martes, 3 de septiembre de 2019

COXEGAS SETEMBRO 2019

COXEGAS
O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das familias para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.Os obxectivos do programa son os seguintes:
- Afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.
- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e das nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.

PERÍODO DE REALIZACIÓN
Período1: do 11 ao 30 de setembro de 2019
Período 2: do 1 ao 19 de xuño de 2020

HORARIO
De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.

PERSOAS DESTINATARIAS
Nenos e nenas matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña,
precisando un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupo

PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así coma
actividades lúdicas de animación teatral, plástica ... baixo un enfoque integrador onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas, mediante a creación dunha aventura virtual nestas tres semanas de duración.

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
Período 1: do 2 ata o 6 de setembro
inscrición online no seguinte enlace (cubride só a parte de coxegas, para o resto de actividades da federación de ANPAS fixaremos outra data, proximamente)
FORMULARIO ALTA COXEGAS SETEMBRO 2019