Chega por fin ese momento do ano no que temos a oportunidade de ver con orgullo aos nosos pequenos e pequenas nas exhibicións das actividades extraescolares que desenvolveron ao longo do curso. Non só as familias desfrutan destas xornadas tan especiais, senón que os nenos e nenas, ilusionados e orgullosos do aprendido, darán o mellor de si diante de pais, nais, avós, familiares e amizades. É unha ocasión perfecta para compartir e celebrar toda a aprendizaxe e os bos momentos vividos durante o ano.
Calendario das exhibicións e actividades
- Fútbol: Mércores 20 de maio (4º, 5º e 6º) e luns 25 de maio (1º, 2º e 3º) ás 16:00 horas no pabillón.
- Xadrez: Martes 9 de xuño, nas aulas, ás 16:00 horas.
- Manitas: Mércoles 10 de xuño, nas aulas, ás 16:00 horas.
- Patinaxe: Xoves 11 de xuño ás 16:00 horas no pabillón. Os nenos e nenas deberán asistir con camiseta branca e pantalón negro.
Agardamos contar coa vosa asistencia para desfrutar xuntos destas xornadas e pechar o curso celebrando todo o aprendido durante o curso.

