ACTIVIDADES OFERTADAS DENDE A FEDERACIÓN DE ANPAS:
Achegamos o tritico informativoncos prazos e cuotas das actividades ofertadas pola federación de anpas (enlace co tríptico informativo), podedes ver as actividades no cadro que achegamos.
Para facer todo máis operativo e sinxelo este curso realizarase a inscrición on line
INCRICIÓN: Cada familia, utilizando este formulario online aberto ata o 20 de setembro, farase unha inscrición por alumno/a na que se inclúe, como campo obrigatorio a cubrir, a petición dos datos de domicialición bancaria. Unha vez rematado o procedemento de recepción de todas as solicitudes, informarémosvos de aquelas actividades que reuniron o número esixido de participantes para desenvolvela.
Persoas Becadas: Debido ao retraso por parte do Concello da resolución das solicitudes de bolsas de comedor, os escolares solicitantes das bolsas deberán cubrir igualmente o apartado dos datos bancarios. Non se lles pasará o recibo devengado do mes de setembro ate a confirmación da concesión ou denegación da bolsa de comedor. Se teñen concedida a axuda, deberán comunicarllo á Federación vía email a ocio@fedapascoruna.org , tendo de prazo ate o día 5 de outubro. No caso de non ser beneficiarios da bolsa, procederemos ao cobro dos recibos que lles correspondan entre os días 5 e 10 de outubro. Os escolares beneficiarios das axudas están exentos de calquera cota, incluida a do seguro de accidentes.
Importante:
- O cobro das actividades faráse por domiciliación bancaria e nos 10 primeiros días do período cargaráse a cota correspondente.
- Os gastos derivados da devolución dos recibos correrán pola conta do usuario.
- Unha vez inscrito nos programas de ocio Educativo e Deporte no Centro, a renovación da inscrición para os seguintes períodos realizaráse automáticamente. Se non desexa continuar na actividade, deberá comunícalo via e-mail a ocio@fedapascoruna.org nos 15 días anteriores á finalización do período no que está inscrito.
NATACIÓN ESCOLAR: Este programa depende do Servizo Municipal de Deportes, tan pronto recibamos a información faremovola chegar.
ACTIVIDADES PROPIAS DA ANPA
A solicitude farase a través deste formulario aberto ata o 20 de setembro
A solicitude farase a través deste formulario aberto ata o 20 de setembro
unha vez finalizado o prazo comunicaremos as actividades que consiguen facer grupo e saen adiante.
COBROS: igual que o ano pasado a mensualidade das actividade pagaranse directamente o monitorado.
REUNIONN INFORMATIVA ACTIVIDADES:
O luns 16 as 16:30 horas no salon de actos da escola.
RECORDÁMOSVOS QUE PARA ACCEDER AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES TENDES QUE SER SOCIAS DA ANPA PODEDES DARVOS DE ALTA NESTE ENLACE
Neste enlace podedes consultar o cadro de actividades completo e tarifas
RECORDÁMOSVOS QUE PARA ACCEDER AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES TENDES QUE SER SOCIAS DA ANPA PODEDES DARVOS DE ALTA NESTE ENLACE
Neste enlace podedes consultar o cadro de actividades completo e tarifas