viernes, 27 de noviembre de 2020

O noso mural mariño, destrozado

 Esta mañá, tres días despois do incidente comunicado aos medios, descubrimos con moita tristura que o mural de Iria Fafián "O que nos deixan as mareas", apareceu destrozado por unha pintada. 


O mural da artista catalana foi creado dentro da segunda edición do programa Ecocarricarte, organizado e desenvolvido polo conxunto da nosa comunidade educativa para promover os valores universais do respecto, a tolerancia, a igualdade de xénero, a convivencia e a diversidade, e foi inaugurado o pasado 1 de novembro. 

VANDALISMO NA CONTORNA DO NOSO COLE

 A raíz dun acontecemento sucedido o luns nos arredores do noso cole, dende a Direción do centro e dende a nosa ANPA demandamos ao Concello que mellore a iluminación e reforce a seguridade do noso cole. 

Dende a ANPA, ademais, enviamos unha nota de prensa aos medios que está acadando gran repercusión nestes días. Colgámola aquí para que todas poidades lela e compartila: 


A ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte esixe ao Concello que mellore a seguridade e iluminación no recinto escolar para evitar novos roubos e incidentes na contorna do centro

A Dirección do centro e a ANPA trasladaron en diferentes ocasións estas demandas ao Concelleiro de Educación e Memoria Histórica, sen ser atendidas ata o momento

Tanto na comunidade educativa coma entre as familias do CEIP preocupa que estes actos vandálicos continúen a súa escalada se non se aplican medidas de seguridade no centro


A Coruña, 24 de novembro de 2020

O CEIP Sanjurjo de Carricarte leva anos sufrindo roubos e diferentes actos de vandalismo sen que dende o Concello da Coruña se implementen medidas disuasorias nin de seguridade. Tanto dende a Dirección do centro como dende a ANPA se solicitou en varias ocasións ao Concello da Coruña que se invirta na seguridade do centro, sen resposta por parte da Concellaría de Educación.

O pasado luns pola tarde, persoal docente do CEIP foi sorprendido na costa que dá acceso ao centro por unha serie de persoas encapuchadas portando un bate de béisbol e unha pistola eléctrica. Despois de denunciar este feito ante a Policía e remitilo tamén ao Concello, tanto a Dirección do centro como a ANPA esixen ao Concelleiro de Educación e Memoria Histórica, Chero Celemín, que cumpran co acordado na reunión mantida o pasado mes de marzo de 2020, tralo anterior acto vandálico sufrido no centro.

Nesta reunión a ANPA remitiu ao Concelleiro un completo informe sobre o estado do CEIP Sanjurjo de Carricarte, no que se facía especial fincapé na seguridade do centro e a súa contorna. Neste informe solicitábase a mellora da iluminación do recinto, a instalación dunha alarma exterior, a reparación e substitución do valado do recinto escolar (na actualidade, con fendas que permiten o paso dunha persoa adulta), e a mellora da vixilancia na área na que se atopa o a escola.

Estas peticións, que volveron ser remitidas ao Concello da Coruña esta semana, levan sen ser atendidas por parte da Concellería de Educación e Memoria Histórica dende o pasado ano 2019. Dende a ANPA do CEIP Sanjurjo de Carricarte consideran unha imprudencia e unha irresponsabilidade non acometer estas melloras no centro, expoñendo a toda a comunidade escolar, e especialmente aos cativos e cativas que asisten ao mesmo, a situacións de perigo e inseguridade constantes.

O CEIP Sanjurjo de Carricarte xa foi obxecto de roubos e actos vandálicos nos últimos anos, tales coma o roubo de equipos informáticos do centro no 2017, os destrozos nas hortas da escola e nas xardiñeiras do 2018 e os reiterados botellóns que se veñen producindo tanto no 2019 coma no 2020, deixando na área de xogo infantil cabichas, obxectos punzantes, preservativos, ouriños e vómitos. O último acontecemento desta semana pon en evidencia a necesidade de mellorar a seguridade tanto no centro como nos seus arredores, para evitar que volvan repetirse situacións coma as descritas.

martes, 24 de noviembre de 2020

AGRADECEMENTOS POLA PARTICIPACION NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "CON LENTES VIOLETAS" 2020

Queremos agradecervos con este video a alta participación na segunda edición do concurso de fotografía "Con Lente Violeta", recibimos 49 obras  que procuran difundir unha mensaxe igualitaria, fomentando e visibilizando a igualdade  así como reflexionando sobre valores universais. 

O obxectivo desta segunda edición foi sensibilizar sobre a importancia de traballar por una sociedade mais igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes e estimular a creatividade das persoas participantes.

Hoxe conmemoramos o 25 de novembro "Día contra a violencia de xénero" e este é o noso gran,  loitamos por unha educación pública e feminista.

“Por unha escola libre de violencias machistas, enfoca coa lente violeta”.


Preme na imaxe para acceder ao video.


Aproveitamos para darlle as grazas a Borja o pai de Eire e Xandre pola edición do video, un fermoso regalo.

Está actividade forma parte do proxecto financiado Pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

OBRADOIRO DE DIVERSIDADE SEXUAL

 


O pasado 11 de novembro desfrutamos do obradoiro de diversidades sexuais para as familias a través de meet, un faladoiro ben interesante sobre a diversidade sexual e as identidades de xénero da man de AGASEX, Asoc. Galega para a saúde sexual, unha colaboración con esta entidade no marco do proxecto "Con tentes violetas" financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta.

A formadora, Lorena, achegounos un documento con diversos recursos literarios para seguir traballando en familia. Deixamos aqui o enlace: https://drive.google.com/file/d/1YlXeR2eQRyYeBpyszA_7-_ttTFEl_3nT/view?usp=sharing









RECURSOS EDUCAR E COEDUCAR




O pasado 14 de novembro  gozamos do obradoiro Educar e Coeducar, da man de Sara Vierna de Almas Meraki. Participamos 7 familias a través do meet e aprendimos sobre os estereotipos e roles de xénero que imperan na nosa socialización, profundamos na importancia que ten o traballo da intelixencia emocional que nos dota de recursos de regulación emocional para que as nosas relacións sexan igualitarias e en igualdade de oportunidades.

A formación xirou en torno a tres temas: analise de xénero, dimensión emocional e os piares da coeducación emocional.

Na primeira parte da sesión centrámonos nunha perspectiva feminista e sobre a xeración Alfa (nenos e nenas nacidos a partir do 2010)

Reflexionamos sobre como seguimos perpetuando unha feminidade e unha masculinidade normativa limitante a través dos xogos, series, debuxos, redes sociais etc.

Exploramos as consecuencias que xera un mundo simbólico patriarcal como a sexualización, o mito da beleza, o exceso de coidados e de agrado no caso das nenas.

Analizamos a represión emocional e a relación coa violencia dos nenos, as identidades de risco e o concepto "pornativos"

Na segunda parte, de xeito practico levamos a cabo varias dinámicas sobre competencias emocionais, conciencia e regulación emocional para facilitar un desenvolvemento integral de nenos e nenas, aspirando a feminidades empoderadas e masculinidades relaxadas.

Concluimos a sesión expoñendo chaves da praxi coeducativa a ter en conta e ofreceunos referentes en positivo para empregar no ámbito familiar.

A formadora,  deixounos moitos recursos asi como a presentación sobre a que traballamos, un gran xeito de xenerosidade e implicación social. Por este motivo deixamos nesta entrada os diferentes materiais.

Grazas a todas as familias que participáchedes nas diferentes actividades programas do programa "Con lentes violetas" financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Recursos e recomendacións:

-71 propuestas para educar con perspectiva de género de la fundación FUHEM-  Os hablé de este libro manual.

-O documental (con subtítulos) de "The mask you live in" sobre a masculinidade.



-Video sobre a lei do agrado. 



-Video sobre a beleza a as nenas.  Dove (1min y 30min)





-Recurso musical




Presentación completa






sábado, 21 de noviembre de 2020

OBRADOIRO ON LINE DE MENARQUIA PARA NAIS E FILLAS

Lembrade que o próximo luns 23 de novembro as 16.30h temos a oportunidade de asistir ao obradoiro de Menarquía en familia e profundizar sobre a primeira menstruación, contaremos cunha profesional especializada do Espazo Educativo Arkhé.

Animádevos a participar, podedes inscribiros este fin de semana.

Enlace inscrición Menarquía: https://forms.gle/z6zDYMcAqCK4h8ZT8





miércoles, 18 de noviembre de 2020

TRABALLOS GAÑADORES. SEGUNDA EDICIÓN. CONCURSO CON LENTES VIOLETA 2020

No día de onte e a distancia reuniuse o xurado do concurso de fotografía "Con lentes violetas"  2020 formado polo profesorado Carlos e Leticia, unha nai e un pai, Ania e Marcos, unha nena e un neno, Carlota e Lucas e unha persoa representante da ANPA, Antía, e este é o resultado das súas deliberacións unha vez analizadas as 49 fotografías recibidas:

1º Premio a: Aitana e Roi  pola obra “Vivir en igualdade” (9-6 anos)


2º Premio a: Lía  pola obra “Noticias do Futuro” (8 anos)


3º Premio a: Mayra  pola obra “ Nutrindo a mente” ( 5 anos)


Parabéns as persoas gañadoras, o próximo 25 de novembro "Día contra a violencia de xénero" entregaranse os premios.

Ese mesmo día inaugurarase a exposición no centro das 49 obras recibidas.

Moitas grazas a todas as nenas, nenos, familia e profesorado por participar nesta convocatoria e seguir traballando a igualdade de xénero e a prevención da violencia machista.




jueves, 12 de noviembre de 2020

OBRADOIROS "O Sanjurjo con lentes violetas": Inscrición aberta para Ciberseguridade e Coeducar

Continuamos dándovos a coñecer as actividades para este mes do programa "O Sanjurjo con lentes violetas", unha iniciativa creada pola ANPA e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade que ten como obxectivo promover a igualdade real entre mulleres e homes e educar na prevención e rexeitamento das violencias machistas

Hoxe abrimos a inscrición para o Obradoiro sobre Ciberseguridade, que se celebrará o vindeiro mércores 18 de novembro de 17h a 18h30. Baixo o nome "Ciberseguridade para familias: Sexting e Grooming" queremos dar a coñecer, de xeito telemático e en colaboración con ADAFAD, todos aqueles contidos que son necesarios para dar a coñecer entre as familias os posibles riscos e principais problemas asociados co uso de Internet por parte das nosas fillas e fillos, e de todas as destrezas que debemos coñecer para diminuír eses riscos.

Se queres inscribirte, podes facelo a través deste formulario: https://forms.gle/72oNTJ8PH1bhfxuB7


O seguinte obradoiro que vos presentamos hoxe "Educar é coeducar: Xénero e educación emocional". Este obradoiro impartirase, en colaboración con Almas Meraki, o vindeiro 14 de novembro, entre as 10h e as 14h e está dirixido a todas as familias, centrado na educación emocional e na igualdade de xénero. Con el queremos analizar a construción das identidades de xénero na infancia, así como coñecer as competencias emocionais. 

Se queres participar del, podes inscribirte a través deste formulario: https://forms.gle/bBk9M5aNyGxNJihD9

En ambos casos, recibiredes unha confirmación da vosa inscrición e tamén toda a información relativa á celebración do obradoiro e os protocolos para poder seguilos. 



lunes, 2 de noviembre de 2020

CONCURSO FOTOGRÁFICO CON LENTE VIOLETA. 2020

Comezamos a programación da segunda edición do programa "Sumamos lentes, ampliamos o enfoque. O Sanjurjo con lentes violeta" co concurso fotográfico "CON LENTE VIOLETA".





OBXECTO.
Difundir unha mensaxe igualitaria a través da fotografía, fomentando e visibilizando a igualdade de forma orixinal e creativa, favorecendo deste modo a reflexión sobre os valores igualitarios.

OBXECTIVO XERAL.
Sensibilizar sobre a importancia de traballar por unha sociedade máis igualitaria na que non teña cabida a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes e estimular a creatividade das persoas participantes.

PARTICIPANTES.
Poderán participar alumnado, profesorado e familias, individualmente ou en grupos pertencentes ao centro CEIP Sanjurjo de Carricarte de A Coruña.

TEMÁTICA E FORMATO.
O material fotográfico debe ser orixinal e inédito, visibilizar aspectos igualitarios da nosa sociedade, recollendo imaxes non  sexistas, corresponsables, conciliadoras, de bo trato.
Pódese participar cun máximo de dúas fotografías.
Todas as imaxes deben vir identificadas cun título.

PRAZO: do 2 ao 13 de novembro de 2020

Animádevos a participar!