Levan meses traballando nos módulos 9, de enfermidade mental e no de mulleres en el CP Teixeiro creando figuriñas de xeso e pintándoas a man para cada un dos nenos e nenas. Dende o Centro de Inserción Social ocupáronse do empaquetando creando as bolsas para cada figura e uns pequenos arcoíris de madeira, como símbolo deste ano, co que lles desexan un feliz verán.
Maña venres farase a entrega dos agasallos ao noso CEIP para que os/as mestres/as os podan repartir. Aos paquetes acompáñalles un video onde o alumnado poderá visualizar como foi todo o proceso de producción no que os participantes len unha carta transmitíndolles a ilusión que lles supuxo o encargo. Aquí podedes pinchar para ver o vídeo.
Esta actividade sirvelles como pretexto para iniciar unha colaboración máis longa no tempo, na que algunhas persoas destes centros que participan en talleres ocupacionais de carpintería crearán algúns xoguetes de madeira para ter máis alternativas coas que xogar no patio. Nesta colaboración tamén participou a empresa Finsa que donou case unha tonelada de madeira para que este proxecto poda facerse realidade.
Irémosvos informándo dos avances da iniciativa.