lunes, 6 de mayo de 2019

OBRADOIRO SEXUALIDADE PARA FAMILIAS DE PRIMARIA

O proximo mércores 29 de maio de 4 a 6 da tarde non salón de actos, temos unha charla de sexualidade para familias con nenos e nenas de entre 3º e 6º de primaria, impartido por Marisol Insua, Directora do centro de Atención ás Sexualidades e nai do noso centro. Aqui deixámosvos un resumo dos temas para tratar

1. barreiras comunicativas das nais, pais, familias con fillas e fillos 
2. parte de exposición o crecemento da sexualidade a estas idades 
3. como falar de sexualidade con vosas fillas e fillos 
4. recursos 
5. dúbidas, preguntas 

Os xogos amorosos con outros nenos ou nenas adoitan ter o obxectivo de pasalo ben e de imitar o que cren que fan as persoas maiores, non teñen un sentido erótico tal e como o entendemos os e as adultas a estas idades. 
A atracción cara a outras persoas é máis afectiva que sexual. As/os nenos e nenas non distinguen afecto de sexualidade. A sexualidade non está moi diferenciada doutro tipo de sentimentos como o pracer (tocar partes do corpo que o produzan), o benestar e a seguridade. Hai pracer e pode haber atración, pero non desexo erótico, nin fantasía. 
Con todo, nestas idades aprenden a distinguir o que é unha simple amizade do que é un noivado e empezan a crear os seus primeiros vínculos amorosos. Elixen os seus noivos ou noivas e fan listas dos seus amores nas que tamén aparecen figuras do mesmo sexo. Ás veces, estes vínculos non son só un xogo, senón froito dun “namoramento” real e profundo. 
A miúdo, cústalles entender que a relación é cousa de dúas e que non basta elixir a alguén para que xa exista unha parella. Saber que hai que ter en conta o desexo do outro ou da outra, e a superar as frustracións que unha negativa pode supoñer é unha das aprendizaxes máis difíciles e necesarios para o desenvolvemento dunha afectividad sa. 
Relaciónanse con persoas “especiais” para eles/elas, bican e acariñan a un neno ou unha nena que consideran especial. Ás veces, buscan espazos de soidade para vivir esta experiencia con intimidade; por exemplo, encérranse nunha casiña ou se poñen debaixo dunha mesa. Son comportamentos que ás veces tan só imitan e non entenden. 
Os contidos abordan cuestións de xénero, o coñecemento da anatomía e fisioloxía, a compresión da pubertade e os cambios que implica. 

Contidos:
coñecer as funcións da sexualidade: comunicación, pracer, relacións e reproducción, 
manifestacións anatómicas e fisiolóxicas do desenvolvemento prepuberal: recoñecemento dos cambios que se orixinan durante a pubertade, 
construcción dos roles masculinos e femininos: tipificación sexual e coñecemento das funcións que a sociedade asigna a cada un dos sexos producidos de forma paralela á identidade sexual, SEXO-XÉNERO,
estereotipos sexuais: condicións socioculturais na valoración do home e a muller, * atracción, orientación sexual, diversidade.
pautas para falar de sexualidade cas fillas e fillos e cales son as fontes de información que se consultan. 

Valores transversais: 
Respeto, igualdade, dignidade, libertade, responsabilidade 
Traballando: 
PRIVACIDADE, COÑECECEMENTO DO PROPIO CORPO 
NAMORAMENTO 
LIMITES, NORMAS, EMPODERAMENTO 
CURIOSIDADE VIDA ADULTA-IMPULSOS SEXUAIS
 DECÁLOGO FAMILIAS