Amosando publicacións coa etiqueta campacoles. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta campacoles. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2023

CAMPACOLES 2023

                                         

Ábrese a convocatoria da edición 2023 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

martes, 14 de xuño de 2022

ESCRITO O CONCELLO DAS CATRO ANPAS DOS CEIPS DE MONTEALTO POLA XESTIÓN DOS CAMPACOLES

Onte as catro ANPAS dos CEIP de Monte Alto (Victor Lopez Seoane, Curros Enriquez, Zalaeta e Torre de Hércules) rexistramos no Concello un escrito en protesta pola xestión e a insuficiencia de prazas nos campacoles para o barrio. Reclamamos conxuntamente un servizo real para as familias traballadoras:




xoves, 19 de maio de 2022

Campacoles verán 2022

 Bo día


Enviamos a información do programa Campacoles verán 2022 recibida por parte da Federación de ANPAs:

A temática xirará en torno a natureza e os catro elementos: terra, auga, lume e aire. “A nai natureza alértanos dos perigos que está a sufrir pola acción do home e poñerlle freo é cousa de todos.

Por iso, este verán nos Campacoles tomaremos conciencia do coidado, protección e conservación do planeta, así como dos seres vivos que forman parte dela.

A nosa misión consistirá en axudar á Fada da Natureza para salvar o Planeta Terra, e para iso primeiro debemos coñecer, valorar e respectar a natureza e os elementos que a forman.

Formaremos brigadas de exploradores que descubrirán e coñecerán as características e a importancia e que teñen os 4 elementos da natureza na vida do home que a manteñen viva: A TERRA, O AIRE, A AUGA E O LUME.”


As actividades que se programan abranguen diferentes áreas de contidos, polo que terán un carácter multidisciplinar, permitindo así realizar actividades moi variadas, dende propostas de animación á lectura, xogos de enxeño, actividade motriz, musicais, teatrais, etc.


ESTRUCTURA:

Adiantámosvos as principais características deste programa estival de recreación, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns 27 de xuño ata o venres 29 de xullo, distribuído en 5 quendas semanais de campamentos con temáticas diferentes. O último día de cada quenda todos os participantes farán unha saída no entorno da cidade ou mancomunidade, cunha ampliación do horario ata as 15:30h.


QUENDAS                                                                 

Quenda 1: Do 27 de xuño ao 1 de xullo.

Quenda 2: Do 4 ao 8 de xullo.

Quenda 3: Do 11 ao 15 de xullo.

Quenda 4: do 18 ao 22 de xullo.

Quenda 5: do 26 ao 29 de xullo.


SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Madrugadores: de 8:30 a 10:00h.

Comedor: de 14:00 a 15:30h. (con posibilidade de saída ás 15:00h. salvo o día da saída que será ás 15.30h).

Contemplarase a media mañá unha parada entre as 11:00 e 11:20 h., aproximadamente, para tomar unha pequena merenda que os escolares poderán levar da casa.


CENTROS SEDE

CEIP Alborada

CEIP Anxo da Garda

CEIP Curros Enríquez

CEIP Juan Fernández Latorre

CEIP María Barbeito

CEIP San Pedro de Visma

CEIP Wenceslao Fernández Flórez


PRAZAS

45 prazas por sede (tres grupos).

A ratio mínima para levar a cabo o campacole será de 15 escolares por sede, e de 10 escolares para os servizos de madrugadores e comedor.


DESTINATARIOS

Escolares que estiveran matriculados nun CEIP do Concello da Coruña no curso 21/22.


ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, tendo preferencia dentro dese criterio xeral:

1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede no que solicitan a/s quenda/s.

2º. O segundo e demais días de inscrición, os usuarios de calquera das actividades extraescolares da Federación Provincial no curso 21/22, con independencia do CEIP no que estean matriculados. A continuación o resto de solicitantes da actividade.


COTAS POR PARTICIPANTE E QUENDA:

CAMPACOLE: 20€.(*)

MADRUGADORES SEN ALMORZO: 10€.

MADRUGADORES CON ALMORZO: 17€.

COMEDOR: 25€.

SEGURO DE ACCIDENTES 4€ (**)

*Estarán exentos da cota de campacole (de 10:00 a 14:00h.) os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 21/22.


**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).


PRAZOS

Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Listaxe de admitidos: 1 de xuño de 2022. (Publicarase na web municipal, no 010 e na web www.fedapascoruna.org )

Inscrición e abono: 8, 9 e 10 de xuño de 2022.

Xestión da listaxe de agarda: do 16 ao 21 de xuño de 2022

venres, 21 de maio de 2021

Campacoles verán 2021

 

Ábrese a convocatoria da edición 2021 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

O noso cole é este ano centro sede do Campacoles 2021, que conta con 2.250 para toda a cidade. 


PERSOAS DESTINATARIAS

Nenas e nenos matriculadas nalgún curso de Educación Infantil ou Primaria nos centros de ensino público da Coruña. 


QUENDAS

1ª Quenda: do 28 de xuño ao 02 de xullo

2ª Quenda: do 5 ao 9 de xullo

3ª Quenda: do 19 ao 23 de xullo

4ª Quenda: do 26 ao 30 de xullo

 

HORARIOS

Horario xeral: De luns a venres de 10h a 14h, con posibilidade de ampliación de horario no último día de cada quenda ata as 17h. 

Madrugadores: de 8h30 a 10h

Comedor: de 14h a 15h30, con posibilidade de saír ás 15h


INSCRICIÓN

As prazas asignaranse por orde de inscrición, tendo prioridade as alumnas e alumnos matriculadas nos centros sede, seguidas das matriculadas nos centros adscritos ao centro sede. 

Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio a través da web www.fedapascoruna.org/inscripciones 

Publicación de preadmitidas/os: 10 de xuño nas páxinas coruna.gal/campamentos2021 e www.fedapascoruna.org 

Inscrición: do 11 ao 15 de xuño

Lista de agarda: do 16 ao 21 de xuño


COTAS DE INSCRICIÓN

15€ para horario xeral

10€ para madrugadores sen almorzo

16€ para madrugadores con almorzo

22€ para comedor

As menores beneficiarias da bolsa comedor no curso 2020/21 estarán exentas da cota xeral (15€)


Toda a información dos CAMPACOLES está dispoñible neste documento descargable, nas páxinas web www.fedapascoruna.org e coruna.gal/campamentos2021, e nos teléfonos 981202002, 649055939, 698158503