domingo, 20 de noviembre de 2016

O Noso Patio · Actualización semanal

Recibimos mail informativo: 

De: sociocultural@rexenerando.com

Familias, profes, e demais seareiros de O Noso Patio:

Comprácenos inmensamente enviarvos o primeiro mail informativo desta fase do proxecto, unha fase na que, como saberedes, estamos traballando con toda a comunidade educativa para plasmar soños e necesidades para o patio do Sanjurjo de Carricarte e os seus accesos.

Dende que o equipo de mediación externo entramos no cole, o 24 de outubro, fixemos moooitas cousas: unhas máis visibles, das que moitos de vós participastes, e outras menos, coma formiguiñas que van carrexando migas de pan para que o proxecto se poida materializar. De todas estas pequenas misións, as nosas favoritas foron as que implicaron ao alumnado de 5º (que nos está axudando na mediación), e ao de 6º (que fai o seu coa comunicación externa e interna). Unha das máis recentes foi a Presentación Aberta ao Barrio do proxecto, o pasado xoves 10 de novembro, da que vos vai unha fotografía e unha nota de prensa que fixeron dúas compañeiras da clase de 6º.

Con 6º xeramos ademais “O Noso Patio TV”, unha ferramenta que nos vai permitir irvos contando cada semana en que andamos liadas e liados. E como non podía ser doutro xeito, deixámosvos xa cos protagonistas: https://www.youtube.com/watch?v=pxa_CIASTec.

Apertas cargadas de xogo,

Ánxela Blanco e Olga Romasanta
Equipo de Mediación de O Noso Patio

PD: para calquera dúbida, estamos case todas as mañás no Ideatorio (a antiga aula de música) ou neste mail.

PD2: se tedes dúbidas a respecto do orzamento que vai haber para a fase de materialización deses soños, podedes contactar con Belisario Sixto, xefe de servizo da Concellaría de Educación, e el contaravos como van proceder a partir de xaneiro. O número de teléfono é 981 18 42 00, e a extensión 12043.

Menú de novembro do comedor - Rectificación

Dende Vi&Va mandan esta rectificación do menú de novembro

jueves, 17 de noviembre de 2016

Pensando na fin de semana

Ola!

Se cadra, interésavos os talleres de robótica que celebran na Domus as próximas fins de semana. Botádelle un ollo e lembrade que hai que facer a preinscripción nun formulario electrónico, o día 18/11 de 10 a 13.
Por outra banda, este domingo día 20, seguen os Conciertos didácticos no Macuf. A actuación é as 12.30, aínda que empezan a repartir os convites as 11.30, hai que estar rápidos!

Boa fin de semana!

jueves, 10 de noviembre de 2016

Actividades nos centros cívicos

Chéganos información sobre actividades puntuais que terán lugar no mes de novembro no centro cívico de Monte Alto.




domingo, 6 de noviembre de 2016

Semana da Ciencia 2016

Dende o luns 7 de novembro ata o domingo 13 a entrada ós Museos Científicos será gratuita. 
Aquí tedes os horarios dos tres museos e tamén as actividades que teñen programadas.
Parece que imos ter unha semana propicia para ir ós museos, agora que chega o inverno...
Feliz semana!

martes, 1 de noviembre de 2016

Xornadas sobre Disciplina Positiva

Chéganos información sobre unhas xornadas de Disciplina Positiva que terán lugar na Coruña, nas instalacións da Institución Benéfico Social Padre Rubinos, os días 18 e 19 de novembro.

O programa é o seguinte:
18 de novembro 18:00 - 19:30: Charla informativa + coloquio 
Dirixida a nais, pais, educadores, docentes, orientadores, profesionales vinculados ca infancia, estudiantes de Sicoloxía, Maxisterio, etc...
A entrada é de balde e cómpre confirmar asistencia enviando un correo electrónico á dirección: educabonito@gmail.com
Acudir a esta charla non compromete a asistir á formación do día 19.

19 de novembro 10:00 - 14:00 e 16:00-19:00: Taller vivencial (Formación teórico práctica)
Dirixida a nais, pais, educadores, docentes, orientadores, profesionales vinculados ca infancia, estudiantes de Sicoloxía, Maxisterio, etc...

O custo da formación é de 60 € individual / 90 € parella (dous membros da mesma familia) e inclúe o material.


Se estades interesados, tedes máis información en www.educabonito.com e tamén no teléfono 627274797.