jueves, 2 de febrero de 2017

Elefante Elegante

Como moitos sabedes, a compañía Elefante Elegante son quen nos amosa todos os venres no cole a maxia do teatro.
Os próximos días 17 e 18 de febreiro estrearán no Teatro Rosalía de Castro o espectáculo Tropical.
Podedes mercar as entradas en ticketea, na praza de Ourense, no propio teatro e por teléfono.

Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que se mergulla no universo da viaxe e na súa riqueza de matices e dimensións. Turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros.
Do norte ao sur nun cruceiro e do sur ao norte nunha chalana. Cinco grupos de viaxeiros con destinos entrelazados nun navío de nome TROPICAL.
Desde a ironía e o absurdo, TROPICAL reflicte situacións que se están producindo non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade.
Un espectáculo cunha linguaxe visual asentada na imaxe, no movemento, na música e na danza.
TROPICAL é a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.
Unha mañá partimos, a mente inflamada,
O corazón desbordante de rancor e de amargos desexos,
E marchamos, seguindo o ritmo da onda
Arrolando o noso infinito sobre o confín dos mares.


Info: https://www.coruna.es/portal/gl/axenda/proximos-eventos/detalle-axenda/tropical/suceso/1453611911383?argIdioma=gl