O pasado10 de
marzo, tivemos unha invasión nocturna no centro, un grupo de persoas desfrutaron das instalación do CEIP Sanjurjo de Carricarte para
reunirse e divertirse. Ata ahí todo vai ben. Pero non respectaron os espazos
deixando todo sucio, con restos de cristais e cabichas, destrozaron o
espantallo Hércules entre outras accións.
Desde a ANPA
queremos reiterar a nosa denuncia ante as persoas incívicas que no coidan e
respectan os espazos, por iso informamos ao centro, o concello, os medios de comunicación, asociación veciños/as, e a sociedade da
situación.
Púxemonos en contacto coas persoas educadoras de rúa do barrio e pedímoslle unha reunión.
Púxemonos en contacto coas persoas educadoras de rúa do barrio e pedímoslle unha reunión.
“O noso patio” é
un proxecto transversal do centro que procura entre outros moitos obxectivos cambiar
a configuración do patio e os seus usos, como espazo de oportunidades
educativas, fomentando actividades diversas, lúdicas e variadas que fomenten a
igualdade de xénero e a integración social, transformando estes espazos a
través dun proceso participativo continuo e sostible, traballar
conxuntamente, incidindo en valores de integración, tolerancia, diálogo, esforzo
e ilusión, mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de
responsabilidade ao alumnado e reducir o vandalismo na contorna abrindo os
espazos a desfrute da comunidade. E é aquí onde consideramos que está unha das
claves.
Deixámosvos o
enlace a noticia na TVG (minuto 24.16)
E os enlaces da
prensa
Despois do acontecido na escola ao inicio desta semana a
Comunidade Escolar do Ceip Sanjurjo de Carricarte púxose mans á obra na loita
por conservar os espazos en condicións adecuadas.
Como de todo pódese sacar unha ensinanza e non é posible
deixar pasar a oportunidade de aprender que cando ven unha inxustiza hai que
loitar contra ela. Decidiuse intervir unha vez máis nas zonas verdes do patio.
Recollemos, reconstruímos a Hércules, o espantallo,
plantamos garzas a colaboracións de Jorje, coa axuda voluntaria de Nuria Eguren replantaron a cabana de vimbios
e fixeron grupo.
Así é como o Sanjurjo loita contra o vandalismo, educando
no coidado e respecto polos espazos públicos.