jueves, 17 de junio de 2021

Persoas do C.I.S. de A Coruña y del C.P de Teixeiro crean agasallos para o alumnado do noso CEIP

Chega o fin de curso e a falta de festas de fin de curso pola pandemia, un grupo de persoas do Centro de Inserción Social de A Coruña e do Centro Penitenciario de Teixeiro en colaboración coa Fundación Erguete quixeron facerlles un detalle aos nenos e nenas do noso colexo e crearon 223 regalos para repartir o último día de curso.

Levan meses traballando nos módulos 9, de enfermidade mental e no de mulleres en el CP Teixeiro creando figuriñas de xeso e pintándoas a man para cada un dos nenos e nenas. Dende o Centro de Inserción Social ocupáronse do empaquetando creando as bolsas para cada figura e uns pequenos arcoíris de madeira, como símbolo deste ano, co que lles desexan un feliz verán.



Maña venres farase a entrega dos agasallos ao noso CEIP para que os/as mestres/as os podan repartir. Aos paquetes acompáñalles un video onde o alumnado poderá visualizar como foi todo o proceso de producción no que os participantes len unha carta transmitíndolles a ilusión que lles supuxo o encargo.  Aquí podedes pinchar para ver o vídeo.

Esta actividade sirvelles como pretexto para iniciar unha colaboración máis longa no tempo, na que algunhas persoas destes centros que participan en talleres ocupacionais de carpintería crearán algúns xoguetes de madeira para ter máis alternativas coas que xogar no patio. Nesta colaboración tamén participou a empresa Finsa que donou case unha tonelada de madeira para que este proxecto poda facerse realidade.

Irémosvos informándo dos avances da iniciativa.

lunes, 14 de junio de 2021

BANCO DE LIBROS "ENTRE FAMILIAS" PARA O CURSO 2021-2022




 INFORMACIÓN XERAL DO BANCO DE LIBROS PARA O CURSO 2021-2022


O banco de libros "Entre familias" é un fondo voluntario e complementario, podendo solicitalo as persoas que non reciben libros do fondo solidario da Xunta de Galicia. 

Este fondo da Xunta ainda ten prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de xuño, animámosvos a consultar as bases e solicitala na secretaria do cole, xa que o reparto faise ata esgotar existencias.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210520/AnuncioG0598-070521-0001_gl.html

O noso banco de libros "Entre familias" realízase de 3º a 6º de primaria (xa que son os cursos onde xa non se escribe nos libros). NON ENTRAN OS LIBROS DE EXERCICIOS (por. ex. en inglés sempre hai un libro de texto e outro de exercicios só entra o de texto).

Para o curso 2021-2022, debido o cambio de libros nos cursos de 3º e 5º de Educación Primaria este ano, o banco precisa das novas doacións destes libros para poder ofrecelos.

FUNCIONAMENTO DO BANCO DE LIBROS

O profesorado recolle ata o venres 18 de xuño, na aula, todos os libros do banco, tanto os que teñen que devolverse coma as novas doacións, lembrade entregalos en bo estado de conservación, sen subliñar e sen nome. 

Se por calquera motivo non podedes entregalos ou queredes doalos mais adiante. Escribídenos un mail a anpaesanjurjo@gmail.com e acordaremos a entrega da doazón.

As familias que  queran solicitar libros do banco para o curso 2021-2022 poden facer xa petición neste formulario online ata o 5 de xullo ás 14h.


Enviaremos un mail confirmando o lote asignado de libros no mes de xullo. O reparto será previsiblemente a principios de setembro.

Mandarémosvos un mail confirmando a data e forma de entrega.

CRITERIOS DE ENTREGA

No caso de rexistrarse máis solicitudes* do número de exemplares dos que se dispón empregaremos os seguintes criterios:

· Terán prioridade no reparto aquelas familias que doasen libros ao banco


· Rigorosa orde de recepción dos cuestionarios on line


*Desde este fondo non é posible garantir que se poidan recibir o mesmo número de libros que se doan.


NORMAS DE USO DO BANCO DE LIBROS


Os libros de texto correspondentes ao proxecto do Banco de Libros “Entre familias” é unha iniciativa voluntaria. As familias reciben os libros como préstamo e devólvenos ao final de curso. Cada libro conta cunha pegatina e un selo da ANPA para identificalos.

Para o USO CORRECTO dos libros deben terse en conta as seguintes NORMAS:

· Débense FORRAR OS LIBROS para preservar a súa conservación.
· O nome d@ alumn@ porase enriba do forro, cun folio e celo por riba. PROHÍBESE O USO DE ETIQUETAS, dado que son imposibles de quitar de un ano para outro.  Nunca se escribirá o nome dentro do libro.
· Os libros non se poden escribir nin subliñar, nin facer ningún tipo de debuxo ou  escrito neles(importante concienciar @s nen@s).

Considérase mal uso ou deterioración do libro de texto:

1. Realizar exercicios nas propostas de actividades, os exercicios fanse nas libretas.
2. Escribir palabras e mensaxes en calquera formato.
3. Facer debuxos ou pór adhesivos.
4. Dobrar as follas para marcar os temas.
5. Ensuciar as páxinas con calquera produto. Evitar merendar ou comer diante dos libros.
6. Romper, engurrar ou mollar calquera folla do libro.

En caso de deterioro moi grave ou perda dalgún libro, este deberá ser reposto pola familia.

En caso contrario, a negativa suporá renunciar a participar no proxecto de banco de libros para o curso seguinte.

viernes, 11 de junio de 2021

Listaxe de admitidas e de agarda para os Campacoles 2021

 


Vén de publicarse na web da Federación de ANPAs a relación de admitidas e en agarda para os Campacoles deste verán. Tedes toda a información na web da Federación

 http://fedapascoruna.org/2021/06/10/campacoles-2021-listaxes/