miércoles, 7 de abril de 2021

Que ben se ven as zonas verdes da escola!



Grazas a un convenio coa Fundación Paideia  o Taller Trébore Xardinería, unha empresa de economía social, estivo traballando os primeiros días de semana santa en renovar todas as zonas verdes do colexio.

Son moitas as cousas  que fixeron,  e é que ademais de renovar toda a terra e preparala para poder conseguir as mellores condicións para as plantas, adecentaron todas as xardiñeiras da zona da entrada e de infantil, onde podemos ver metrosideros nos ocos que antes estaban baleiros, e trepadoras que tentarán tapar e embelecer o peche do noso centro a medida que vaian medrando.

E non nos podemos esquecer da horta, a estrela deste proxecto onde se instalou o rego automático e se fixo un traballo importante para a renovación da terra. Unha das parcelas se reservou para plantas aromáticas: ourego, romero, albahaca... e outra queda a punto para que o alumnado, pais, nais e profesorado nos enfundemos o traxe e nos poñamos a cultivar.

Espero que esto sexa unha boa nova para todos/as nós e nos motive para participar en manter todo isto e que o proxecto da horta non pare de medrar.



QUEREDES COLABORAR?


De momento, imos precisar colaboración no rego de todas as zonas, e intentar turnarnos para que non queden moito tempo sen auga. Así que aproiveitamos para informarvos, para quen non o saiba,  que existe dun grupo de whatsapp de nais e pais interesados/as en coidar a horta que está desexando ter novas incorporacións que axuden a que este proxecto se manteña e medre, así que todas as persoas interesadas podedes enviarnos un mail a anpaesanjurjo@gmail.com

Animádevos!, esto é un brote de esperanza dentro deste ano tan difícil.