martes, 12 de marzo de 2019

RESUMO CONSELLO ESCOLAR 11/ 03/2019

No Consello escolar celebrado no día 11 de marzo de 2019 tomáronse os seguintes acordos e trasladáronse diferentes información de interese para a comunidade educativa. Tras a reunión celebrebrouse a xuntanza da Comisión de Convivencia.

Acordos:

·  Solicitadas varias prazas para o Programa educativo municipal POTÉNCIATE de reforzo
educativo para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2018/2019, que se desenvolverá en diferentes centros cívicos municipais.

·  Acordo para a solicitude de apertura do patio ao barrio nas tardes dos venres a partir
das 18:00, sábados, domingos e festivos nos períodos escolares e durante os períodos
vacacionais.

·  Acordo para trasladar o mural que está colocado no edificio do ANPA para o salón de
actos.

Informacións varias:

· O Noso Patio: Nova xornada de plantación e arranxo da cabana natural. O xoves 14 de
marzo o alumnado e profesorado participará nunha nova xornada de plantación das xardineiras e de arranxo e mantemento da cabana natural, para isto na tarde do
mércores aquelas familias ás que lles apeteza participar poderán achegarse ao cole
para preparar os bimbios e deixar o material listo para poder ser manipulado polo
alumnado. Hoxe mesmo o centro enviará un circular informativa.

·  O Noso Patio: De cara ao terceiro trimestre do curso realizarase unha nova acción de pintura do muro e de diferentes xogos no patio.

·  Leite e froita: no mes de abril continuarase co reparto de leite e no mes de maio farase
reparto de froita.

·  Está previsto realizar un obradoiro de primeiros auxilios para o alumnado de cara ao mes de maio. Grazas á colaboración desinteresada dun pai do centro, que será o encargado de levalo a cabo.

·  20 de maio é o día non lectivo elixido polo centro.