Tal e coma fixemos o ano pasado, este curso tamén se recollerán as bandexas plásticas usadas dos menús da modalidade Jardanay na Casa, en colaboración coa asociación A.S.E.R (Axuda a Superar as Enfermidades Raras).
Deste xeito, cada xoves ao recoller os menús, atoparedes un contendor da Asociación onde podedes depositar as bandexas de toda a semana, a ser posible, sen anacos de comida.
Queremos lembrar, ademais, que a asociación A.S.E.R recolle tamén tapóns plásticos, botellas de produtos de limpeza e plástico reciclable noutros formatos.
Lembrámosvos os puntos de recollida de tapóns que podedes atopar na contorna da nosa escola:
- Perruquería Volvoreta, Avenida de Hércules 105
- Ferretaría Hércules, Avenida de Hércules 83
- Mercería La Ilusión, Avenida de Hércules 75
- Garaxe Mar de Plata, Mercado de Monte Alto
- Telecopy, Vereda do Polvorín, 7
- Estanco 34, Rúa Santo Tomás 74
- Super Market, Avenida de Navarra 7