viernes, 24 de mayo de 2019

Probas de reválida

Achegamos comunicado da Federación e CONFAPA-GALICIA en relación coas probas de evaluación dos vindeiros días 28 e 29 de maio , e modelo de xustificante da ausencia do alumnado para entregar ás familias que decidan non enviar aos seus fillos a someterse as devanditas probas.

martes, 21 de mayo de 2019

Aberto o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar curso 2019-2020

Desde hoxe martes 21 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20. ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Tipos de axudas: Segundo o curso no que vaia a participar o alumnado poderáse solicitar unhas axudas ou outras
  • Axudas para a compra de libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial
  • Préstamo de libros: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO
  • Axudas para material escolar: Primaria, ESO e Educación Especial
Prazo de solicitude: desde o 21 de maio ata o 20 de xuño

Documentación a presentar e lugar: 
    • Copia do DNI ou NIE dos membros computables na unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

    • Copia do libro de familia onde figuren todas as persoas computables da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, a día 31 de dicembro de 2017, non coincide coa reflexada no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de persoas da unidade familiar, tales como: 
                    Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste la custodia do alumnado.
                        Certificado ou volante de convivencia.
                       Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
    • Declaración da Renda do ano 2017, cando non autoricen a consulta telemática.

    • No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % de algunha persoa da unidade familiar, documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de dicembro de 2017.

    • No caso de situación de violencia de xénero: documentación acreditativa.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

jueves, 16 de mayo de 2019

XV XORNADAS EDUCACIÓN EN IGUALDADE. A Coruña - 31/05/2019


Dende a Subdirección de Promoción da Igualdade vanse celebrar unhas xornadas de nais e pais que levan por título “Educar en igualdade: Coeducación e prevención da violencia de xénero desde as familias. Estas xornadas realizarase na cidade da Coruña o día 31 de maio ás 17h na Delegación Territorial da Xunta de Galicia (praza de Luis Seoane, s/n).

Xúntovos o enlace da páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade na que está a documentación das xornadas.


Durante a xornada funcionará un servizo de atención a menores (de 12 meses a 10 anos) baixo petición ao correo electrónico xornadas.igualdade@xunta.gal.

Xa que a capacidade é limitada, a admisión será por rigorosa orde de inscrición. As inscricións deben remitirse tamén ao enderezo xornadas.igualdade@xuntagal ata o día 29 de maio.

Se tedes algunha dúbida podedes tamén chamar aos teléfonos 981 545 360 e 981 545 312.

 

 

miércoles, 15 de mayo de 2019

CAMPACOLE VERÁN 2019

A Federación, pon a nosa disposición a oferta de programas que nos axuden a conciliar

Lembrade que temos aberto o prazo ata o 16 de maio para o programa CÓXEGAS.

 CÓXEGAS (do 3 ao 21 de xuño) Este programa de conciliación desenvolverase os días lectivos do mes de xuño. Isto é, de luns a venres en horario de 16​:00​ a 18​:00 horas dende o luns 3 de xuño ata o venres 21 de xuño.

Prazo de inscrición: ate o 16 de maio.

Custo do programa: 15 € / participante.

 
A Federación abre o prazo do 21 ao 24 de maio para a inscrición no programa CAMPACOLE. Este ano seremos sede.
 
CAMPACOLES (do 2​5 ​de ​xuño ao 26 de xullo) Programa que baixo o formato de campamento urbano, ofrece a posibilidade de manter cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores​ (con ou sen almorzo)​ e comedor.

Este programa estival de recreación desenvolverase de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o martes​ 2​5​ de xuño ata o venres 26 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes.

Prazo de inscrición: do 20  ao 24 de maio.

QUENDAS E COTAS:

Quenda 1: Do 2​5​ ao 28 de xuño. De 10:00 a 14:00h. 15€

Quenda 2: Do ​1 ao 5 de xullo. De 10:00 a 14:00h. 15 €

Quenda 3: Do 8 ao 12 de xullo . De 10:00 a 14:00h. 15 €

Quenda 4: do 15 ao 19 de xullo. De 10:00 a 14:00 h. 15 €.

Quenda 5: do 22 ao 26 de xullo. De 10:00 a 14:00 h. 15 €.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
 

Madrugadores: de 8:00 a 10:00 h.

- Con almorzo: 15 €/quenda.

- Sen almorzo: 10 €/quenda.

(De ser preciso, pode barallarse a posiblidade de apertura ás 7:45, previa solicitude da ANPA)
 

Comedor: de 14:00 a 15:30 h.: 20 €/quenda.

 
SEDES

- CEIP CURROS ENRÍQUEZ

- CEIP JUAN FDEZ. LATORRE* (CEIP ANXO DA GARDA).

- CEIP MANUEL MURGUÍA.

- CEIP SAGRADA FAMILIA.

- CEIP SAN PEDRO DE VISMA

- CEIP SANJURJO DE CARRICARTE

* O CEIP ANXO DA GARDA, solicitou ser sede pero por proximidade e optimización de recursos, decidiuse unir como centro adscrito ao CEIP Juan Fernández Latorre. Neste caso tamén terán a mesma prefencia á hora de inscribirse que a propia sede e aumentando o máximo de participantes a 60 escolares por quenda.


​Xa temos no local os trípticos por si queredes recollelos para cubrilos,
 




EXHIBICIÓN NATACIÓN MUNICIPAL

Dende o Servizo municipal de deportes, infórmannos que a Campaña de Natación Escolar rematará na semana do 27 ao 31 de maio.
Nesa semana celebrarase unha xornada de portas abertas para que nais e pais que desexen, poidan acudir pola sua conta á piscina, no horario da actividade.

martes, 14 de mayo de 2019

lunes, 13 de mayo de 2019

EXHIBICIÓNS ACTIVIDADES FIN DE CURSO

Queridas familias entre os días 27 e 31 de maio terán lugar as EXHIBICIÓNS DE FIN DE CURSO das actividades extraescolares. Será cada unha na súa hora correspondente e no seu lugar habitual, coa excepción de teatro que se traslada ao venres 7 de xuño no seu horario habitual. O monitorado e os nenos e nenas decidirán se teñen preparada algunha actuación ou se prefiren que as familias participedes na actividade nunha xornada de portas abertas. En calquera caso desexando que asistades a desfrutar dos seus progresos durante este curso que xa rematamos. Por suposto, sexa actuación preparada ou portas abertas todos e todas poderemos asistir a calquera actividade que queiramos e comprobar así o ben que o pasan.

miércoles, 8 de mayo de 2019

PEQUERUTAS DO SANJURJO




O próximo 1 de Xuño, sábado, temos prevista unha actividade familiar para desfrutar da natureza. 

Poñemos en marcha a primeira Pequeruta do Sanjurjo para visitar Coirós e facer a ruta circular do Río dos dous nomes co obxectivo de pasar un día ao aire libre, compartir este espazo co resto das familias e aprender da natureza.

Sen dubida, é unha ruta fermosa, de auga e 9 molinos nun paisaxe case salvaxe. A ruta vai o carón do Río Vexo ou Fervenza como querades chamalo.

A ruta será guiada por persoal especializado e esta adaptarase as necesidades do grupo. Contaremos cun autobús para facer o desprazamento.

Cada neno ou nena ten que vir acompañado/a por un adulto responsable. Podedes invitar a algún familiar.

É moi importante levar roupa e calzado cómodo, así como unha muda, por si se necesita. Cada persoa levará a súa comida e auga.

Para participar tedes que rexistraros a través de este formulario, dende o luns 20 de maio as 10:00h, ata o domingo 26 de maio as 10:00h. Se cubrirá un formulario por unidade familiar de máximo 5 persoas.

Unha vez recibidas as inscricións se asignaran no caso de ser necesario as prazas por orde de inscrición e enviarase un mail de confirmación de prazas.






Animádevos a participar!!





DATOS DA PEQUERUTA
RUTA: RÍO DOS DOUS NOMES, COIRÓS, A CORUÑA
TRAXECTO: 3,5 km
IDADE: A PARTIR DOS 3 ANOS
DÍA: 1 XUÑO 2019
HORA DE SAIDA: 10.15
HORA DE CHEGADA: 17.30
PUNTO DE SAÍDA: COSTA DA DOMUS, ZONA DE AUTOBUSES
PREZO FAMILIA: SOCIAS GRATUÍTO, NON SOCIAS 8€
O pago efectuarase no horario habitual da ANPA)
Nº PRAZAS: 50


MACROENCONTROS DE PATINAXE

A Federación de Anpas celebra os próximos días 21, 22, 27 e 29 de maio un macroenconto de patinaxe como peche da actividade do programa Deporte no Centro, e no que a nosa escola participa deixamosvos neste enlace a información que nos mandan, os monitores diranvos que día participa cada grupo.







martes, 7 de mayo de 2019

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGADORES


A mediados de Maio está previsto por contrato a renovación do contrato do servizo de madrugadores e comedor, polo que consideramos necesario despois de tres anos traballando con VI&VA Delicatessen que as familias coñezan o servizo de mans da propia empresa.

Para poder valorar outras opcións, despois de estudar diferentes alternativas e visitar as súas instalacións invitaremos a empresa Jardanay a explicarnos tamén o seu servizo.

Por este motivo convocámosvos o próximo luns 13 de maio de 2019 ás 16.30h a unha reunión onde nos explicaran as dúas empresas os seus servizos e condicións.

Unha vez realizada a reunión informativa, abriremos un espazo de reflexión e convocámosvos a votar o próximo martes día 14 de maio cal é a proposta que queredes que se contrate para a anualidade 2019/2020.


Como votar ó servizo de comedor e madrugadores

Para levar a cabo as votacións podedes achegarvos o martes 14 de maio en horario de 9-9.30 e de 16-19h ao local da ANPA co voso DNI, teredes preparadas as papeletas e poderedes exercer o voso dereito a votar pola opción que mais os guste.

Para que estas votacións non sexan discriminatorias polos diferentes modelos de familias existentes, consideramos que  votarase por Unidade Familiar socia da ANPA.

Ese mesmo día 14 finalizada a votación, farase o reconto de forma pública e informarémosvos dos resultados da votación que será por maioría, no caso de empate teríamos que volver a convocalas.

A mesa de votación estará sempre formada por dúas persoas da Xunta Directiva da ANPA e alúmenos una persoa representando as familias.

Por este motivo, precisamos que algunha familia nos remitades a través dun mail (anpaesanjurjo@gmail.com) a vosa vontade de estar presente no horario de votacións (9-9.30h e de 16-19h) para comprobar e asegurar que se cumpran as condicións marcadas para o proceso e que asistades no momento do reconto ás 19h.




ENQUISA SATISFACCIÓN SERVIZOS ANPA

Mediante este sinxelo cuestionario queremos coñecer as opinións do alumnado e dos seus pais e nais sobre os servizos xestionados pola ANPA no curso escolar 2018/2019:

1. SERVIZO COMEDOR/MADRUGADORES
2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
3. XESTIÓN DA ANPA

Propoñemosvos que fagades a enquisa tendo en conta a valoración dos vosos fillos e fillas como usuarios/as directos/as dos servizos de madrugadores/comedor e actividades extraescolares.

A nosa intención e poder detectar aspectos de melloras e achegarnos as vosas expectativas.

Só vos levará 5 minutos.

Para acceder a enquisa preme aqui. Estará aberta desde hoxe 7 de maio e ata o 13 de maio ás 14h.

Grazas pola vosa colaboración

NOVA DATA CHARLAS ALIMENTACIÓNN SAUDABLE


Xa temos data para a segunda charla de alimentación saudable  impartidos por Ana Amor.



MÉRCORES 22 DE MAIO: O AZUCRE NOS ALIMENTOS
Grazas Ana polo teu tempo e por compartir con todos nos os teus coñecementos.

lunes, 6 de mayo de 2019

OBRADOIRO SEXUALIDADE PARA FAMILIAS DE PRIMARIA

O proximo mércores 29 de maio de 4 a 6 da tarde non salón de actos, temos unha charla de sexualidade para familias con nenos e nenas de entre 3º e 6º de primaria, impartido por Marisol Insua, Directora do centro de Atención ás Sexualidades e nai do noso centro. Aqui deixámosvos un resumo dos temas para tratar

1. barreiras comunicativas das nais, pais, familias con fillas e fillos 
2. parte de exposición o crecemento da sexualidade a estas idades 
3. como falar de sexualidade con vosas fillas e fillos 
4. recursos 
5. dúbidas, preguntas 

Os xogos amorosos con outros nenos ou nenas adoitan ter o obxectivo de pasalo ben e de imitar o que cren que fan as persoas maiores, non teñen un sentido erótico tal e como o entendemos os e as adultas a estas idades. 
A atracción cara a outras persoas é máis afectiva que sexual. As/os nenos e nenas non distinguen afecto de sexualidade. A sexualidade non está moi diferenciada doutro tipo de sentimentos como o pracer (tocar partes do corpo que o produzan), o benestar e a seguridade. Hai pracer e pode haber atración, pero non desexo erótico, nin fantasía. 
Con todo, nestas idades aprenden a distinguir o que é unha simple amizade do que é un noivado e empezan a crear os seus primeiros vínculos amorosos. Elixen os seus noivos ou noivas e fan listas dos seus amores nas que tamén aparecen figuras do mesmo sexo. Ás veces, estes vínculos non son só un xogo, senón froito dun “namoramento” real e profundo. 
A miúdo, cústalles entender que a relación é cousa de dúas e que non basta elixir a alguén para que xa exista unha parella. Saber que hai que ter en conta o desexo do outro ou da outra, e a superar as frustracións que unha negativa pode supoñer é unha das aprendizaxes máis difíciles e necesarios para o desenvolvemento dunha afectividad sa. 
Relaciónanse con persoas “especiais” para eles/elas, bican e acariñan a un neno ou unha nena que consideran especial. Ás veces, buscan espazos de soidade para vivir esta experiencia con intimidade; por exemplo, encérranse nunha casiña ou se poñen debaixo dunha mesa. Son comportamentos que ás veces tan só imitan e non entenden. 
Os contidos abordan cuestións de xénero, o coñecemento da anatomía e fisioloxía, a compresión da pubertade e os cambios que implica. 

Contidos:
coñecer as funcións da sexualidade: comunicación, pracer, relacións e reproducción, 
manifestacións anatómicas e fisiolóxicas do desenvolvemento prepuberal: recoñecemento dos cambios que se orixinan durante a pubertade, 
construcción dos roles masculinos e femininos: tipificación sexual e coñecemento das funcións que a sociedade asigna a cada un dos sexos producidos de forma paralela á identidade sexual, SEXO-XÉNERO,
estereotipos sexuais: condicións socioculturais na valoración do home e a muller, * atracción, orientación sexual, diversidade.
pautas para falar de sexualidade cas fillas e fillos e cales son as fontes de información que se consultan. 

Valores transversais: 
Respeto, igualdade, dignidade, libertade, responsabilidade 
Traballando: 
PRIVACIDADE, COÑECECEMENTO DO PROPIO CORPO 
NAMORAMENTO 
LIMITES, NORMAS, EMPODERAMENTO 
CURIOSIDADE VIDA ADULTA-IMPULSOS SEXUAIS
 DECÁLOGO FAMILIAS

viernes, 3 de mayo de 2019

MOSTRA DA ACTIVIDADE DE DEBUXO NA XXIII MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS DA FEDERACION DE ANPAS

Xa esta aquí outro ano mais a mostra actividades culturais organizada pola Federacion de Anpas, este ano o noso centro participa coa actividade de debuxo, podedes visitar a exposición onde se exhiben as obras dos nosos pequenos artistas do 8 ao 11 de maio no vestíbulo do Forum Metropolitano




PROGRAMA CÓXEGAS XUNIO

Como estos ultimos anos, no centro está aprobado o PROGRAMA COXEGAS, é un programa municipal para facilitar a conciliacion durante o mes de Setembro e Xuño mentres non den comezo as actividades e o remate das mesmas.

programa Cóxegas na quenda de xuño, sera do 3 a 21 do mesmo mes, as inscricions podense facer ata o 16 de MAIO: 
  • No local da ANPA no seu horario habitual de atención o publico e o xoves 16 de maio de 9 a 9:30
  • Na oficina da Federación de ANPAS na Rúa Orzán, nº21
COSTE DA ACTIVIDADE 15€ (familias con bolsa comedor gratuíto)


É preciso cubrir un ratio mínimo de 10 nenos e nenas para que a actividade salga adiante, se non se chega o mínimo 
devolverase o importe da mesma.