Amosando publicacións coa etiqueta verán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta verán. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xuño de 2022

ESCRITO O CONCELLO DAS CATRO ANPAS DOS CEIPS DE MONTEALTO POLA XESTIÓN DOS CAMPACOLES

Onte as catro ANPAS dos CEIP de Monte Alto (Victor Lopez Seoane, Curros Enriquez, Zalaeta e Torre de Hércules) rexistramos no Concello un escrito en protesta pola xestión e a insuficiencia de prazas nos campacoles para o barrio. Reclamamos conxuntamente un servizo real para as familias traballadoras:




venres, 21 de maio de 2021

Campacoles verán 2021

 

Ábrese a convocatoria da edición 2021 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

O noso cole é este ano centro sede do Campacoles 2021, que conta con 2.250 para toda a cidade. 


PERSOAS DESTINATARIAS

Nenas e nenos matriculadas nalgún curso de Educación Infantil ou Primaria nos centros de ensino público da Coruña. 


QUENDAS

1ª Quenda: do 28 de xuño ao 02 de xullo

2ª Quenda: do 5 ao 9 de xullo

3ª Quenda: do 19 ao 23 de xullo

4ª Quenda: do 26 ao 30 de xullo

 

HORARIOS

Horario xeral: De luns a venres de 10h a 14h, con posibilidade de ampliación de horario no último día de cada quenda ata as 17h. 

Madrugadores: de 8h30 a 10h

Comedor: de 14h a 15h30, con posibilidade de saír ás 15h


INSCRICIÓN

As prazas asignaranse por orde de inscrición, tendo prioridade as alumnas e alumnos matriculadas nos centros sede, seguidas das matriculadas nos centros adscritos ao centro sede. 

Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio a través da web www.fedapascoruna.org/inscripciones 

Publicación de preadmitidas/os: 10 de xuño nas páxinas coruna.gal/campamentos2021 e www.fedapascoruna.org 

Inscrición: do 11 ao 15 de xuño

Lista de agarda: do 16 ao 21 de xuño


COTAS DE INSCRICIÓN

15€ para horario xeral

10€ para madrugadores sen almorzo

16€ para madrugadores con almorzo

22€ para comedor

As menores beneficiarias da bolsa comedor no curso 2020/21 estarán exentas da cota xeral (15€)


Toda a información dos CAMPACOLES está dispoñible neste documento descargable, nas páxinas web www.fedapascoruna.org e coruna.gal/campamentos2021, e nos teléfonos 981202002, 649055939, 698158503

domingo, 3 de setembro de 2017

Preparados, listos...XA!

Estamos xa preparados pra voltar? Xa non queda nadiña... Esperamos que tiverades un bo verán, que estedes descansados e con folgos pra afrontar un novo curso.
Benvidas todas as novas familias, estamos a vosa disposición para calquer dúbida que vos poda xurdir. Podedes deixar algún comentario aquí, ou escribirnos ó correo electrónico: bloganpaes@gmail.com.
As familias dos nenos de 3 anos teñen unha reunión coa titora o día 6 ás 11.00, os demáis vémonos o día 11, ás 9 de mañá. Unha aperta moi grande!!!

venres, 26 de maio de 2017

Campacole

Lembrade que o luns e o martes  son as datas de inscripción do campacole!

https://drive.google.com/open?id=0B3IWkZnrWXapQXFsaUlFWTBXZjg

(se pinchades na imaxe podedes descargar o pdf)

xoves, 27 de abril de 2017

Campamentos de verán

Xa estamos, casi, casi, as portas do verán. Chegounos información sobre os Campamentos Noroeste e pensamos que pode ser interesante. Ofertan un campamento para nenos a partir de 6 anos e outro campamento familiar. Botádelle un ollo, teñen actividades moi interesantes!
E a vos ¿gústavos este tipo de turismo rural?

Pensando xa no "largo e cálido" verán, se sabedes de campamentos ou actividades que faciliten un pouco a conciliación laboral e familiar e que sexan interesantes para os nosos nenos, podedes recomendalas por aquí! Esperamos os vosos comentarios!