viernes, 13 de septiembre de 2019

Campaña de natación escolar curso 2019-2020

 
A Campaña de natación escolar 2019/2020 promovida polo Concello de A Coruña está dirixida ao alumnado de 3° e 4° de Educación Primaria.
 
Levarase a cabo na piscina do Clube do Mar os mércores de 16:30 a 17:15 horas, iniciando a actividade o 2 de outubro.
 
Custo: 53,47€, esta cota inclúe o traslado en autobús desde o centro educativo e unha cobertura sanitaria.

Prazas ofertadas: 20

Inscrición e pago: asignaranse as prazas por orde de inscrición presencial no local da ANPA, onde se pagará a cota correspondente nese momento (agradecemos traiades o importe exacto), e se cubrirán as autorizacións.
 
Podedes realizar a inscrición os seguintes días:
 
Martes 17 de 16:00 a 17:00 horas
Mércores 18 de 9:00 a 11:00 horas
Xoves 19 de 16:00 a 17:00 horas
Venres 20 de 9:00 a 10:00 horas