domingo, 3 de septiembre de 2017

Menú setembro

Menú de setembro do comedor

Calendario lectivo 2017-2018




Preparados, listos...XA!

Estamos xa preparados pra voltar? Xa non queda nadiña... Esperamos que tiverades un bo verán, que estedes descansados e con folgos pra afrontar un novo curso.
Benvidas todas as novas familias, estamos a vosa disposición para calquer dúbida que vos poda xurdir. Podedes deixar algún comentario aquí, ou escribirnos ó correo electrónico: bloganpaes@gmail.com.
As familias dos nenos de 3 anos teñen unha reunión coa titora o día 6 ás 11.00, os demáis vémonos o día 11, ás 9 de mañá. Unha aperta moi grande!!!

martes, 11 de julio de 2017

Libros de texto

NOTA INFORMATIVA

A partires do martes 11 de xullo poderánse recoller os vales de "axuda de libros", na SECRETARÍA, de 11 a 14 horas.
Asimesmo estará exposta a listaxe definitiva de fondo de libros.
Os libros de sexto serán asignados en setembro pola titoría.

viernes, 26 de mayo de 2017

Cóxegas

As actividades extraescolares rematan este mes, pero para o mes de xuño temos Cóxegas!

https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapYWRzb245SUNTU0E


Campacole

Lembrade que o luns e o martes  son as datas de inscripción do campacole!

https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapQXFsaUlFWTBXZjg

(se pinchades na imaxe podedes descargar o pdf)

Xornadas de comprensión lectora

Dende a Biblioteca Municipal Ágora informan da realización das Xornadas de Compresión Lectora que celebraran o vindeiro 9 de xuño, coincidindo coa presentación do novo centro de interese "LEOBEN": unha colección de documentos localizada na sala infantil da Biblioteca Municipal Ágora que recolle documentos relacionados coa comprensión lectora e coas dificultades máis comúns detectadas na aprendizaxe da lectura. Está indicado para nenos e nenas con dificultades á hora de ler, para as familias e para aquelas organizacións, asociacións e entidades relacionadas con este tema. O centro de interese procura dar visibilidade e aportar normalidade ante problemas de comprensión lectora, tanto motivados por diversos factores e emocionais e madurativos como os intrínsecos á persoa. A biblioteca traballa en colaboración coas persoas, famlias, entidades e centros educativos da contorna, pois resultan fundamentais para detectar as necesidades e propoñer melloras.
Temos o programa provisional das Xornadas, nas que podemos inscribirnos dende o 29 de maio.

jueves, 27 de abril de 2017

Campamentos de verán

Xa estamos, casi, casi, as portas do verán. Chegounos información sobre os Campamentos Noroeste e pensamos que pode ser interesante. Ofertan un campamento para nenos a partir de 6 anos e outro campamento familiar. Botádelle un ollo, teñen actividades moi interesantes!
E a vos ¿gústavos este tipo de turismo rural?

Pensando xa no "largo e cálido" verán, se sabedes de campamentos ou actividades que faciliten un pouco a conciliación laboral e familiar e que sexan interesantes para os nosos nenos, podedes recomendalas por aquí! Esperamos os vosos comentarios!

jueves, 30 de marzo de 2017

Novas!

Onte publicouse na páxina do concello a nova sobre o inicio da reforma do patio do cole. Aquí tedes o enlace. En Coruña online tamén o contan, e ademáis, teñen o plano de cómo quedará o cole.


Qué vos parece?

lunes, 6 de marzo de 2017

Folga 9 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha folga para o xoves día 9 de marzo en todos os niveis educativos co fin de reclamar a derrogación da LOMCE

Festivo local

Por se alguén anda despistado, o próximo mércores 8 de marzo é festivo local. Seguro que é un bo día para visitar calquera dos museos científicos da cidade, que terán entrada libre. 


lunes, 20 de febrero de 2017

Escolarizando

O día 1 de marzo comeza o periodo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2017-2018. Teremos ata o día 20 para pensar cal é o centro que preferimos para escolarizar ós nosos fillos, e facer ben as contas dos puntos que teremos para acceder a un centro ou a outro.
Na web educativa do Concello temos toda a información necesaria sobre este proceso: os mapas das zonas de influencia de cada centro, a documentación a presentar, a valoración de cada un dos criterios do baremo (irmáns no centro, renda, discapacidade...)
Moitos dos centros da cidade abren estos días as portas para que as familias poidan coñecelos mellor: as instalacións, o funcionamento do centro, parte do equipo docente... É un bo momento para botar un ollo ós coles que nos interesan e decidirnos por un.
O noso cole celebrará a xornada de portas abertas o día 23 as 17.00.
¡Que teñades sorte!

viernes, 10 de febrero de 2017

Taller de máscaras

O sábado 18 de febrero comenzará as 17:00 un taller de máscaras que acabara as 19:00 no cole. Será feito por Ignacio Pérez, poden vir nenos de calquer centro.
É necesario anotarse no ANPA. O prezo dependerá do número de asistentes.

lunes, 6 de febrero de 2017

Escola de familias

Chéganos esta información desde Attendere sobres uns talleres que realizan mensualmente de febreiro a xuño. O primeiro taller, sobre a Fisioterapia respiratoria, terá lugar o sábado 18 de febreiro. Tedes todolos detalles neste enlace

jueves, 2 de febrero de 2017

Elefante Elegante

Como moitos sabedes, a compañía Elefante Elegante son quen nos amosa todos os venres no cole a maxia do teatro.
Os próximos días 17 e 18 de febreiro estrearán no Teatro Rosalía de Castro o espectáculo Tropical.
Podedes mercar as entradas en ticketea, na praza de Ourense, no propio teatro e por teléfono.

Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que se mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros.
Do norte ao sur nun cruceiro e do sur ao norte nunha chalana. Cinco grupos de viaxeiros con destinos entrelazados nun navío de nome TROPICAL.
Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están producindo non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.
Un espectáculo cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza.
TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.
Unha mañá partimos, a mente inflamada,
O corazón desbordante de rancor e de amargos desexos,
E marchamos, seguindo o ritmo da onda
Arrolando o noso infinito sobre o confín dos mares.


Info: https://www.coruna.es/portal/gl/axenda/proximos-eventos/detalle-axenda/tropical/suceso/1453611911383?argIdioma=gl

jueves, 26 de enero de 2017

Amianto nos centros educativos

Achegamos a carta de CONFAPA-GALICIA enviada á Consellería de Eduación solicitando a retirada, con todas as medidas de seguridade, das cubertas de amianto que quedan en moitos dos nosos Centros Educativos. Este escrito foi dirixido tamén ás Consellerías de Sanidade, Industria, Infraestructuras e a Valedora do Pobo. 

https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapRVl6MHBac1k4c0U


viernes, 20 de enero de 2017

Saímos nos períodicos!

Esta semana saímos moito nos medios.
Como casi todos saberedes, o outro día entraron a roubar no centro, e así o recolleron en El Ideal Gallego. A verdad, é tristemente frecuente que se entre á forza no cole, a ver se con esto de saír na prensa, aos ladróns lles entra o medo... aínda que sexa escénico!

Por outra banda, o alcalde recibiu onte a varios membros da nosa comunidade educativa, que achegaron a maqueta definitiva do proxecto O noso patio. Neste enlace tedes a nova na web do concello, pero tamén o contan en La Opinión de A Coruña e teñen unha chea de fotos do evento que podedes ver neste enlace.
O concello tamén colgou no sea facebook varias fotos


jueves, 5 de enero de 2017

Taller de curtametraxes

Feliz ano a todos!!!
Chéganos información do taller gratuito de curtametraxes en galego que oferta o Concello da Coruña, o prazo de inscrición remata o día 10 de xaneiro.