domingo, 20 de noviembre de 2016

O Noso Patio · Actualización semanal

Recibimos mail informativo: 

De: sociocultural@rexenerando.com

Familias, profes, e demais seareiros de O Noso Patio:

Comprácenos inmensamente enviarvos o primeiro mail informativo desta fase do proxecto, unha fase na que, como saberedes, estamos traballando con toda a comunidade educativa para plasmar soños e necesidades para o patio do Sanjurjo de Carricarte e os seus accesos.

Dende que o equipo de mediación externo entramos no cole, o 24 de outubro, fixemos moooitas cousas: unhas máis visibles, das que moitos de vós participastes, e outras menos, coma formiguiñas que van carrexando migas de pan para que o proxecto se poida materializar. De todas estas pequenas misións, as nosas favoritas foron as que implicaron ao alumnado de 5º (que nos está axudando na mediación), e ao de 6º (que fai o seu coa comunicación externa e interna). Unha das máis recentes foi a Presentación Aberta ao Barrio do proxecto, o pasado xoves 10 de novembro, da que vos vai unha fotografía e unha nota de prensa que fixeron dúas compañeiras da clase de 6º.

Con 6º xeramos ademais “O Noso Patio TV”, unha ferramenta que nos vai permitir irvos contando cada semana en que andamos liadas e liados. E como non podía ser doutro xeito, deixámosvos xa cos protagonistas: https://www.youtube.com/watch?v=pxa_CIASTec.

Apertas cargadas de xogo,

Ánxela Blanco e Olga Romasanta
Equipo de Mediación de O Noso Patio

PD: para calquera dúbida, estamos case todas as mañás no Ideatorio (a antiga aula de música) ou neste mail.

PD2: se tedes dúbidas a respecto do orzamento que vai haber para a fase de materialización deses soños, podedes contactar con Belisario Sixto, xefe de servizo da Concellaría de Educación, e el contaravos como van proceder a partir de xaneiro. O número de teléfono é 981 18 42 00, e a extensión 12043.