LIBROS DE EXERCICIOS (por. ex. en inglés sempre hai un libro de texto e outro de exercicios só entra o de texto). 
  • Proxecto O Noso Patio:  Proceso participativo para a mellora do patio do CEIP Sanjurjo de Carricarte e o seu entorno 
  • A horta do Sanjurjo 
  • Proxectos deseñados a cargo de diferentes subvencións das Administraciónd Públicas: O Sanjurjo con lentes violetas, Ecocarricarte... 

Tentamos tamén establecer todas aquelas accións que favorezan a colaboración con asociacións, entidades e persoas do barrio de cara a dinamizar o mesmo e tecer redes de participación: AA.VV Atochas, Monte Alto Torre de Hércules, Biblioteca Pública de Monte Alto... 

Toda a información sobre o CEIP Sanjurjo de Carricarte, as instalacións, actividades e recursos está recollida na páxina web do Centro, e pode consultarse aquí

Para o vindeiro curso están dispoñibles as seguintes prazas 

Curso Educación Infantil

Cursos de Educación Primaria

Postos dispoñibles

Neae (1)

Postos dispoñibles

Neae (1)

3 anos     22

4 anos     6

5 anos     0

3

0

0

Primeiro     0

Segundo     0

Terceiro      0

Cuarto         0

Quinto         2

Sexto           0

0

(1)   

Postos escolares a disposición da comisión de escolarización de alumnado neae (art.3 da Orde do 12 de marzo de 2013)


O formulario a entregar é o ED550B, que se pode recoller na Secretaría do cole ou descargalo a través da páxina virtual da mesma e ten que ser presentado entre os días 1 e 22 de marzo. Antes do 26 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidas e non admitidas, con 5 días hábiles para presentar reclamacións e antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva de admitidas e non admitidas
A matrícula formalizarase entre os dias 20 e 30 de xuño de 2021, na Secretaría do noso cole.