miércoles, 25 de septiembre de 2019

AUTORIZACIÓNS DE RECOLLIDA

É necesario que remitades asinado o documento de autorización de recollida das e dos menores antes de iniciar as actividades extraescolares para poder xestionar as recollidas desde o primeiro día.

Podedes traerlo en horario de atención presencial ao local da ANPA ou deixalas no buzón.

Autorización recollida

https://drive.google.com/file/d/1H1hMa5utHsV9e3AYJgDjYXGEmS2i0tQq/view?usp=sharing





martes, 24 de septiembre de 2019

CADRO PROVISIONAL DE ACTIVIDADES


Boas tardes a todos e todas, a  federacion de ANPAS xa nos pasou os datos das inscricións ás actividades de deporte no centro e POE, detallámosvos as actividades extraescolares tanto de xestión propia como da federación que conseguiron encher o mínimo esixido e polo tanto se levarán a cabo:

ACTIVIDADES DEPENDENTES DA FEDERACIÓN DE ANPAS:
Deporte non centro:  Prepatinaxe, patín, ximnasia rítmica e baloncesto

ACTIVIDADES DE XESTIÓN PROPIA:
  • Baile e pandeireta
  • Percusión
  • Debuxo Primaria
  • Luces, Cámara, Acción Ed.Infantil
  • Luces, Cámara, Acción Primaria
  • Esgrima Ed.Infantil
  • Esgrima Primaria
  • Robótica
  • Teatro en familia
  • Judo Ed.Infantil ambos os días
  • Judo Primaria ambos os días
  • Inglés Ed.Infantil ambos os días
  • Inglés 1º/3º Primaria ambos os días

A Federación infórmanos de que o mércores 25 abrirase un novo prazo de inscrición para ambos programas: deporte no centro e lecer educativo (POE);
realizarase nesta ligazon

As actividades que quedaron pendentes de confirmar a súa aprobación por parte da federación foron :
  • Ritmo, actualmente conta con 8 inscricións
  • Fútbol, actualmente conta con 9 inscricións
  • Lecer educativo:  Feito a  mán martes (Primaria) conta con 9 inscricións
a partir de 10 inscricións fannos grupo.

Nas actividades de xestión propia, informámosvos que  Tecnotrivial ten 2 solicitudes e forma grupo a partir de 4, todas as familias interesadas nesta ou outra actividade enviádenos un  mail a anpaesanjurjo@gmail.com

Moitas grazas a todos e todas 

viernes, 20 de septiembre de 2019

ASAMBLE XERAL SETEMBRO


Xoves 26 de setembro, 16:15, no salón de actos

viernes, 13 de septiembre de 2019

Campaña de natación escolar curso 2019-2020

 
A Campaña de natación escolar 2019/2020 promovida polo Concello de A Coruña está dirixida ao alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria.
 
Levarase a cabo na piscina do Clube do Mar os mércores de 16:30 a 17:15 horas, iniciando a actividade o 2 de outubro.
 
Custo: 53,47€, esta cota inclúe o traslado en autobús desde o centro educativo e unha cobertura sanitaria.

Prazas ofertadas: 20

Inscrición e pago: asignaranse as prazas por orde de inscrición presencial no local da ANPA, onde se pagará a cota correspondente nese momento (agradecemos traiades o importe exacto), e se cubrirán as autorizacións.
 
Podedes realizar a inscrición os seguintes días:
 
Martes 17 de 16:00 a 17:00 horas
Mércores 18 de 9:00 a 11:00 horas
Xoves 19 de 16:00 a 17:00 horas
Venres 20 de 9:00 a 10:00 horas

jueves, 12 de septiembre de 2019

REUNIÓN INFORMATIVA ACTIVIDADES 2019-2020


O luns 16 de setembro ás 16:30 h no salón de actos, temos unha reunión informativa para resolver todas as vosas dúbidas sobre as actividades propostas para este curso, contaremos coa asistencia do monitorado das novas actividades e de aquelas nas que podan darse cambios significativos, esperámosvos!!

DEIXÁMOSVOS NESTE ENLACE O CADRO DE ACTIVIDADES ACTUALIZADO


viernes, 6 de septiembre de 2019

ACTIVIDADES CURSO 2019 2020


ACTIVIDADES OFERTADAS DENDE A FEDERACIÓN DE ANPAS:

Achegamos o tritico informativoncos prazos e cuotas das actividades ofertadas pola federación de anpas (enlace co tríptico informativo), podedes ver as actividades no cadro que achegamos.



Para facer todo máis operativo e sinxelo este curso realizarase a inscrición on line

INCRICIÓN: Cada familia, utilizando este formulario online  aberto ata o 20 de setembro, farase unha inscrición por alumno/a na que se inclúe, como campo obrigatorio a cubrir, a petición dos datos de domicialición bancaria. Unha vez rematado o procedemento de recepción de todas as solicitudes, informarémosvos de aquelas actividades que reuniron o número esixido de participantes para desenvolvela.

Persoas Becadas: Debido ao retraso por parte do Concello da resolución das solicitudes de bolsas de comedor, os escolares solicitantes das bolsas deberán cubrir igualmente o apartado dos datos bancarios. Non se lles pasará o recibo devengado do mes de setembro ate a confirmación da concesión ou denegación da bolsa de comedor. Se teñen concedida a axuda, deberán comunicarllo á Federación vía email a ocio@fedapascoruna.org , tendo de prazo ate o día 5 de outubro. No caso de non ser beneficiarios da bolsa, procederemos ao cobro dos recibos que lles correspondan entre os días 5 e 10 de outubro. Os escolares beneficiarios das axudas están exentos de calquera cota, incluida a do seguro de accidentes.

 Importante:
-   O cobro das actividades faráse por domiciliación bancaria e nos 10 primeiros días do período cargaráse a cota correspondente.
-   Os gastos derivados da devolución dos recibos correrán pola conta do usuario.
-    Unha vez inscrito nos programas de ocio Educativo e Deporte no Centro, a renovación da inscrición para os seguintes períodos realizaráse automáticamente. Se non desexa continuar na actividade, deberá comunícalo via e-mail a ocio@fedapascoruna.org nos 15 días anteriores á finalización do período no que está inscrito.

 NATACIÓN ESCOLAR: Este programa depende do Servizo Municipal de Deportes, tan pronto recibamos a información faremovola chegar.

ACTIVIDADES PROPIAS DA ANPA

A solicitude farase a través deste formulario aberto ata o 20 de setembro

unha vez finalizado o prazo comunicaremos as actividades que consiguen facer grupo e saen adiante.
 COBROS: igual que o ano pasado a mensualidade das actividade pagaranse directamente o monitorado.

REUNIONN INFORMATIVA ACTIVIDADES:
O luns 16 as 16:30 horas no salon de actos da escola.

RECORDÁMOSVOS QUE PARA ACCEDER AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES TENDES QUE SER SOCIAS DA ANPA PODEDES DARVOS DE ALTA NESTE ENLACE

Neste enlace podedes consultar o cadro de actividades completo e tarifas




martes, 3 de septiembre de 2019

COMUNICADO DE JARDANAY SOBRE AS BECAS COMEDOR 2019/2020


Dado o atraso na tramitación das bolsas comedor para este curso 2019/2020 e as dúbidas que nos están xurdindo a todos Jardanay, a nova empresa que dará o servizo de comedor este curso mándanos este comunicado para as familias pendentes da resolución da beca.

COMUNICADO JARDANAY BECAS COMEDOR 2019/20

ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS FASE DE APOIOS

As nosas propostas pasaron á seguinte fase, agora toca votar e conseguir apoios para poder chegar á fase final. deixámosvos aquí as ligazóns das dúas propostas. Recordade que a fase de apoios este ano so dura do 3 o 9 de setembro. VEÑA VOTADE E COMPARTIDE, A VER SE O CONSEGUIMOS!!

Novo edificio no CEIP Sanjurjo de Carricarte para uso do alumnado e do barrio






COXEGAS SETEMBRO 2019

COXEGAS
O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.Os obxectivos do programa son os seguintes:
- Afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.
- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e das nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.

PERÍODO DE REALIZACIÓN
Período1: do 11 ao 30 de setembro de 2019
Período 2: do 1 ao 19 de xuño de 2020

HORARIO
De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.

PERSOAS DESTINATARIAS
Nenos e nenas matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña,
precisando un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupo

PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así coma
actividades lúdicas de animación teatral, plástica ... baixo un enfoque integrador onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas, mediante a creación dunha aventura virtual nestas tres semanas de duración.

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
Período 1: do 2 ata o 6 de setembro
inscrición online no seguinte enlace (cubride só a parte de coxegas, para o resto de actividades da federación de ANPAS fixaremos outra data, proximamente)
FORMULARIO ALTA COXEGAS SETEMBRO 2019