Tal e como adiantamos hai un mes, xa dispoñemos dunha proposta de actividades extraescolares para o próximo curso 2026/27. Aquí podedes consultar os dous tipos de actividades que se realizarán no noso cole e ver claramente diferenciadas en dúas cores por unha banda as actividades que oferta a Federación de ANPAS (amarelo) e as actividades propias que oferta a maiores a nosa ANPA (azul). Cada tipo de actividade terá unha preinscrición diferente.
Proposta de actividades
Actividades propias da ANPA Monte Vixía (azul)
No caso das actividades propias da nosa ANPA, aquelas que figuran destacadas en azul no cadro, precisan unha preinscrición que mantemos aberta ata o 12 de xuño. Necesitamos coñecer o interese das familias por anotar aos rapaces e rapazas nelas para o próximo curso e, para iso, simplemente pedimos que nos enviedes un correo electrónico á nosa conta: anpamontevixia@gmail.com
“Hola, son a nai/pai de XXXX, que o ano que vén cursará XXXX e estamos interesados en apuntarnos á seguinte actividade: XXXX”.
Agradecemos a vosa colaboración para poder organizar con antelación as actividades da mellor maneira posible. E non vos preocupedes! Se cambiades de opinión, poderanse facer cambios en setembro!
O prezo destas actividades é o seguinte:
- Judo – Club Shiai: 25 €/mes
- Rítmica – Club Rítmica Coruña: 30 €/mes
- Kárate – Club Hércules: 30 €/mes
- Fútbol (Infantil) – Club Orillamar: 22 €/mes
- Horta – martes de 14:00 a 17:00 h: 22 €/mes
- Minichef – Activa: 22 €/mes
- Robótica – StemRobots: 25 €/mes
Actividades da Federación Provincial de ANPAS (amarelo)
No caso das actividades ofertadas pola Federación Provincial de ANPAS, podedes ver no cadro tamén cales se ofertan, resaltadas en amarelo. Este curso, como novidade, a Federación de ANPAS da Coruña esixe, para que se poida realizar cada actividade, un mínimo de 8 nenos e nenas anotados e un máximo de 12 en Infantil e 15 en Primaria.
O prazo de inscrición neste tipo de actividades é do 1 de xullo ao 14 de setembro ás 12:00 horas. Os prezos das actividades de deporte, arte e cultura pasan a ser de 10 euros/mes, máis un seguro anual obrigatorio cun custo de 5 euros.
Para anotarse nestas actividades, consultade a seguinte páxina a partir do 1 de xullo:
https://fedapascoruna.org/





