jueves, 30 de septiembre de 2021

XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN

 


En anteriores cursos escolares puxemos en marcha o programa “O Sanjurjo con Lentes Violetas” cun obxectivo claro e moi ambicioso, promover a igualdade real entre mulleres e homes e a prevención e rexeitamento das violencias machistas. 

No curso actual queremos apostar por un proxecto que traballa desde o ámbito da intelixencia emocional, a identificación e regulación emocional como base de coñecemento para poñernos en marcha e loitar contra a violencia de xénero, fomentando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través dos valores universais de respecto, tolerancia, diversidade, etc.

Salientar que a programación destas actividades é posible grazas ás axudas dirixida ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto do estado contra a violencia de xénero.




Obxectivos xerais do programa:

 Desenvolver accións de sensibilización e prevención sobre a violencia de xénero, traballando a prevención, a identificación e informando sobre os recursos e pautas de actuación.

      Fomentar o desenvolvemento integral de nenas e nenos para que poidan gozar dunha “boa vida”.

      Educar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de xeito real.

      Informar sobre as causas e consecuencias da violencia de xénero na nosa sociedade.

      Transmitir valores universais, respecto, tolerancia, diversidade, convivencia, etc.

   Educar as emocións para o recoñecemento, a prevención e intervención en materia de violencia de xénero.

    Fomentar relacións baseadas na empatía e o diálogo, a negociación, a cooperación e a resolución de conflitos de xeito construtivo, capacidade de iniciativa e pensamento crítico.

      Fomentar relacións equilibradas, solidarias e construtivas.

    Fomentar a construción dunha identidade libre de estereotipos promovendo a adquisición  dos recursos necesarios para fomentar relacións saudables e igualitarias.

      Fomentar a participación das familias do CEIP, implicándoas na educación non sexista.

  Mellorar a convivencia, fomentar a participación e dotar de ferramentas e responsabilidade social ao alumnado e ás familias.

      Empregar o xogo como vehículo de comunicación e aprendizaxe.


ACTIVIDADES PROGRAMADAS:


1. CONCERTO COEDUCATIVO “RAMONA ÓRBITA” DE PAKOLAS




2. OBRADOIROS PARA O ALUMNADO




3. PÍLULAS FORMATIVAS PARA FAMILIAS




As pílulas formativas para familias precisan inscrición previa, para garantir o aforo e os protocolos e medidas de seguridade necesarias. 

Para inscribiros tedes que escanear o código e directamente facer a solicitude para o obradoiro no que queredes participar. Recibiredes un mail de confirmación da praza coas indicacións necesarias para asistir. 

Ou entrar a través deste enlace: 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe60qA_v1G3n3NaJuuuZCtaednWcfdvEM7gYJanpShwdJhaBw/viewform?usp=sf_link


martes, 28 de septiembre de 2021

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE FORMAN GRUPO CURSO 2021-22


A continuación mandamos as actividades que formaron grupo e poden comezar en outubro.

 A Federación de ANPAs avísanos que arrancan tamén  as actividades que están a piques de formar grupo e teñen 8 e 9 inscripcións, pero se non conseguen chegar a 10,  en enero cancelan a actividade.

No noso caso, só afecta a ximnasia rítmica de 1º a 3º con 9 inscripcións.

 Lembrámosvos:

 - Cómo se realizan as inscripcións agora que o formulario está pechado:

- O calendario das actividades

INFANTIL: 

Prepatinaxe 

Teatro 

 1º-3º PRIMARIA 

Ximnasia Rítmica (9 inscripcións) 

Baloncesto 

 4º-6º PRIMARIA 

Comediantes

English Lab 

Por outra banda, añadimos abaixo as actividades que teñen 7 inscripcións por se alguén se anima e poden arrincar máis tarde.

 ATLETISMO 1º- 3º primaria

 PATINAXE 1º-3º primaria

 PATINAXE 4º-6ºprimaria

domingo, 26 de septiembre de 2021

A NOSA ANPA ESTREA NÚMERO DE TELEFONO

Querémosvos informar do novo número de teléfono da ANPA  co fin de abrir outra canle de comunicación, procurar unha maior participación e gañar fluidez na organización.

A idea principal é o uso do whatsapp como ferramenta de comunicación; como primeira acción queríamos facer un grupo de difusión con todas as familias que o soliciten e utilizalo para informarvos das novas, pedir colaboracións puntuais etc.

 Para iso precisamos que gardedes como contacto no voso móbil o noso número e nos mandedes unha mensaxe conforme queredes formar parte do novo grupo de difusión.

O noso número é o seguinte: 604 04 99 84

Esperámosvos no whatsapp, aínda que, como xa sabedes, para calquera dúbida tamén tedes o noso mail:anpaesanjurjo@gmail.com e o blog :https://bloganpaes.blogspot.com/

INSCRIPCIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CON FORMULARIO PECHADO

O formulario de inscrición nas actividades extraescolares da Federación de ANPAS pechou, polo que xa non é posible realizar altas a través da plataforma.

 As familias que queiran facer novas inscricións nas actividades extraescolares deberán seguir as seguintes instrucións:

A solicitude farase a través do seguinte correo electrónico:  

inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou chamando a calquera dos seguintes números: 649 055 939 e 698 158 503 en horario de 10 a 14h e de 15 a 18 h

Para resolver calquera dúbida sabedes que podedes escribir a anpaesanjurjo@gmail.com ou contactar a través de whatsapp no número: 604 049 984

Lembrade que está previsto que as actividades que acaden grupos de 10 inscritos comecen o venres 1 de outubro.

Informámosvos de como van as inscricións a día de hoxe, para que saibades as actividades que xa forman grupo, as que están a piques de conseguir as inscricións mínimas e as que con certeza non poderán desenvolverse.

INSCRICIÓNS INFATIL

INSCRICIÓNS 1º-3º PRIMARIA


INSCRICIÓNS 4º-6º PRIMARIA






martes, 21 de septiembre de 2021

Recollida de bandexas do menú escolar de Jardanay na Casa

Tal e coma fixemos o ano pasado, este curso tamén se recollerán as bandexas plásticas usadas dos menús da modalidade Jardanay na Casa, en colaboración coa asociación A.S.E.R (Axuda a Superar as Enfermidades Raras).

Deste xeito, cada xoves ao recoller os menús, atoparedes un contendor da Asociación onde podedes depositar as bandexas de toda a semana, a ser posible, sen anacos de comida. 

Queremos lembrar, ademais, que asociación A.S.E.R recolle tamén tapóns plásticos, botellas de produtos de limpeza e plástico reciclable noutros formatos. 

Lembrámosvos os puntos de recollida de tapóns que podedes atopar na contorna da nosa escola: 

  • Perruquería Volvoreta, Avenida de Hércules 105
  • Ferretaría Hércules, Avenida de Hércules 83
  • Mercería  La Ilusión, Avenida de Hércules 75
  • Garaxe Mar de Plata, Mercado de Monte Alto
  • Telecopy, Vereda do Polvorín, 7
  • Estanco 34, Rúa Santo Tomás 74
  • Super Market, Avenida de Navarra 7


lunes, 13 de septiembre de 2021

ABERTA AS INSCRIPCIÓNS PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2021-22

Informarvos que a Federación de ANPAs  abriu as inscripcións para as actividades extraescolares correspondentes a este  curso 2021-22.

As inscripcións faránse a través deste enlace: http://app.fedap
ascoruna.org/inscripcioncurso/2021

Toda a información sobre o calendario das actividades extraescolares no noso CEIP está disponible aquí

martes, 7 de septiembre de 2021

AVISOS IMPORTANTES COMEDOR 2021-22

Queremos avisar as familias de cousas importantes en relación ao servicio de comedor deste curso 2021-22: 

 1. O reparto de comida dos nenos e nenas que estéan inscritos ao servicio de Jardanay na Casa se fará ao finalizar as aulas, sáindo directamenete co resto da aula no horario fixado para o seu curso

 2. As familias que teñan concedida a beca comedor deberán disfrutar do comedor de manera presencial, non poderán acceder o servicio de Jardanay na casa, segundo directrices do Concello que acabamos de coñecer. A empresa, Jardanay, poñerase en contacto coas familias afectadas.

3. Recordamos que se poderá elixir entre dous horarios para a saída de comedor presencial: 

                -  Primeira saída: 15:15

                -  Segunda saída: 15:45

4. Entrada servizo madrugadores: Desde as 07:30 ata as 08:45 timbrando no portalón principal, acompañase ao alumnado polo patio de infantil ata a porta de acceso ao comedor

jueves, 2 de septiembre de 2021

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2021-22

Deixamos a continuación o calendario de actividades extraescolares para o curso 2021-22, ademáis das descripcións de cada actividade e o modo de inscripción, avisaremos cando a Federación abra o prazo, de momento, está aberta a inscripción no programa COXEGAS, do que tamén se añade toda a información necesaria. 

Para calquera dúbida sabedes que podedes escribirnos a o noso mail: anpaesanjurjo@gmail.com

CALENDARIO INFANTIL


CALENDARIO 1º-3º PRIMARIA



CALENDARIO 4º-6º PRIMARIA 







DEPORTE NO CENTRO


Programa que favorece o desenvolvemento integral do alumnado a través da práctica da actividade física e deportiva.

A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de tódalas persoas do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que se sentan a gusto na actividade. Unha metodoloxía que desenvolva aspectos como a creatividade, a experimentación múltiple, a resolución de conflitos e o crecemento persoal.


COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:

• Período outubro-decembro: 15E por participante e escola deportiva.

• Período xaneiro-marzo: 15E por participante e escola deportiva.

• Período abril-maio: 10E por participante e escola deportiva.


Actividades ofertadas: Xogos tradicionais

Prepatinaxe

Patinaxe

Ximnasia Rítmica



ARTE E CULTURA NO CENTRO: OBRADOIROS E PROXECTOS


OBRADOIROS

Son actividades multidisciplinares que abranguen diferentes áreas de contados artísticos e culturais baixo unha estrutura de obradoiros. Trátase de espertar o interese e desenvolver diferentes habilidades segundo o contido de cada un deles, empregando o xogo como ferramenta educativa e de socialización.


COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:

• Período octubre-decembro: 15 por participante e Obradoiro.

• Período xaneiro-marzo: 15 por participante e Obradoiro.

• Período abril-maio: 10 por participante e Obradoiro.


As cotas dos obradoiros de “Mans que falan” e “Acenos” serán as seguintes:

• Período octubre-decembro: 7,5 por participante e Obradoiro.

• Período xaneiro-marzo: 7,5 por participante e Obradoiro.

• Período abril-maio: 5 por participante e Obradoiro.


(*) Os obradoiros de “MANS QUE FALAN” e “ACENOS” teñen unha duración de 1 hora

semanal dada a natureza da actividade.


OBRADOIROS EDUCACIÓN INFANTIL:


OBRADOIROS 1º A 3º EDUCACIÓN PRIMARIA:

OBRADOIROS 4º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:

PROXECTOS

É unha actividade na que partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de “traballo por proxectos”, desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que as verdadeiros protagonistas serán os menos e nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativo) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo.


COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 nos seguintes períodos:

• Período octubre-decembro: 18 por participante e Proxecto.

• Período xaneiro-marzo: 18 por participante e Proxecto.

• Período abril-maio: 12 por participante e Proxecto.


As cotas inclúe saídas culturais a espazos ou entidades da cidade ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.


ACTIVIDADE: ENGLISH LAB

Proposta específica para lingua inglesa no programa Idiomas non Centro, centrada na adquisición de comprensión e fluidez da comunicación oral na devandita lingua.


COTAS A ABOAR NON CURSO 21-22

• Período outubro-decembro: 45

• Período xaneiro-marzo: 45

• Período abril-maio: 30




INSCRICIÓN E PRAZO 

 

A inscrición farase en liña a través da ligazón posta a disposición para este programa. http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

Do 1 ao 19 de setembro de 2021.

As escolares inscritas aboarán unha única cota de 4 en concepto de seguro de accidentes,que lles dará cobertura en todos os prográmas xestionados pola Federación de Anpas para ou curso 21/22.

Estarán exentos de calquera cota (agás a do seguro de accidentes) as persoas que xustifiquen ser beneficiarias da beca comedor para o curso 21/22.


PROGRAMAS COMPLEMENTARIOS DE OCIO E CONCILIACIÓN


CÓXEGAS: programa compementario de ocio e conciliación

O programa Cóxegas é unha proposta que da resposta á demanda de conciliaciónfamiliar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

PERÍODO DE REALIZACIÓN

• Período 1: do 9 ao 30 de setembro // • Período 2: Do 1 ao 22 de xuño MENTARIOS

HORARIO: de luns a venres, das 16:00 ás 18:00 h.

PREZO / CUSTO: 15 por cada período.

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN

Inscrición on- line na seguinte ligazón www.fedapascoruna.org/inscripciones

• Período 1: A partires do 1 de setembro de 2021.

• Período 2: Do 3 ao 9 de maio de 2022.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4 E en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación deAnpas para ou curso 21/22.


Grazas familias por coidar da nosa horta!

 Queremos agradecer a todas as familias implicadas na horta da nosa escola o coidado que fixeron dela durante todo o verán. E é que as vacacións de verán sempre son un risco para os espazos verdes do CEIP que quedan ao cargo exclusivamente das familias, pero nós temos a sorte de ter xente moi implicada que se organizou para manter todos os espazos verdes e a horta da nosa escola.

O proxecto da horta segue vivo grazas a máis de dez familias que colaboraron, achegándose por quendas durante dous días á semana, e facendo labores de regado da horta e das xardineiras, da limpeza de malas herbas e o coidado das verduras e hortalizas.

Deixamos algunhas fotos para que podades apreciar o gran traballo que se fixo durante os meses de xullo e agosto:







Esperemos que esto sirva para que o proxecto da horta continúe vivo e sirva como recurso educativo a todas as aulas do CEIP, as familias colaboradoras e todas aquelas novas que se queiran unir, só teñen que enviarnos un mail a: anpaesanjurjo@gmail.com