domingo, 26 de septiembre de 2021

A NOSA ANPA ESTREA NÚMERO DE TELEFONO

Querémosvos informar do novo número de teléfono da ANPA  co fin de abrir outra canle de comunicación, procurar unha maior participación e gañar fluidez na organización.

A idea principal é o uso do whatsapp como ferramenta de comunicación; como primeira acción queríamos facer un grupo de difusión con todas as familias que o soliciten e utilizalo para informarvos das novas, pedir colaboracións puntuais etc.

 Para iso precisamos que gardedes como contacto no voso móbil o noso número e nos mandedes unha mensaxe conforme queredes formar parte do novo grupo de difusión.

O noso número é o seguinte: 604 04 99 84

Esperámosvos no whatsapp, aínda que, como xa sabedes, para calquera dúbida tamén tedes o noso mail:anpaesanjurjo@gmail.com e o blog :https://bloganpaes.blogspot.com/