O pasado 14 de novembro gozamos do obradoiro Educar e Coeducar, da man de Sara Vierna de Almas Meraki. Participamos 7 familias a través do meet e aprendimos sobre os estereotipos e roles de xénero que imperan na nosa socialización, profundamos na importancia que ten o traballo da intelixencia emocional que nos dota de recursos de regulación emocional para que as nosas relacións sexan igualitarias e en igualdade de oportunidades.
A formación xirou en torno a tres temas: analise de xénero, dimensión emocional e os piares da coeducación emocional.
Na primeira parte da sesión centrámonos nunha perspectiva feminista e sobre a xeración Alfa (nenos e nenas nacidos a partir do 2010)
Reflexionamos sobre como seguimos perpetuando unha feminidade e unha masculinidade normativa limitante a través dos xogos, series, debuxos, redes sociais etc.
Exploramos as consecuencias que xera un mundo simbólico patriarcal como a sexualización, o mito da beleza, o exceso de coidados e de agrado no caso das nenas.
Analizamos a represión emocional e a relación coa violencia dos nenos, as identidades de risco e o concepto "pornativos"
Na segunda parte, de xeito practico levamos a cabo varias dinámicas sobre competencias emocionais, conciencia e regulación emocional para facilitar un desenvolvemento integral de nenos e nenas, aspirando a feminidades empoderadas e masculinidades relaxadas.
Concluimos a sesión expoñendo chaves da praxi coeducativa a ter en conta e ofreceunos referentes en positivo para empregar no ámbito familiar.
A formadora, deixounos moitos recursos asi como a presentación sobre a que traballamos, un gran xeito de xenerosidade e implicación social. Por este motivo deixamos nesta entrada os diferentes materiais.
Grazas a todas as familias que participáchedes nas diferentes actividades programas do programa "Con lentes violetas" financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Recursos e recomendacións: