Amosando publicacións coa etiqueta colaboracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboracións. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de setembro de 2021

Recollida de bandexas do menú escolar de Jardanay na Casa

Tal e coma fixemos o ano pasado, este curso tamén se recollerán as bandexas plásticas usadas dos menús da modalidade Jardanay na Casa, en colaboración coa asociación A.S.E.R (Axuda a Superar as Enfermidades Raras).

Deste xeito, cada xoves ao recoller os menús, atoparedes un contendor da Asociación onde podedes depositar as bandexas de toda a semana, a ser posible, sen anacos de comida. 

Queremos lembrar, ademais, que a asociación A.S.E.R recolle tamén tapóns plásticos, botellas de produtos de limpeza e plástico reciclable noutros formatos. 

Lembrámosvos os puntos de recollida de tapóns que podedes atopar na contorna da nosa escola: 

  • Perruquería Volvoreta, Avenida de Hércules 105
  • Ferretaría Hércules, Avenida de Hércules 83
  • Mercería  La Ilusión, Avenida de Hércules 75
  • Garaxe Mar de Plata, Mercado de Monte Alto
  • Telecopy, Vereda do Polvorín, 7
  • Estanco 34, Rúa Santo Tomás 74
  • Super Market, Avenida de Navarra 7


xoves, 17 de xuño de 2021

Persoas do C.I.S. de A Coruña y del C.P de Teixeiro crean agasallos para o alumnado do noso CEIP

Chega o fin de curso e a falta de festas de fin de curso pola pandemia, un grupo de persoas do Centro de Inserción Social de A Coruña e do Centro Penitenciario de Teixeiro en colaboración coa Fundación Erguete quixeron facerlles un detalle aos nenos e nenas do noso colexo e crearon 223 regalos para repartir o último día de curso.

Levan meses traballando nos módulos 9, de enfermidade mental e no de mulleres en el CP Teixeiro creando figuriñas de xeso e pintándoas a man para cada un dos nenos e nenas. Dende o Centro de Inserción Social ocupáronse do empaquetando creando as bolsas para cada figura e uns pequenos arcoíris de madeira, como símbolo deste ano, co que lles desexan un feliz verán.



Maña venres farase a entrega dos agasallos ao noso CEIP para que os/as mestres/as os podan repartir. Aos paquetes acompáñalles un video onde o alumnado poderá visualizar como foi todo o proceso de producción no que os participantes len unha carta transmitíndolles a ilusión que lles supuxo o encargo.  Aquí podedes pinchar para ver o vídeo.

Esta actividade sirvelles como pretexto para iniciar unha colaboración máis longa no tempo, na que algunhas persoas destes centros que participan en talleres ocupacionais de carpintería crearán algúns xoguetes de madeira para ter máis alternativas coas que xogar no patio. Nesta colaboración tamén participou a empresa Finsa que donou case unha tonelada de madeira para que este proxecto poda facerse realidade.

Irémosvos informándo dos avances da iniciativa.