domingo, 26 de septiembre de 2021

INSCRIPCIÓNS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CON FORMULARIO PECHADO

O formulario de inscrición nas actividades extraescolares da Federación de ANPAS pechou, polo que xa non é posible realizar altas a través da plataforma.

 As familias que queiran facer novas inscricións nas actividades extraescolares deberán seguir as seguintes instrucións:

A solicitude farase a través do seguinte correo electrónico:  

inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou chamando a calquera dos seguintes números: 649 055 939 e 698 158 503 en horario de 10 a 14h e de 15 a 18 h

Para resolver calquera dúbida sabedes que podedes escribir a anpaesanjurjo@gmail.com ou contactar a través de whatsapp no número: 604 049 984

Lembrade que está previsto que as actividades que acaden grupos de 10 inscritos comecen o venres 1 de outubro.

Informámosvos de como van as inscricións a día de hoxe, para que saibades as actividades que xa forman grupo, as que están a piques de conseguir as inscricións mínimas e as que con certeza non poderán desenvolverse.

INSCRICIÓNS INFATIL

INSCRICIÓNS 1º-3º PRIMARIA


INSCRICIÓNS 4º-6º PRIMARIA