martes, 19 de marzo de 2019

CHARLAS ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O vindeiro luns 25 de Marzo poñemos en marcha tres charlas sobre alimentación saudable impartidas por Ana Amor dietista e nai do noso cole. Aquí deixámosvos o cartel cos temas a tratar nas distintas charlas e o horario e fecha da primeira "Alimentos industrializados", que son? que conteñen? por que debemos evitalos? mais un taller teórico práctico: aprendamos a leer etiquetas.



Moitas grazas Ana por compartir con todas/os nos os teus coñecementos. 
Animádevos a participar!
Lugar: aula de relixión

viernes, 15 de marzo de 2019

INVASIÓN NOCTURNA




O pasado10 de marzo, tivemos unha invasión nocturna no centro, un grupo de persoas desfrutaron das instalación do CEIP Sanjurjo de Carricarte para reunirse e divertirse. Ata ahí todo vai ben. Pero non respectaron os espazos deixando todo sucio, con restos de cristais e cabichas, destrozaron o espantallo Hércules entre outras accións.




Desde a ANPA queremos reiterar a nosa denuncia ante as persoas incívicas que no coidan e respectan os espazos, por iso informamos ao centro, o concello, os medios de comunicación, asociación veciños/as, e a sociedade da situación.
Púxemonos en contacto coas persoas educadoras de rúa do barrio e pedímoslle unha reunión.

“O noso patio” é un proxecto transversal do centro que procura entre outros moitos obxectivos cambiar a configuración do patio e os seus usos, como espazo de oportunidades educativas, fomentando actividades diversas, lúdicas e variadas que fomenten a igualdade de xénero e a integración social, transformando estes espazos a través dun proceso participativo continuo e sostible, traballar conxuntamente, incidindo en valores de integración, tolerancia, diálogo, esforzo e ilusión, mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de responsabilidade ao alumnado e reducir o vandalismo na contorna abrindo os espazos a desfrute da comunidade. E é aquí onde consideramos que está unha das claves.

Deixámosvos o enlace a noticia na TVG (minuto 24.16)



E os enlaces da prensa


Despois do acontecido na escola ao inicio desta semana a Comunidade Escolar do Ceip Sanjurjo de Carricarte púxose mans á obra na loita por conservar os espazos en condicións adecuadas.

Como de todo pódese sacar unha ensinanza e non é posible deixar pasar a oportunidade de aprender que cando ven unha inxustiza hai que loitar contra ela. Decidiuse intervir unha vez máis nas zonas verdes do patio.

Recollemos, reconstruímos a Hércules, o espantallo, plantamos garzas a colaboracións de Jorje, coa axuda voluntaria de Nuria Eguren replantaron a cabana de vimbios e fixeron grupo.

Así é como o Sanjurjo loita contra o vandalismo, educando no coidado e respecto polos espazos públicos.










martes, 12 de marzo de 2019

RESUMO CONSELLO ESCOLAR 11/ 03/2019

No Consello escolar celebrado no día 11 de marzo de 2019 tomáronse os seguintes acordos e trasladáronse diferentes información de interese para a comunidade educativa. Tras a reunión celebrebrouse a xuntanza da Comisión de Convivencia.

Acordos:

·  Solicitadas varias prazas para o Programa educativo municipal POTÉNCIATE de reforzo
educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2018/2019, que se desenvolverá en diferentes centros cívicos municipais.

·  Acordo para a solicitude de apertura do patio ao barrio nas tardes dos venres a partir
das 18:00, sábados, domingos e festivos nos períodos escolares e durante os períodos
vacacionais.

·  Acordo para trasladar o mural que está colocado no edificio do ANPA para o salón de
actos.

Informacións varias:

· O Noso Patio: Nova xornada de plantación e arranxo da cabana natural. O xoves 14 de
marzo o alumnado e profesorado participará nunha nova xornada de plantación das xardineiras e de arranxo e mantemento da cabana natural, para isto na tarde do
mércores aquelas familias ás que lles apeteza participar poderán achegarse ao cole
para preparar os bimbios e deixar o material listo para poder ser manipulado polo
alumnado. Hoxe mesmo o centro enviará un circular informativa.

·  O Noso Patio: De cara ao terceiro trimestre do curso realizarase unha nova acción de pintura do muro e de diferentes xogos no patio.

·  Leite e froita: no mes de abril continuarase co reparto de leite e no mes de maio farase
reparto de froita.

·  Está previsto realizar un obradoiro de primeiros auxilios para o alumnado de cara ao mes de maio. Grazas á colaboración desinteresada dun pai do centro, que será o encargado de levalo a cabo.

·  20 de maio é o día non lectivo elixido polo centro.

jueves, 7 de marzo de 2019

COMEZO DE NOVO GRUPO DE ESGRIMA INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Finalmente o novo grupo de esgrima para infantil e 1º de primaria sae adiante, a clase será os luns de 5 a 6 e impartirase no salón de actos. O custo da actividade e de 12€ ao mes, lembrámosvos que dende este ano os pagos das actividades fanse directamente ao monitor/a. Os alumnos e alumnas inscritos empezan a actividade o vindeiro luns 11 de marzo.

FALADOIRO INFORMATIVO, MUSICOTERAPIA PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECIFICAS

Esta información chega do CEE Nosa Señora do Rosario, por se é do voso interese.

RECORDATORIO FOLGA 8 DE MARZO

LEMBRÁMOSVOS QUE DADO QUE NO DÍA DE MAÑÁN 8 DE MARZO DIA INTERNACIONAL DA MULLER ESTÁ CONVOCADA UNHA FOLGA, NON PODEMOS GARANTIR A COBERTURA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES POR PARTE DO MONITORADO QUE EXERZA O SEU DEREITO.