jueves, 1 de diciembre de 2022

Unha fermosa festa de outono en igualdade





Por fin voltamos as familias a disfrutar do espazo do centro. Este pasado mércores 30 de novembro tivo lugar a Festa de fin do proxecto de Igualdade vinculado a "O Noso Patio". Un proxecto desenvolto a través dunhas axudas da Xunta e o Goberno Central (SI449B Axudas dirixidas ás asociaciones de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero), que desenvolveu a Cooperativa Miudiño durante máis dun mes no centro, con varias sesión co alumnado e con familias e profesorado, que buscou alternativas para termos un patio máis igualitario, un espazo dinámico e máis igualitario.

A festa comezou cun obradoiro impartido pola Cooperativa, no que a rapazada puido practicar, sen cancelas, a arte da bricolaxe e a carpintería, facendo formas con patacas, paus, puntas...


De contado, e xa con castañas quentiñas do castañeiro, tortas e biscoitos traídas pola familia... resoaron as gaitas dos amig@s de Son D'Aquí, que fixeron as delicias das crianzas. 

Paralelamente, Leticia, do colectivo Sistema Lupo, deu para familia e profesorado, unha pequena charla de posibles intervencións arquitectónicas en centros de ensino. Un bo xeito de comprobar que outros patios son posibles, son reais.


Ademais, a horta estivo activa e vari@s cativ@s estiveron fouzando na terra, que está preparada para unha nova plantación invernal.




Menú de decembro

 Este é o menú que trae Jardanay este mes de decembro.