martes, 16 de julio de 2019

FESTA FIN DE CURSO 18/19


O pasado 21 de Xuño celebramos o fin do curso 18/19 e démoslle a benvida o verán, nesta ocasión organizamos una chea de actividades para as familias, tivemos animación musical, bailes, xogos e coreografías, festa da escuma, e una caravana de xogos populares na que todos e todas participamos e desfrutamos.
Para repoñer forzas preparamos entre todas as familias una merenda saudable con froita, biscoitos, empanadas, iogures, snacks e doces.
As persoas que formamos a Xunta Directiva da ANPA recollimos as 7 herbas de San Xoán no entorno do noso centro para que cada familia puidera levarse de agasallo un ramallete co que desexarlles que teñan o mellor verán.

Grazas a todas as familias da ANPA por este ano, quédanos a alegría de ter construído, compartido, desfrutado dun lugar mellor para as nosas fillas e fillos.

Cargade as pilas que para o ano maís.


"Sementade nos nenos e nenas ideas boas,aínda que non as entendan; os anos encargaranse de descifralas no seu entendemento e de facelas florecer no seu corazón" (Maria Montessori)


"A primeira tarefa da educación é axitar a vida e deixala ceibe para que se desenvolva"(Maria Montessori)


"Todas as cousas son imposibles, mentres as parecen" (Concepción Arenal)


"Cuán bela e caprichosa é a alegría!" (Rosalía de Castro)