A mediados de
Maio está previsto por contrato a renovación do contrato do servizo de
madrugadores e comedor, polo que consideramos necesario despois de tres anos
traballando con VI&VA Delicatessen que as familias coñezan o servizo de
mans da propia empresa.
Para poder
valorar outras opcións, despois de estudar diferentes alternativas e visitar as
súas instalacións invitaremos a empresa Jardanay a explicarnos tamén o seu
servizo.
Por este
motivo convocámosvos o próximo luns 13 de maio de 2019 ás 16.30h a
unha reunión onde nos explicaran as dúas empresas os seus servizos e condicións.
Unha vez
realizada a reunión informativa, abriremos un espazo de reflexión e convocámosvos
a votar o próximo martes día 14 de maio cal é a proposta que queredes
que se contrate para a anualidade 2019/2020.
Como votar ó
servizo de comedor e madrugadores
Para levar a cabo
as votacións podedes achegarvos o martes 14 de maio en horario de
9-9.30 e de 16-19h ao local da ANPA co voso DNI, teredes
preparadas as papeletas e poderedes exercer o voso dereito a votar pola opción
que mais os guste.
Para que estas
votacións non sexan discriminatorias polos diferentes modelos de familias
existentes, consideramos que votarase por Unidade Familiar socia da
ANPA.
Ese mesmo día 14
finalizada a votación, farase o reconto de forma pública e informarémosvos dos
resultados da votación que será por maioría, no caso de
empate teríamos que volver a convocalas.
A mesa de votación
estará sempre formada por dúas persoas da Xunta Directiva da ANPA e alúmenos
una persoa representando as familias.
Por este
motivo, precisamos que algunha familia nos remitades a través dun
mail (anpaesanjurjo@gmail.com) a vosa vontade de estar presente no horario de
votacións (9-9.30h e de 16-19h) para comprobar e asegurar que se cumpran as
condicións marcadas para o proceso e que asistades no momento do reconto ás
19h.