viernes, 19 de mayo de 2023

CAMPACOLES 2023

                                         

Ábrese a convocatoria da edición 2023 dos CAMPACOLES, organizados pola Federación Provincial de ANPAS e a Concellería de Educación. Este verán terán como temática os xogos olímpicos, empregando o deporte para educar no esforzo, o xogo limpo, o respecto e a saúde.

O noso cole é este ano centro sede do Campacoles 2023, que conta con 1.800 para toda a cidade. Reservaranse ata 600 prazas (75 por sede) para os escolares matriculados no centro sede no actual curso 22/23.

 

PERSOAS DESTINATARIAS

Nenas e nenos matriculadas nalgún curso de Educación Infantil ou Primaria nos centros de ensino público da Coruña. 

 

QUENDAS

1ª Quenda: do 26 de Xuño ao 30 de Xuño.

2ª Quenda: do 3 ao 7 de Xullo.

3ª Quenda: do 10 ao 14 de Xullo.

4ª Quenda: do 17 ao 21 de Xullo.

5ª Quenda: do 24 ao 28 de Xullo.

 

HORARIOS (Os días festivos non haberá campamento)

Horario xeral: De luns a venres de 10h a 14h.

Madrugadores: de luns a venres de 8h30 a 10h.

Comedor: de 14h a 15h30, con posibilidade de saír dende ás 15h.

 

INSCRICIÓN

Poderase solicitar ata 5 quendas por orde de preferencia, adxudicándose un máximo de 2 quendas con carácter ordinario. En caso de vacantes, poderanse adxudicar as quendas restantes solicitadas se houbese prazas vacantes e sempre por orde de preferencia.

A Adxudicación realizarase en función das dúas primeiras letras do apelido que houbesen resultado elixidas no sorteo. A partir de aí ordenaranse aos solicitantes alfabéticamente: apelido 1 - apelido 2 - nome.

Preinscrición: 22, 23 e 24 de Maio a través da web www.fedapascoruna.org/inscripciones 

Reclamacións: 30 e 31 de Maio.

Sorteo de prazas: 1 de Xuño.

Publicación de listaxes de admitidas/os: 6 de Xuño (Publicarase na web municipal , no 010 e na web www.fedapascoruna.org).

Inscrición e abono: 7, 8 e 9 de Xuño

Lista de agarda: A partir do 13 de Xuño.

 

COTAS DE INSCRICIÓN

20€ para horario xeral

10€ para madrugadores sen almorzo

18€ para madrugadores con almorzo

28€ para comedor

As menores beneficiarias da bolsa comedor no curso 2020/21 estarán exentas da cota xeral (20€)

 

Toda a información dos CAMPACOLES está dispoñible neste documento descargable, nas páxinas web www.fedapascoruna.org e coruna.gal/campamentos2023